Hidrobioloxía

A hidrobioloxía, ou bioloxía acuática, é a parte da bioloxía que se ocupa do estudo dos ambientes acuáticos.

Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con. Cea, Vilagarcía de Arousa

DivisiónsEditar

Estes ambientes, dependendo do seu grao de salinidade, divídense en dous grandes apartados:

ImportanciaEditar

Os ecosistemas acuáticos ocupan a maior parte do globo terrestre, e están encuentran constituídos por unha serie de elementos abióticos e bióticos que interactúan entre si de forma harmónica para optimizar a funcionalidade do conxunto. As comunidades biolóxicas acuáticas están formadas por diversos grupos de organismos asociados e relacionados de acordo con características biolóxicas comúns e que, na maioría dos casos, son particulares dos diferentes hábitats acuáticos presentes nunha rexión. Entre estas comunidades, as máis notorias ou de maior relevancia ecolóxica corresponden ao fitoplancton, zooplancton, bentos e necton (na súa maioría peixes). Estes organismos viven en estreita relación co medio físico acuático, do cal son dependentes en case a totalidade dos casos (con excepción delgunhas poucas especies). [1]

As comunidades acuáticas son xeralmente utilizadas como indicadores en diversas investigacións, xa que se converten en instrumentos moi útiles de medición para un gran número de impactos ambientais xerados por proxectos de diversa índole,[1] ou polo aumento da biomasa dalgunhas especies.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Hidrobiología en biologia.cimat.ues.edu.sv (en castelán).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar