Zifio caldeirón

(Redirección desde «Hyperoodon ampullatus»)

O zifio caldeirón, Hyperoodon ampullatus,[2] ou tamén cifio caldeirón,[3] é unha das dúas especies de cetáceos odontocetos do xénero Hyperoodon da familia dos zifíidos.

Zifio caldeirón
Hyperoodon ampullatus

Esqueleto no Museo de historia natural de Pisa.

Tamaño comparado co dun humano
Tamaño comparado co dun humano

Estado de conservación
CC
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Subfamilia: Hyperoodontinae
Xénero: Hyperoodon
Especie: H. ampullatus
Nome binomial
Hyperoodon ampullatus
(Forster, 1770)
Distribución do zifio caldeirón
Distribución do zifio caldeirón

Distribución do zifio caldeirón
Sinonimia
  • Hyperoodon ampullatus (Forster, 1770)[1]
  • Hyperoodon butskopf (Bonnaterre, 1789)
  • Hyperoodon latifrons Gray, 1846
  • Hyperoodon rostratus (Müller, 1776)
  • Balaena rostrata Forster, 1770
  • Balaena rostrata Müller, 1776

A especie foi definida en 1770 por Johann Reinhold Forster como Balaena rostrata e, posteriormente, en 1804 refefinida e reclasificada no xénero Hyperoodon por Lacépède, que a denominou Hyperoodon butskopf; pero, debido á regra da antigüidade, dada a primacía da súa descrición por Forster, o nome científico válido na actualidade é Hyperoodon ampullatus (Forster, 1770).[4]

Careacterísticas e bioloxía editar

Os machos alcanzan un tamaño de até 9 m de lonxitude, e un peso dunhas 10 t. As femias son menores (de 7 a 8,5 m de lonxitude).

A xestación dura 12 meses. A súa lonxevidade é de 37 anos por termo medio.

Comportamento editar

É capaz de mergullarse entre 14 e 70 min sen respirar. As súas inmersións son profundas, pero probabelmente non percorre longas distancias durante ese tempo.[5]

Ambos os sexos teñen dous pequenos dentes na mandíbula.[5][6]

Distribución editar

Encóntrase en augas do océano Atlántico Norte e o océano Ártico, entre Islandia, o suroeste de Svalbard e as costas do norte de Europa, chegando até Nova Escocia (Canadá), e como límite sur as illas Azores. Nas súas migracións nadancara ao norte durante a primavera e cara ao sur no outono.[7]

Notas editar

  1. Hyperoodon ampullatus (Forster, 1770) en SIIT (en inglés)
  2. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 313.
  3. Guía dos mamíferos de Galicia, Juan Ignacio Díaz d'a Silva, Yosy Cartelle Serantes, Baía Edicións, 2007.
  4. Hyperoodon en Mammal Species of the World.
  5. 5,0 5,1 Hiperoodon planifrons en ADW. (en inglés)
  6. Hyperoodon ampullatus Arquivado 18 de agosto de 2013 en Wayback Machine. en MarineBio.org.
  7. "BBC NEWS | UK | England | London | Whale spotted in central London". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2013.  Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar