Harry Martinson

escritor sueco

Harry Edmund Martinson, nado en Jämshög o 6 de maio de 1904 e finado en Estocolmo o 11 de febreiro de 1978, foi un escritor sueco. Recibiu, compartido co seu compatriota Eyvind Johnson, o Premio Nobel de Literatura no 1974.

Infotaula de personaHarry Martinson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Harry Edmund Martinson Editar o valor em Wikidata
6 de maio de 1904 Editar o valor em Wikidata
Jämshög church parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de febreiro de 1978 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHaraquiri Editar o valor em Wikidata (Desangramento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSilverdals cemetery (en) Traducir, Kvarter: B Gravplats: 088 59°24′20″N 17°58′15″L / 59.40567, 17.97095 Editar o valor em Wikidata
Seat 15 of the Swedish Academy (en) Traducir
20 de decembro de 1949 – 11 de febreiro de 1978 (morte)
← Elin WägnerKerstin Ekman (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDrama, literatura e poesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , novelista , poeta , escritor de ciencia ficción Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1927 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Academia Sueca (1949–1978)
Fem unga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMoa Martinson Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
20 de decembro de 1949Q100700773 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webharrymartinson.org Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: b6d8dfd8-8ee1-42a3-928d-d006b9dceab6 Discogs: 1566339 WikiTree: Martinsson-25 Find a Grave: 9571170 Editar o valor em Wikidata
Harry Martinson (á esquerda) en compaña de Ivar Lo-Johansson

Traxectoria editar

Harry Martinson naceu o 6 de maio de 1904 en Jämshög, unha pequena vila do sur de Suecia. Era o quinto de sete irmáns, e cando tiña seis anos, perderon ao seu pai e pouco despois, a súa mai abandonaríaos. Foi entregado á parroquia que se fixo cargo del e posteriormente adoptado por distintas familias de labregos para os que traballou e polos que foi maltratado na maiorías dos casos.

Con dezaseis anos, Martinson alístase nun barco e pasa seis anos navegando. Tras traballar en dezanove barcos e vivir tempadas en Suramérica e a India, no 1927 acábase instalando en Suecia, despois de contraer unha tuberculose.

No 1929 casa coa novelista sueca Moa Martinson, catorce anos maior que el. Nese mesmo ano publica o seu primeiro libro Spökskepp (Barco pantasma), un libro cheo de poemas sobre o mar, moi influenciado por The Seven Seas (Os sete mares, 1896) de Rudyard Kipling e os traballos de Dan Anderson. No 1930 publica 5 unga (Cinco novos) e logo dun ano, Nomad (Nómade), obra coa que se consagra como poeta.

No 1932 publica Resor utan mal (Vías sen rumbo) e Kap Farväl, dous libros en prosa nos que Martinson reflicte a súa experiencia mariñeira. Tres anos despois, 1935, sae a luz a súa obra autobiográfica Nässlorna blomma (As estrugas florecen), na que describe, de xeito poético, a desgraciada infancia do seu alter ego, Martin, chea de soidade, tristeza, desilusión, traballo e pobreza. Posteriormente publica Vägen ut (O camiño da liberdade), continuación d'As estrugas florecen, na que narra as súas vivencias marítimas.

No 1937 escribe Losten fran Moluckas (O piloto das Molucas), unha peza para o teatro radiofónico que trata sobre a primeira volta ao mundo de Elcano. A versión radiofónica da peza foi dirixida por un dos directores máis importantes do teatro sueco, Alf Sjöberg.

Cando en 1939 estala a guerra ruso-finlandesa, Martinson toma partido polo país nórdico invadido e, cando ao seu amigo Eyvind Johnson, co que trinta anos despois compartiría o Premio Nobel de Literatura; pon en marcha unha campaña para conseguir voluntarios suecos que loiten canda os finlandeses. Unha vez finalizada a guerra, no 1940 publica Verklighet till döds (Realidade a morte), nas que relata as súas impresións negativas tras asistir ao Congreso de Escritores de Moscova en 1934 e a súa experiencia e postura crítica na guerra ruso-finlandesa.

