Baía de Buzzards

Coordenadas: 41°34′0″N 70°46′0″O / 41.56667, -70.76667

A baía de Buzzards (en inglés Buzzards Bay) é unha baía do océano Atlántico, situada en Massachusetts, Estados Unidos.

Mapa da baía de Buzzards (Buzzards Bay).

Ten unha lonxitude de 45 km e unha anchura máxima de 12 km. É un destino moi popular para a pesca e a navegación deportivas.

Desde 1914 está conectada á baía do cabo Cod polo canal de cabo Cod. En 1988, baixo a Clean Water Act (lei da auga limpa), a Axencia de Protección Ambiental e o estado de Massachusetts inscribírona no programa nacional dos estuarios, co título de "estuario de importancia nacional" ameazado pola contaminación, o ordenamento do territorio ou o uso excesivo dos recursos.[1]

Xeografía editar

Está rodeada polo sur polas illas Elizabeth, o cabo Cod ao leste e o continente ao noroeste. Ao suroeste, está conectada coa estreito de Rhode Island (Rhode Island Sound). O seu porto principal é a cidade de New Bedford, que foi o principal porto de pesca de baleas do mundo a principios do século XIX.

Notas editar