Ibtesam Badhrees

física saudita

Ibtesam Saeed Badhrees, nada en Jeddah (Arabia Saudita), é unha investigadora experimental de física de partículas en King Abdulaziz City for Science and Technology (KACST) e unha Distinguished Fellow do New Westminster College.[1]

Modelo:BiografíaIbtesam Badhrees
Nome orixinal(ar) ابتسام باضريس Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Jeddah, Arabia Saudita Editar o valor en Wikidata
ResidenciaRiad Editar o valor en Wikidata
EducaciónKing Abdulaziz University (en) Traducir
Universidade Fairleigh Dickinson (pt) Traducir
Universidade de Berna Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Fairleigh Dickinson (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Foi a primeira e na actualidade única muller saudita do CERN.[2] Ademais é a única muller saudita cun doutoramento que traballa no Centro Nacional de Matemáticas e Física no King Abdulaziz City for Science and Technology. As súas áreas de investigación son física de partículas, astrofísica, física médica e física nuclear. Badhrees tamén traballa como profesora adxunta na Universidade de Carleton en Ottawa, Canadá.[3]

Traxectoria

editar

Ibtesam Badhrees naceu en Yeda, Arabia Saudita. graduouse en física na Universidade do Rei Abdulaziz en 1990 e obtivo unha mestría en física aplicada/láser na Universidade Fairleigh Dickinson en 1997. Completou o seu doutoramento en física de partículas na Universidade de Berna en 2011. Tamén obtivo un doutoramento en relacións internacionais da Escola de Diplomacia e Relacións Internacionais de Xenebra. Recibiu o premio á excelencia académica Misión Cultural Saudita en 1996, 1997, 2007 e foi nomeada "Física do Mes" en agosto de 2014 pola American Physical Society.[4]

  1. "Dr.Ibtesam Badhrees New Westminster College". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2014. Consultado o 01 de abril de 2020. 
  2. "CERN opens its doors to its first collaborators from Saudi Arabia" 47 (2). 
  3. "Carleton University Physics Department". Carleton University ,Ottawa, Canadá. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2019. Consultado o 01 de abril de 2020. 
  4. "Woman Physicist of the Month - 2014: August". Americal Physical Society (APS). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2014. Consultado o 20 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar