Chris Copeland
baloncestista estadounidense
Christopher Stephen "Chris" Copeland, nado o 17 de marzo de 1984 en Orange, Nova Jersey, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no MoraBanc Andorra da Liga ACB.
![]() | |
MoraBanc Andorra | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1984 (39 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Posición | Ala / Ala-pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Hermitage (Henrico, Virginia) |
Universidade | Colorado (2002–2006) |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
Fort Worth Flyers (2007) CB L'Hospitalet (2007) Matrixx Magixx (2007–2008) TBB Trier (2008–2010) Okapi Aalstar (2010–2012) New York Knicks (2012–2013) Indiana Pacers (2013–2015) Milwaukee Bucks (2015–2016) Tofaş (2016–2017) Andorra (2017–presente) |
Traxectoria editar
Tras graduarse na Universidade de Colorado en 2006, Copeland asinou cos Fort Worth Flyers da NBA Development League o 29 de marzo de 2007.[1] Despois foise a Europa para a tempada 2007-08. Alí xogou cinco tempadas, en equipos de España, Holanda, Alemaña e Bélxica.
O 16 de xullo de 2012, Copeland asinou un contrato cos New York Knicks.[2] Fixo o seu debut na NBA o 2 de novembro de 2012 contra os Miami Heat.[3] O 17 de decembro de 2012, anotou 29 puntos, o máximo da súa carreira, na derrota dos Knicks por 109-86 contra os Houston Rockets.[4]
Notas editar
- ↑ "2006-07 Transactions". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2015. Consultado o 20 de marzo de 2013.
- ↑ "Knicks sign forward Chris Copeland". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2013.
- ↑ "Knicks roll past Heat 104-84 in New York opener". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2013.
- ↑ "Lin leads Rockets' rout in return to New York". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2013.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 10 de novembro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)