IES Breamo

instituto de ensino secundario en Breamo, Pontedeume

Coordenadas: 43°24′23″N 8°10′07″O / 43.4064763, -8.1685683


O IES Breamo é un centro público de ensino secundario situado en Breamo (Pontedeume). Nel impártese a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato. A este centro de ensino acoden aproximadamente 300 alumnas e alumnos, procedentes na súa maioría do centro educativo CEIP Couceiro Freijomil.

IES Breamo
Enderezo
Breamo, Pontedeume
Datas
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato
Xestión
Tipopúblico
TitularidadeXunta de Galicia
Na rede
Web

Instalacións editar

O centro conta con biblioteca, salón de actos, ximnasio e pavillón, aulas de música, educación plástica e audiovisual, tecnoloxía, idiomas, estudio de radio e cafetaría.

Proxectos e actividades editar

Ondas do Eume é un dos proxectos organizados polo centro. Consiste na investigación e tratamento da información, sobre diferentes temáticas, por parte do alumnado. Un estudo e un programa de radio son parte deste proxecto, que ten como obxectivo principal dinamizar a lingua galega.[1]

Co obxectivo de fomentar a lectura, dende o curso 2015- 2016 organízase cada ano o Club de lectura do Breamo. Este engloba actividades como asembleas nas que se conversa sobre o contido de cada libro ou talleres de manualidades sobre diferentes historias.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.