Heyneke Meyer
Heyneke Meyer, nado o 6 de outubro de 1967 en Nelspruit, é un adestrador surafricano de rugby, campión do Super 14 en 2007 cos Bulls e seleccionador dos Springboks entre 2012 e 2015.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1967 (57 anos) Mbombela, Suráfrica |
Educación | Universidade de Pretória (pt) |
Altura | 185 cm |
Peso | 85 kg |
Actividade | |
Ocupación | xogador de rugby, rugby union coach (en) |
Período de actividade | 1986 - |
Deporte | rugby a 15 |
Traxectoria
editarHeineke Meyer comezou a súa carreira como adestrador en 1998 dirixindo ós SWD Eagles na Currie Cup. En 1999 traballou como axudante do seleccionador Nick Mallett durante a Copa do Mundo, e a continuación pasou a ocupar o posto de adestrador dos Blue Bulls na Currie Cup e dos Bulls no Super 12. Os Blue Bulls gañaron a Currie Cup en 2002, 2003 e 2004 con Meyer como adestrador. O nivel competitivo dos Bulls tamén medrou, chegando a disputar a semifinais nas tempadas 2005 e 2006.[1]
En 2007 os Bulls chegaron por primeira vez a unha final do Super 14. A final disputouse en Durban contra os Sharks. O resultado da final foi 19-20 a prol dos Bulls, que se converteron na primeira franquía surafricana campioa do Super 14. Despois dese triunfo Meyer foi considerado para substituír a Jake White á fronte dos Springboks, pero finalmente o elixido foi Peter de Villiers, quen levaba varios anos adestrando á selección júnior.
En xuño de 2008 Meyer foi anunciado como novo adestrador dos Leicester Tigers da Premiership inglesa, [2] cargo ó que renunciou en xaneiro de 2009 por motivos de saúde nuns familiares.[3] Trala súa volta a Pretoria levou a cabo labores administrativas nos Bulls.
En xaneiro de 2012 foi elixido por unanimidade como novo seleccionador nacional de Suráfrica[4] en substitución de Peter de Villiers, e asinou un contrato de catro anos. En decembro de 2015 foi anunciado o remate do ciclo de Heyneke Meyer á fronte da selección de Suráfrica[5] con saldo dun 66 % de partidos gañados e un terceiro posto na Copa do Mundo. En abril de 2018 foi anunciada a contratación de Heyneke Meyer polo club Stade Français de París.[6] Na súa primeira tempada o club rematou nun discreto oitavo posto na clasificación. En decembro de 2019 foi anunciada renuncia de Meyer como adestrador do Stade Français por mor dos malos resultados[7] trala derrota no derbi de París cando o equipo ocupaba a última posición na liga.
Notas
editar- ↑ Heyneke Meyer profile Arquivado 11 de agosto de 2024 en Wayback Machine., na páxina web de ESPN. (en inglés)
- ↑ Heyneke Meyer is named head coach, na páxina web dos Leicester Tigers (en inglés)
- ↑ Statement on head coach Heyneke Meyer, na páxina web dos Leicester Tigers. (en inglés)
- ↑ Heyneke Meyer offially appointed Bok head coach, na páxina web do xornal Rugby World. (en inglés)
- ↑ Heyneke Meyer steps down as South Africa coach Arquivado 11 de agosto de 2024 en Wayback Machine., na páxina web de ESPN. (en inglés)
- ↑ Meyer: “Le Stade Français deviendra l’un des plus grands clubs du monde”, no portal da web francesa especializada Rugbyrama. (en francés)
- ↑ Heyneke Meyer leaves Stade Français with immediate effect, na páxina web de Sky Sports. (en inglés)