Heinrich Wilhelm Dove

Heinrich Wilhelm Dove, nado en Liegnitz (Prusia, hoxe Polonia), o 6 de outubro de 1803 e finado en Berlín o 4 de abril de 1879, foi un físico e meteorólogo alemán.

Heinrich Wilhelm Dove
Nacemento6 de outubro de 1803
Lugar de nacementoLegnica
Falecemento4 de abril de 1879
Lugar de falecementoBerlín
SoterradoSt.-Marien- und St.-Nikolai-Friedhof I
NacionalidadeReino de Prusia
Alma máterUniversidade Humboldt de Berlín, Universidade de Wrocław e Universidade de Königsberg
Ocupaciónfísico, meteorólogo, profesor universitario e climatólogo
FillosRichard Wilhelm Dove e Alfred Dove
PremiosMedalla Copley, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte e Foreign Member of the Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Foi profesor na Universidade de Königsberg (hoxe Kaliningrado, Rusia) e na Universidade Humboldt de Berlín. Foi o primeiro en decatarse de que os ciclóns xiran en sentido horario no Hemisferio Sur e en sentido antihorario no Hemisferio Norte. Tamén estudou o efecto do clima no crecemento das plantas.

A el débese a descuberta da escoita binaural e foi o primeiro en medir a intensidade da corrente eléctrica inducida nun cable por un campo magnético ao se extinguir.

O cráter Dove da lúa débelle o seu nome.