Wikipedia en noruegués

edición da Wikipedia en lingua norueguesa

A Wikipedia en noruegués é a versión da enciclopedia libre Wikipedia en lingua norueguesa. Conta con dúas edicións: unha para o noruegués bokmål e outra para o nynorsk. A primeira páxina comezou o 26 de novembro de 2001, e orixinalmente acollía artigos escritos en calquera das dúas versións da lingua. A Wikipedia específica en nynorsk comezou o 31 de xullo de 2004 e dende entón medrou rapidamente. Despois dunha votación en 2005, a páxina norueguesa principal pasou a ser a escrita en bokmål/riksmal.[1]

Wikipedia en noruegués
Logo da Wikipedia en noruegués bokmål.
Logo da Wikipedia en noruegués nynorsk.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasNoruegués
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento26 de novembro de 2001
Na rede
https://no.wikipedia.org/, http://no.wikipedia.com e https://nn.wikipedia.org/

A versión da enciclopedia en bokmål contén 626.316 artigos e 607.803 usuarios, dos cales 1.137 son activos.[2]

A versión da enciclopedia en nynorsk contén 169.298 artigos e 135.314 usuarios, dos cales 137 son activos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Bokmål
Nynorsk