Divorciase oficialmente de Moa no 1940, casando outra vez dous anos despois con Ingrid Lindcrantz.

Entre 1942 e 1945, na segunda guerra mundial, escribe os libros Passad (Ventos alisios), libro de poemas na honra da súa nova muller, Ingrid; e Vägen till Klockrike (O camiño de Klockrike, publicado en 1948), que representa a Suecia dos vagabundo que coñeceu nas décadas de 1920 e 1930. Este libro tivo unha grande aceptación popular e no 1949 Martinson é elixido como membro ilustre da Academia Sueca, converténdose no primeiro escritor de orixe proletaria membro desta institución.

No 1953, publícase Cikada (Cigarra), influenciado polo baixo estado ánimo do autor logo de sentila terra a bomba atómica en Hiroshima. Este libro consta dun ciclo de poemas que serán a orixe da súa grande epopea lírica Aniara (1956), obra pola que máis se coñece a Martinso fóra de Suecia e que aborda, sen esperanzas, a carreira militar e o vertixinoso desenvolvemento técnico. Esta obra está composto por 103 poemas sobre a viaxe dunha nave espacial xigantesca con 8.000 humanos a bordo, que escapan da Terra esnaquizada por unha explosión nuclear e que fica eternamente perdida no espazo. Anira tamén ten fama ao converterse nunha ópera de Karl-Birger Blomdahl.

No 1954 recibía o doutoramento "Honoris Causa" na Univerdidade de Gotemburgo.

Nas dúas coleccións de poemas, Grässen i Thule (As herbas de tule, 1958) e Vagnen (O coche, 1960), abundan as poesías sobre a natureza e o malestar crecente do autora ante o potencial destrutivo da tecnoloxía. Nestes libro tamén aparecen numerosos consellos sobre a arte de vivir. Logo da publicación deste último libro, Martinson deixa de escribir durante dez anos.

Nos sesenta estréase a súa peza teatral Tre knivar fran Wei (Tres coitelos de Wei) no Teatro Real Dramático de Estocolmo, baixo a dirección de Ingmar Bergman. Esta obra desenvólvese nunha prisión para mulleres nobres, situada na fronteira da China.

No 1971 publícase Dikter om ljus och mörker (Poemas sobre luz e escuridade), e dous anos despois Tuvor (Matogueiras), unha colección de poemas sobre a natureza, especialmente sobre os abetos, a árbore favorita de Martinson.

Últimos anos editar

Os seus derradeiros anos estiveron marcados polas críticas das novas xeracións esquerdistas. Os ataques de Olof Lagercrantz, Sven Delblanc, e Karl Vennberg provocaron unha depresión no escritor, polo que acabou hospitalizado.

O escritor comparteu en 1974 o Premio Nobel de Literatura, co seu compatriota Eyvind Johnson, "por unha obra poética capaz de abranguer dende unha pinga de orballo a todo o universo".

Faleceu en Gnesta, onde pasou a maior parte da súa vida tralo seu divorcio, o 11 de febreiro de 1978.

Obra editar

  • Spökskepp (Barco pantasma), 1929
  • 5 unga (Cinco mozos) 1930
  • Nomad (Nómade), 1931
  • Resor utan mål (Vías sen rumbo), 1932
  • Kap Farväl, 1932
  • Nässlorna blomma (As estrugas florecen), 1935
  • Vägen ut (O camiño da liberdade), 1936
  • Svärmare och harkrank (Esfinxe e típula), 1937
  • Losten fran Moluckas (O piloto das Molucas), 1937
  • Midsommardalen (O val en pleno verán), 1938
  • Det enkla och det svåra (O sinxelo e o difícil) 1939
  • Verklighet till döds (Realidade a muerte), 1940
  • Den förlorade jaguaren (o xaguar perdido), 1941
  • Passad (Ventos alisios), 1945
  • Vägen till Klockrike, 1948)
  • Cikada (Cigarra), 1953.
  • Aniara, 1956
  • Grässen i Thule (As herbas de tule), 1958
  • Vagnen (El coche), 1960
  • Dikter om ljus och mörker (Poemas sobre luz e escuridade), 1971
  • Tuvor (Matogueiras), 1973

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar