Hipólito Rodríguez Soto
Hipólito Rodríguez Soto, nado en Vigo cara a 1915, foi un tipógrafo, debuxante e pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 Vigo, España |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | tipógrafo, debuxante, pintor |
Traxectoria
editarAos trece anos participou nunha exposición colectiva en Faro de Vigo. Tipógrafo veciño de Bembrive, militante do Partido Comunista de España, era secretario do Centro de Estudios Sociales y Científicos La Libertad de Bembrive. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. O xuíz militar de Vigo reclamou a súa presentación mediante requisitoria o 11 de outubro de 1936 xunto cos tamén veciños de Bembrive Benito Manuel Cameselle Costas e Claudio Pérez (Claudino el Manco).[1] Volveu ser reclamado porlo xuíz militar mediante requisitoria o 20 de decembro.[2] Finalmente capturado, foi xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a 12 anos de prisión. Ingresou na Prisión do Partido de Vigo o 4 de xullo de 1939. Ábríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1940.[3] Conmutada a pena a 6 anos, saíu da Prisión provincial de Pontevedra en liberdade condicional en setembro de 1941.[4] Despois de saír da cadea, tivo que cumprir o servizo militar en Pontevedra, onde coñeceu a Castor Calvo.[5] En xaneiro de 1944 dous óleos seus foron galardoados con accésit na II Exposición Nacional de Arte organizada por Educación y Descanso.[6] Inaugurou a súa segunda exposición nos salóns do Casino en marzo de 1946.[7] Volveu expoñer no Foto Club de Vigo en novembro.[8] En 1951 espuxo na Sala Velázquez de Vigo.[9] En 1953 un grupo de amigos organizou unha cea-homenaxe con motivo da súa exposición no Foto Club.[10] Marchou a Venezuela en 1955.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 11-10-1936, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-12-1936, p. 2.
- ↑ BOE, 21-12-1940, p. 5803-5404.
- ↑ BOE, 13-9-1941, p. 7010.
- ↑ Castor Calvo, o boxeador amigo de artistas e escritores
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-1-1944, p. 2.
- ↑ Cartel, 15-3-1946, p. 4.
- ↑ El Correo Gallego, 27-11-1946, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-4-1951, p. 5.
- ↑ La Noche, 30-11-1953, p. 2
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Piñana Vives, Teresa (1977). Anuario de la pintura venezolana. p. 189.
- Taibo, Victoriano (1952). "Hipólito Rodríguez Soto. Pintor - poeta" (PDF). Mundo Gallego (3): 16–17.