Hibernáculo
Un hibernáculo é un lugar no que un animal busca refuxio, como un oso que usa unha cova para hibernar.
A palabra pódese usar para describir unha gran variedade de abrigos utilizados por moitos tipos de animais, incluíndo insectos, sapos, lagartos, serpes, morcegos, roedores e primates de varias especies.
Tamén se denominan así os refuxios artificiais que ás veces se constrúen para protexer a algúns animais.[1]
Etimoloxía
editarHibernáculo e un termo da linguaxe científica tirado do latín hibērnacŭlum, plural hibērnacŭla, "tenda para os cuarteis de inverno das lexións romanas"). Neste sentido emprégase no inglés desde 1770.[2]
Importancia para a conservación da natureza
editarUn mellor coñecemento e protección destes hábitats particulares é de grande importancia para a bioloxía da conservación e a salvagarda de moitas especies en perigo de extinción. Por exemplo, algunhas comunidades saproxilófagas requiren grandes cantidades de madeiras mortas de diversas especies; este tipo de hábitat é cada vez máis raro nos bosques cultivados.
Bolboretas invernantes
editarEn alemán emprégase a palabra hibernarium para designar tamén o caso das follas e da seda que empregan algunhas eirugas de bolboretas para pasaren o inverno (antes de desenvolver o último estadio larvario).
Notas
editar- ↑ Knowles, Mark; Latham, Dorian (2008). "Assessing the use of artificial hibernacula by great crested newts Triturus cristatus and other amphibians for habitat enhancement, Northumberland, England". Conservation Evidence 5: 74–79.
- ↑ hibernaculum no Merriam-Webster Dictionary.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "How insects survive cold weather". Western Farm Press (29 de marzo de 2012).