CB L'Hospitalet

(Redirección desde «Hospitalet-ATO»)

O Club Baloncesto L'Hospitalet, coñecido por motivos de patrocinio como Torrons Vicens L'Hospitalet é un club de baloncesto profesional español con sede en L'Hospitalet de Llobregat, Cataluña. Actualmente compite na Liga LEB Prata, terceira categoría do baloncesto español. O club, que chegou a competir varias veces na máxima categoría, posúe no seu palmarés unha Copa do Rei, conseguida en 1940 após vencer na final ao Athletic de Gràcia. O club é tamén coñecido por organizar o prestixioso Torneo Júnior Ciutat de L´Hospitalet.[1]

Torrons Vicens L'Hospitalet
Información xeral
Liga LEB Prata
Fundación 1939
Cores           Branco, azul
Presidente Joan Ramon Paton
Adestrador José Manuel Hoya
Localización
Cidade España L'Hospitalet, España
Pavillón Marcel·lí Maneja
Capacidade 700
Inauguración 2004
Campionatos
Copa do Rei 1 (1940)
cbhospitalet.cat

Historia

editar

Fundado en 1929, é un dos clubs máis antigos de España no deporte da canastra. A pesar de que actualmente compite na Liga EBA, que é a cuarta categoría do baloncesto español, o L'Hospitalet é un club histórico do baloncesto español. Foi un dos clubs participantes na primeira edición da Liga ACB e ten no seu palmarés unha Copa do Rei, conseguida en 1940, e dous Campionatos de Cataluña (1940 e 1941). As cores do club son o azul e o branco.

A súa primeira aventura a máxima categoría do baloncesto foi na temporada 1973−1974, cando consegue conseguir o ascenso á primeira división da Liga española. Nela estivo até o ano 1978, cando baixou á Segunda División. En 1983 ascende e participa na primeira edición da Liga ACB. Porén, só chega a disputar unha edición, xa que descendeu de categoría tras perder nos playoffs polo descenso ante o Peñas Recreativas Huesca.

Tras diversos descensos, na temporada 1999−2000 disputou a Liga EBA, da que se proclamou campión na temporada 2003−2004 logrando o ascenso á LEB 2. Na temporada 2004−2005 proclamouse campión de LEB 2 e ascendeu á LEB Ouro, onde se mantivo durante tres temporadas. Así, en 2009 xoga na LEB Prata, aínda que descendendo dúas temporadas despois á Liga EBA. Tras regresar á terceira categoría en 2016, na temporada 2020−21 o club descende de novo á EBA. Con todo, tan só permanecer na EBA unha temporada, ascendendo de novo á LEB Prata en 2022.

Xogadores

editar

Destacados

editar

Palmarés

editar

Copa do Rei

  • Campións (1): 1940
  • Subcampións (1): 1941
  1. "Torneo Junior Ciutat L'Hospitalet 40 edición". cbhospitalet.cat (en castelán). 8 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar