Herba gateira
Herba gateira | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Nepeta cataria' L. |
A herba gateira[1], (Nepeta cataria) é unha planta natural de Europa que medra en terreos ermos, noiro, sebes, terrapléns e en ruínas de casas vellas. Tamén medra brava en Asia occidental e América do Norte.
O nome do seu xénero Nepeta provén do latín nepa que significa "escorpión", dada a antiga crenza de que esta planta sandaba a pezoña dos escorpións.
Descrición
editarÉ unha planta perenne con talo agrisado, viluda e ramificada que acada 20–60 cm de altura. Tien follas opostas, pecioladas, cordadas, con bordos dentados e peludas polo envés. As flores numerosas son de cor amarelenta e rosada manchadas de púrpura, agrupándose nunha espiga laxa pedunculada. A planta bota un forte cheiro a menta que atrae aos gatos (de aí o seu nome común).
Efecto nos gatos
editarAos gatos fáiselles irresistíbel esta planta. Comen as súas flores, cheiran, mastigan e se fretan nas súas follas e volven unha e outra vez por unha dose do seu embriagador recendo. Os óleos aromáticos fan que os gatos despois de inxerila fagan nun principio brindeiras, mais a medida que aumentan os efectos do aceite, o seu comportamento faise máis estraño. Comezan a rodar sobre si mesmos coma se estivesen en éxtase, cazan ratos imaxinarios etc.[2]
Non todos os gatos se estimulan no mesmo grao, e un terzo deles non responderá. Esta diferenza de resposta seica é debido a factores medioambientais, xenéticos, e o sexo do gato (atrae especialmente as femias, mais tamén aos machos e machos castrados). Aínda non se coñece o risco xenético que produce esa atracción. O ingrediente activo da herba gateira é a nepetalactona, substancia quimicamente relacionada cun composto semellante que se atopa non seus ouriños.[3]
Propiedades
editar- Estimula a súa e é carminativo, utilizándose como diaforética en caso de febres altas.
- Útil contra a tose, a bronquite crónica, arrefriados e gripe.
- Regulariza a menstruación alterada.
- A infusión e decocción de follas e flores úsase oralmente para o tratamento de afeccións gastrointestinais (cólico, diarrea, flatulencia, indixestión),[4][5][6] nerviosas (histeria, insomnio, nerviosidade, neuralxia, neurastenia, pesadelos)[7] e respiratorias (bronquite, catarreiras, influenza, arrefriado, tuberculose),[4][5][8][9] amenorrea,[10] anemia, fraqueza, dor de testa, escarlatina, febre, hidropisía,[7][11] e cancro.[12]
- O zume de follas úsase para baixar a menstruación.[11] En ungüento úsase para hemorroides.[10] As follas mastigadas úsanse para calmar a dor de moas.[6] Fumadas para afeccións respiratorias e inducir estados levemente hipnóticos.[13] En enema para as convulsións, dispepsia, disuria, histeria,[11] e cólico infantil.[10] O emplasto das follas úsase para suavizar calos[11] e tratar diversas formas de cancro.[12]
- Atribúeselle propiedade afrodisíaca, recendente, carminativa, diaforética, dixestiva, emenagoga, espasmolítica, estimulante, estomáquica, pectoral, refrixerante, sedante, soporífera, sudorífera e tónica.[11]
- Cataria vulgaris Gaterau, Descr. Pl. Montauban: 105 (1789).
- Glechoma cataria (L.) Kuntze, Revis. Gen. Pl. 2: 518 (1891).
- Nepeta minor Mill., Gard. Dict. ed. 8: 2 (1768).
- Nepeta vulgaris Lam., Fl. Franç. 2: 398 (1779).
- Cataria tomentosa Gilib., Fl. Lit. Inch. 1: 78 (1782), opus utique oppr.
- Nepeta americana Vitman, Summa Pl. 3: 419 (1789), nom. illeg.
- Nepeta tomentosa (Gilib.) Vitman, Summa Pl. 3: 419 (1789).
- Nepeta mollis Salisb., Prodr. Stirp. Chap. Allerton: 78 (1796).
- Nepeta macrura Ledeb. ex Spreng., Syst. Veg. 2: 729 (1825).
- Nepeta citriodora Dumort., Fl. Belg.: 47 (1827).
- Nepeta ruderalis Boiss., Fl. Orient. 4: 643 (1879), nom. illeg.
- Glechoma macrura (Ledeb. ex Spreng.) Kuntze, Revis. Gen. Pl. 2: 518 (1891).
- Calamintha albiflora Vaniot, Bull. Acad. Int. Géogr. Bot. 14: 181 (1904).
- Nepeta bodinieri Vaniot, Bull. Acad. Int. Géogr. Bot. 14: 172 (1904).
- Nepeta laurentii Sennen, Bol. Soc. Ibér. Ci. Nat. 32: 20 (1933 publ. 1934).[14]
- Galego: herba do gato (Non confundir coa especie Pulicaria dysenterica), gateira e nébeda (non confundir coa especie Calamintha nepeta)[15]
Notas
editar- ↑ Nome galego en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
- ↑ Rodríguez, Héctor (25 de febreiro de 2020). "Nébeda, la droga de los gatos" (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2020.
- ↑ Samorini, Giorgio (2003). Animales que se drogan (en castelán). Barcelona: La Cañamería Global S.L. pp. 29–34. ISBN 84-931026-6-0.
- ↑ 4,0 4,1 (Krochmal A. Krochmal C.), 1973. Páx. 157.
- ↑ 5,0 5,1 (Schaunberg P. Paris F.), 1972. Pág. 294.
- ↑ 6,0 6,1 (Foster S. Duke JA.), 1990. Páx. 70.
- ↑ 7,0 7,1 (Cecchini T.), 1978. Páx. 232.
- ↑ (Ody P.), 1993. Páx. 134.
- ↑ (Lewis WH. Elvin-Lewis MPF.), 1977. Páx. 307.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 (Potterton D.), 1983. Culpeper's Color Herbal. Páx. 39.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 (Duke JA.), 1985. Handbook of Medicinal Herbs. Páx. 325.
- ↑ 12,0 12,1 (Hartwell JL.), 1982. Páx.268.
- ↑ (Emboden W.), 1979. Narcotics Plants. Pág. 6.
- ↑ "Herba gateira". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 12 de abril de 2010.
- ↑ Nomes vulgares galegos en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; a través de Buscatermos da USC.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herba gateira |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Herba gateira |
Ligazóns externas
editar- Jacobs, Betty E.M. Growing & Using Herbs Successfully. Garden Way Publishing. Pownal, Vermont, 1981 (en inglés)
- Plants. Holoweb, Inc. Edina, MN. (en inglés)
- Smith, Linda. Catnip. Penmarrie Cornish Rex. 1996-2005. (en inglés)
- Catnip Repels Mosquitoes More Effectively than DEET, Compte rendu du 222 meeting national de l'American Chemical Society (en inglés).