IES Lamas de Castelo

instituto de educación secundaria en Carnota

Coordenadas: 42°49′59″N 9°04′59″O / 42.8329699, -9.083046

O IES Lamas de Castelo é un centro de ESO situado no concello de Carnota.

IES Lamas de Castelo
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

Características editar

O centro abriuse no curso 1998-99, e inaugurouno o entón presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga Iribarne.

A este centro, onde se imparten clases de ESO, acoden aproximadamente 65 alumnos procedentes do CEIP do Pindo e mais do CEIP de Carnota. O número de alumnos do IES Lamas de Castelo vese reducido, entre outros motivos como a baixa da poboación infantil, debido á proximidade doutros centros de ensinanza secundaria veciños: Muros e Cee.

Proxectos editar

O IES Lamas de Castelo está inmerso nun proxecto de tecnoloxías da información e comunicación). Dispón de conexións á Internet en tódalas aulas, ademais de estar dotado dunha aula de informática e varios equipos portátiles, o que permite aos alumnos traballar co ordenador en cada materia.