Heidi Klum, nada en Bergisch Gladbach (Renania do Norte-Westfalia) o 1 de xuño de 1973, é unha modelo, presentadora, empresaria, deseñadora de moda, produtora de televisión e actriz alemá. En 2008, converteuse en cidadá estadounidense mantendo a cidadanía alemá.[1][2][3][4]

Infotaula de personaHeidi Klum

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Bergisch Gladbach (Alemaña do Oeste) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (2008–)
Alemaña Editar o valor em Wikidata
Altura176,5 cm Editar o valor em Wikidata
Peso57 kg Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAbelanado Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo , actriz de cinema , deseñador de moda , emprendedora , presentadora de televisión , produtora de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteIMG Models (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTom Kaulitz (pt) Traducir (2019–)
Seal (2005–2014), divorcio
Ric Pipino (en) Traducir (1997–2002), divorcio Editar o valor em Wikidata
ParellaNick Cannon (pt) Traducir (2015–2015)
Vito Schnabel (en) Traducir (2014–2017)
Flavio Briatore (pt) Traducir (2003–2004) Editar o valor em Wikidata
FillosLeni Klum (pt) Traducir
 () Flavio Briatore (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiGünther Klum (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webheidiklum.de Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0005099 Allocine: 60195 Rottentomatoes: celebrity/heidi_klum Allmovie: p278408 Metacritic: person/heidi-klum TV.com: people/heidi-klum
Facebook: HeidiKlum Twitter: heidiklum Instagram: heidiklum TikTok: heidiklum Last fm: Heidi+Klum Musicbrainz: 93e1e8ed-db71-4f33-a5e0-3e3a18752133 Discogs: 678431 Allmusic: mn0002065347 WikiTree: Klum-22 Editar o valor em Wikidata
Klum en 2008

Traxectoria editar

 
Klum e a súa exparella Seal na 59.ª edición dos premios Emmy

Deuse a coñecer a finais da década de 1990 ao desfilar para Victoria's Secret, onde se converteu nun dos primeiros anxos,[5] e por posar para as revistas Elle, Sports Illustrated Swimsuit Issue ou para as edicións alemá e francesa da revista Vogue. Ademais de desfilar, apareceu en numerosos anuncios comerciais de McDonald's ou Volkswagen na televisión alemá[6] e en varias series de televisión, incluíndo CSI: Miami, Spin City e Sex and the City e como actriz ocasional interpretou unha modelo temperamental no filme Blow Dry, unha xigante en Ella Enchanted e a Ursula Andress en The Life and Death of Peter Sellers.

En decembro de 2004, comezou a producir o programa de telerrealidade Project Runway na canle de televisión estadounidense-canadense Bravo, no que os concursantes compiten por un contrato para varias casas de moda, así como por outros premios. O programa chegou ás quince tempadas e Klum foi nomeada ao Emmy.[7] Tamén participou nun reality show en Alemaña chamado Germany's next Topmodel en que foi a presentadora e produtora xunto con Tyra Banks. Ese programa tivo tres tempadas en que se elixiron tres novas modelos.

Participou no vídeos musical do grupo británico Jamiroquai, "Love Foolosophy", e no da cantante australiana Sia, "Fire Meet Gasoline".

Os seus propios deseños de roupa aparecen no catálogo por correo Otto. Tamén deseñou calzado para Birkenstock,[8] xoiaría para Mouawad e traxes de baño (mostrados na revista Sports Illustrated Swimsuit Issue do ano 2002).[9]

En 2007 Forbes nomeouna a terceira modelo que máis gañara no mundo dentro dunha lista de 15.[10]

O 30 de setembro de 2010, anunciou que deixaba de desfilar para Victoria's Secret, tras trece anos e catro fillos desde que comezou a traballar para esta firma de roupa interior.[11]

Presentou a cerimonia dos MTV Europe Music Awards de 2012 en Frankfurt.

