Howard L. Sanders

Howard Lawrence Sanders, nado o 17 de marzo de 1921, en Newark, Nova Jersey e finado o 8 de febreiro de 2001,[1] en Falmouth, Massachusetts,[2] foi un zoólogo estadounidense especialista en ecoloxía bentónica oceánica.

Howard L. Sanders
Nacemento17 de marzo de 1921
 Newark
Falecemento8 de febreiro de 2001 (69 anos)
 Falmouth
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade da Columbia Británica e Universidade Rutgers
Ocupaciónzoólogo, biólogo, biólogo mariño, oceanógrafo e ecoloxista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fixo os seus primeiros estudos na súa localidade natal. Durante a II Guerra Mundial, desde 1942 a 1945, traballou no corpo de sinais do exército dos Estados Unidos. En 1946 matriculouse na Universidade Rutgers (universidade estatal de Nova Jersey), licenciándose en zooloxía en 1949 na Universidade de British Columbia (Vancouver, Canadá). Matriculouse no primeiro programa de mestría en oceanografía na Universidade de Rhode Island, estudando con Donald Zinn, entre outros, recibiendo o seu máster en oceanografía biolóxica en 1951.[1][3]

Dedicouse a estudar a fauna bentónica nas costas de Long Island e da baía de Buzzards con George Evelyn Hutchinson da Universidade Yale, onde obtivo o seu doutoramento en zooloxía en 1955.[1]

Nese mesmo describiu a clase dos Cephalocarida, no traballo:

Sanders, H. L. (1955): "The Cephalocarida, a new subclass of Crustacea from Long Island Sound". Proceedings of the National Academy of Science 41: 61-66.[4]

No ano seguinte comezou a traballar como investigador asociado de bioloxía mariña no Marine Biological Lab do Instituto Oceanográfico de Woods Hole, onde permeceu durante toda a súa carreira, sendo científico asociado en 1958, científico sénior en 1966 e científico emérito en 1986, ano en que se xubilou. Sanders foi membro da National Academy of Sciences (Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos), para a que foi elixido o ano 1983, da Asociación Americana para o Progreso das Ciencias, da Sociedade Americana de Naturalistas e da Sociedade Americana de Limnoloxía e Oceanografía, así como doutras sociedades científicas, entre elas do Comité do Centro de Clasificación Oceanográfico da Smithsonian Institution en artrópodos.[3]

Recoñecido como líder mundial no estudo das comunidades bentónicas mariñas en augas pouco profundas e nas profundidades do mar, Howard Sanders tamén foi recoñecido polas súas investigacións en bioloxía da contaminación por aceites. Sanders e os seus colegas realizaron o primeiro estudo cuantitativo detallado dos efectos biolóxicos dun derramo de petróleo cando a barcaza Florida encallou na baía de Buzzards en 1969.[2] Esta investigación serviu de base para os estudos dos efectos a longo prazo do petróleo no medio ambiente e continúa ao día de hoxe a ser citado como un modelo de como se debe estudar este tipo de desastres.[1]

AbreviaturaEditar

A abreviatura Sanders eprégase para recoñecer a Howard L. Sanders como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 In Memoriam: Howard L. Sanders Woods Hole Oceanographic Institution. (en inglés).
  2. 2,0 2,1 "Howard L. Sanders, 79; Studied Effects of Oil Spills", New York Times, 23 de abril de 2001.
  3. 3,0 3,1 Howard L. Sanders National Academy of Sciences.
  4. Cephalocarida no WoRMS.