Hidroperoxilo

composto químico
(Redirección desde «Hidroperoxil»)

O radical hidroperoxilo, tamén chamado radical perhidroxilo, é un radical que é a forma protonada do superóxido e ten a fórmula HO2. Esta especie química xoga un importante papel na atmosfera terrestre e, como especie reactiva do oxíxeno, en bioloxía celular.[2]

Hidroperoxilo
Modelo do radical hidroperoxilo
Identificadores
Número CAS 3170-83-0
PubChem 520535
ChemSpider 454055
ChEBI CHEBI:25935
Referencia Gmelin 506
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular HO2
Masa molar 33,01 g mol−1
Acidez (pKa) 4,88[1]
Basicidade (pKb) 9,12 (basicidade do ión superóxido)
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Estrutura e reaccións editar

A molécula ten unha estrutura dobrada nun ángulo duns 104º.[3]

O anión superóxido, O
2
e o radical hidroperoxilo coexisten en equilibrio químico en solución acuosa:

O
2
+ H2O ⇌ HO2 + OH

A pKa do HO2 é 4,88. Por tanto, un 0,3% dos superóxidos presentes no citosol dunha célula típica están en forma protonada.[4]

Oxida o óxido nítrico a dióxido de nitróxeno:[2]

NO + HO2 → NO2 + HO

Especies reactivas do oxíxeno en bioloxía editar

Xunto coa súa base conxugada superóxido, o hidroperoxilo é unha importante especie reactiva do oxíxeno. A diferenza do O
2
, que ten propiedades redutoras, o HO2 pode actuar como oxidante en varias reaccións biolóxicas importantes, como a abstracción de átomos de hidróxeno do tocoferol e de ácidos graxos poliinsaturados na bicapa lipídica da membrana celular, polo que pode ser un importante iniciador da peroxidación de lípidos.

Importancia na química atmosférica editar

O hidroperoxilo gasoso está implicado en ciclos de reaccións que destrúen o ozono estratosférico. Tamén está presente na troposfera, onde esencialmente é o subproduto da oxidación do monóxido de carbono e de hidrocarburos polo radical hidroxilo.[5]

Como a constante dieléctrica ten un forte efecto sobre o pKa, e a constante dieléctrica do aire é bastante baixa, o superóxido producido (fotoquimicamente) na atmosfera está presente case exclusivamente en forma de HO2. Como o HO2 é bastante reactivo, actúa como un "limpador" na atmosfera ao degradar certos contaminantes orgánicos, polo que a química do HO2 é de considerable importancia xeoquímica.

Notas editar

  1. "Reactivity of HO2/O
    2
    Radicals in Aqueous Solution"
    . J. Phys. Chem. Ref. Data 14 (4): 1041–1091. 1985.
     
  2. 2,0 2,1 Heard, Dwayne E.; Pilling, Michael J. (2003). "Measurement of OH and HO2 in the Troposphere". Chemical Reviews 103: 5163–5198. doi:10.1021/cr020522s. 
  3. Liskow, Dean H.; Schaefer, Henry F., III; Bender, Charles F. (1971). "Geometry and electronic structureof the hydroperoxyl Radical". Journal of the American Chemical Society 93: 6734–7. doi:10.1021/ja00754a003. 
  4. De Grey, Aubrey D. N. J. (2002). "HO2·: The Forgotten Radical". DNA and Cell Biology 21: 251–257. doi:10.1089/104454902753759672. 
  5. "Hydroperoxyl radical". Glossary of Meteorology. American Meteorological Society. 25 April 2012. Consultado o 22 August 2013.