Klum é unha ávida pintora e varios dos seus cadros apareceron en revistas de arte estadounidenses. O 27 de setembro de 2002, dedicou unha escultura chamada "Can con bolboretas" a conmemorar o traballo dos cans de rescate tralos atentados do 11 de setembro de 2001.[12]

Vida persoal editar

Estivo casada co seu estilista Ric Pipino de setembro de 1997 a novembro de 2002.[13] Posteriormente, mantivo unha relación co cantante Anthony Kiedis e outra con Flavio Briatore, exdirector deportivo do equipo Renault de Fórmula 1.[14] O romance con este último terminou cando ela quedou embarazada del. A súa filla chamouse Helene «Leni», como unha das avoas de Klum e naceu o 4 de maio de 2004.[15]

Estando embarazada, Klum empezou unha nova relación co cantante británico Seal. Casaron o 10 de maio de 2005 na praia de Careyes en México. Tiveron tres fillos biolóxicos xuntos, dous nenos e unha nena: «Henry» Günther Ademola Dashtu Samuel, nado o 12 de setembro de 2005, Johan Riley Fyodor Taiwo Samuel nado o 21 de novembro de 2006 e por último Lou Soulola Samuel, unha nena que naceu o 10 de outubro de 2009.[16][17] Ademais, Seal adoptou a Leni, que nunca foi recoñecida polo seu pai biolóxico. Klum afirmou enfaticamente que "Seal é o pai de Leni".[18]

Tras sete anos de matrimonio, en xaneiro de 2012, Klum e Seal anunciaron a súa separación nun comunicado publicado pola revista People.[19]

En maio de 2018, Klum apareceu na Gala amfAR coa súa nova parella, Tom Kaulitz, guitarrista da banda alemá Tokio Hotel. Deste xeito fixeron pública a relación que mantiñan na intimidade desde febreiro de 2018. En decembro dese mesmo ano a parella anunciou o seu compromiso.[20] Segundo varios medios de comunicación, Klum e Kaulitz contraeron matrimonio nunha cerimonia íntima o 3 de agosto de 2019 en California.[21] Celebrouse unha segunda cerimonia en agosto no luxoso iate “Christina O” fronte á illa italiana de Capri.[22]

Notas editar

  1. "Heidi Klum Becomes a Citizen For Her Children". People. 5 de novembro de 2008. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  2. "Solid Gold" Arquivado 12 de abril de 2011 en Wayback Machine. Cityist
  3. "Heidi Klum: "Ich bin ein deutsches Mädel" 7 de setembro de 2010, Op Online (en alemán)
  4. "Heidi Klum may have retired from modeling career but her body won't quit". Todakuaba.com. 8 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2011. Consultado o 24 de xullo de 2011. 
  5. "Amerikas Superstar '50 Cent' bei Saadi Gaddafi". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2007. Consultado o 17 de xaneiro de 2008. 
  6. "McDonalds Commercial Heidi Klum "Für Sie nur das Beste" 2007". YouTube. Consultado o 2 de outubro de 2012. 
  7. "US Magazine "Heidi Klum nominada al Emmy". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2007. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  8. "Heidi Klum Birkenstock Sandals". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2019. Consultado o 2 de outubro de 2012. 
  9. "Sports Illustrated Swimsuit". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2012. Consultado o 2 de outubro de 2012. 
  10. "Forbes "Heidi Klum tercer modelo mejor pagada"". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  11. "Heidi Klum cuelga las alas de ángel de Victoria's Secret" (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2013. 
  12. "Heidi Klum and her dog Shila". celebritydogwatcher.com. 30 de marzo de 2007. 
  13. "Heidi Klum Biography". People. Arquivado dende o orixinal o 2015-02-27. Consultado o 16 de outubro de 2014. 
  14. "News, December 17: Wynonna Judd Sentenced on DUI Charge, Robin Williams Takes Stage in Baghdad, Affleck To Start Daytona 500, More...". 17 de decembro de 2003. Consultado o 30 outubro de 2011. 
  15. Baker, KC; Silverman, Stephen M. (5 de maio de 2004). "Klum, Dixie Chick Welcome 3 Baby Girls". People. Consultado o 2 de novembro de 2015. 
  16. People en español "Heidi Klum es mamá por cuarta vez" - actualizado outubro de 2009
  17. "Heidi Klum and Seal welcome baby boy: Johan Riley Fyodor Taiwo". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de febreiro de 2014. 
  18. Keck, William (3 de decembro de 2007). "Celeb Watch: Heidi Klum relishes her model family life". USA Today. Consultado o 4 de decembro de 2007. 
  19. Heidi Klum y Seal se separan (en castelán)
  20. Heidi Klum, primera vez en redes y posado oficial con su nuevo novio, Tom Kaulitz (en castelán)
  21. "Heidi Klum se casa por segunda vez con Tom Kaulitz, 16 años menor que ella". www.telediario.mx (en castelán). Consultado o 2022-03-22. 
  22. "Heidi Klum y Tom Kaulitz se dan el “sí quiero” en el barco de Onassis" (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar