Zifio caldeirón austral

unha das dúas especies de cetáceos do xénero Hyperoodon da familia dos zifíidos
(Redirección desde «Hyperoodon planifrons»)

O zifio calderón austral,[2] Hyperoodon planifrons, é unha das dúas especies de cetáceos odontocetos do xénero Hyperoodon da familia dos zifíidos.

Zifio caldeirón austral
Hyperoodon planifrons

Tamaño comparado co dun humano
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Subfamilia: Hyperoodontinae
Xénero: Hyperoodon
Especie: H. planiifrons
Nome binomial
Hyperoodon planifrons
Flower, 1882 [1]
Distribución do zifio caldeirón austral
Distribución do zifio caldeirón austral

Distribución do zifio caldeirón austral
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Hyperoodon (Frasercetus) planifrons Flower, 1882
  • Hyperoodon burmeisterei Moreno, 1895
  • Hyperoodon planifronts Lahille, 1905
  • Hyperoodon rostratum Liouville, 1913
  • Hyperoodon rostratus Lillie, 1915

A especie foi definida en 1882 por William Henry Flower como Hyperoodon (Frasercetus) planifrons. O nome científico válido na actualidade é Hyperoodon planifrons Flower, 1882.

Flower fixo a descrición baseándose nun cranio desgastado pola auga que encontrou na illa Lewis, no arquipélago Dampier, situada n a entrada da baía Davis, na Antártida.[3]

O zifio caldeirón austral observouse en moi poucas ocasións, e rara vez foi obxecto de caza, sendo probabelmente o zifio máis abundante nas augas antárticas. Os avistamentos zifios en augas tropicais e subtropicais pertencen na maioría a outra especie distinta, o Indopacetus pacificus.[4]

Descrición editar

Bastante corpulento, mide 7,5 m de lonxitude cando é adulto. O seu fociño é alongado, formando un bico, de cor negra nos machos e gris nas femias. A aleta dorsal é relativamente pequena (de 30 a 38 cm) e está situada detrás do centro do lombo, e ten forma curvada (falciforme). A coloración do dorso é gris intenso, que as inferiores se fai máis clara.[5]

Distribución editar

O zifio caldeirón austral ten unha distribución circumpolar no océano Antártico. Encóntrase en todo o hemisferio sur, desde tan ao sur como as costas antárticas, e tan ao norte como até os 30 ºS, chegado ás costas de Suráfrica, Nova Zelandia, Australia e Suramérica, e do centro de Chile, no Pacífico, e do sur do Brasil, no Atlántico.[6]

Poboación editar

É o zifio máis avistado nas augas antárticas, sendo claramente abundan nelas. Kasamatsu e Joyce estimaron a presenza de 599 300 cetáceos ao sur da converxencia antártica en xaneiro, os máis deles cales foron considerados como zifios caldeirón austrais.[7] Esta estimación da abundancia probabelmente está subestimada, porque os métodos utilizados nas observacións non teñen xeralmente en conta o feito de que estes animais se mergullan durante longos períodos, e son discretos cando emerxen á superficie.[8]

Non hai información sobre as tendencias da evolución da poboación global desta especie; porén, debido aos datos anteriormente citados, a UICN cualificou en 2008 a situación da especie como "LC" (pouco preocupante).[9]

Alimentación editar

O zifio caldeirón austral aliméntase principalmente de krill, luras e outros cefalópodos, pequenos peixes, gambas e outros crustáceos.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Hyperoodon planifrons Flower, 1882 en WoRMS
  2. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 313.
  3. Gowans, Shannon (2002): "Bottlenose Whales" en Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  4. Carwardine, M. (1995): Whales, Dolphins and Porpoises. ISBN 0-7513-2781-6
  5. Reeves et al. (2002): National Audubon Society Guide to Marine Mammals of the World. ISBN 0-375-41141-0.
  6. 6,0 6,1 Carwardine, M. (1995), p. 111.
  7. Kasamatsu, F. e Joyce, G. G. (1995): "Current status of odontocetes in the Antarctic". Antarctic Science 7: 365-379.
  8. Barlow, J. (1999): "Trackline detection probability for long-diving whales". En: G. W. Garner, S. C. Amstrup, J. L. Laake, B. J. F. Manley, L. L. McDonald e D. G. Robertson (eds.) Marine mammal survey and assessment methods, pp. 209-221. Balkema Press.
  9. Taylor, B. L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S. M., Ford, J., Mead, J.mG., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R. L. Hyperoodon planifrons en Lista vermella de especies ameazadas da UICN.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.