Hänsel e Gretel
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Hansel e Gretel (Hänsel unt Gretel en lingua alemá) é un conto de fadas europeo de tradición oral e que foi recollido polos irmáns Grimm. Foi traducido ao galego en 1984 por Valentín Arias para Xerais.
Hänsel e Gretel | |
---|---|
Ilustración de 1927 para o conto Hänsel e Gretel | |
Título orixinal | Hänsel unt Gretel |
Autor/a | Irmáns Grimm |
Ilustrador/a | Theodor Hosemann, Carl Offterdinger, Ludwig Richter, Arthur Rackham |
Orixe | Alemaña |
Lingua | Lingua alemá |
Tema(s) | bruxo, neno e conto |
Xénero(s) | Conto de fadas, literatura infantil |
Data de pub. | 1893 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Enredo
editarEste conto relata a aventura dos irmáns Hansel e Gretel, fillos dun pobre leñador, que de acordo coa dona, decide abandonalos na foresta porque a familia non ten condicións para os manter. No camiño pola fraga, Hansel e Gretel espallan migallas de pan. Os paxaros comen finalmente as migallas, que é o detalle máis coñecido e característico da obra, polo que Hansel e Gretel acaban perdidos na foresta.
Na tentativa de atopar o camiño de volta, os rapaces atopan unha casa feita de doces e, coa fame que teñen, comezan a comer as lambonadas. Son entón collidos pola dona da casa que resulta ser unha bruxa. A vella planea engordar os nenos para despois comer a súa carne. Mentres Hansel comía e engordaba, Gretel traballaba na casa para ser a próxima.
Porén, espertos, os rapaces descobren o plan da bruxa e engánana botándoa dentro do propio forno. Xa ceibos, Hansel e Gretel atopan a seu pai, cuxa muller morrera, e voltan para casa levando consigo provisións de abondo para o resto da súas vidas.
Análise
editarA historia tal como a coñecemos dos Irmáns Grimm é unha versión esterilizada para a clase media do século XIX, mais a orixinal era unha mostra da dureza da vida na Idade Media. Debido á fame e á constante escaseza de comida, o homicidio infantil era unha práctica común na Idade Media. Nesta historia os irmáns son deixados no bosque para que morran ou desaparezan porque non poden ser alimentados.
Nas primeiras copias da colección dos Irmáns Grimm non había madrasta; a nai persuadiu o pai a abandonar os seus propios fillos. Esta mudanza, como en Brancaneves, parece ser unha atenuación deliberada da violencia contra os nenos, para as nais modernas que non soportarían ouvir sobre nais que ferisen os propios fillos.
O feito de que a nai ou madrasta morrese cando os rapaces matan a bruxa é porque a nai ou madrasta e a bruxa son, de feito, a mesma muller, ou polo menos que a personalidade delas está fortemente ligada. Alén de póren os nenos en perigo, teñen a mesma preocupación pola comida: a nai ou madrasta para evitar a fame e a bruxa coa casa feita de comida e o seu desexo de comer os rapaces.
Existe tamén outra versión na que son Hansel e Gretel os que deciden dar un paseo e non a nai a que os bota ao monte.
Outras versións
editarHänsel e Gretel é tamén unha ópera de Engelbert Humperdinck.
Hansel e Gretel apareceron en 1954 en Looney Tunes.
Na serie de TV, Once Upon A Time, os irmáns están reunindo gravetos mentres seu pai corta a madeira, mais o pai desaparece. A Raíña Má captura os rapaces e en vez deles voltaren a seu pai, ordénalles que visiten a casa da bruxa cega (que vive nunha casa feita de doces) e recuperen unha mochila. A bruxa é guindada no forno e os nenos retornan coa mochila, que contén a mazá envelenada. A Raíña má ofrécelles un hogar, mais eles preferiron ficar co seu pai, entón a raíña os expulsa. A raíña ten preso o seu pai, mais rexeita ceibalo. No mundo real, os nenos Nicholas e Ava quedan sen teito despois da morte de súa nai.
Por ser unha historia moi curta, foi pouco aproveitada como longametraxe infantil. En 1932, a Disney produciu unha adaptación do conto nun episodio da serie de curtametraxes Silly Symphonies chamada Babes in the Wood (Meniños no bosque), que mostraba a Hansel e Gretel visitando a casa da bruxa dos doces. Nesta versión, porén, a bruxa transforma os nenos en animais, e ao final os irmáns ceiban a outros rapaces da casa e usan as súas propias pocións para a petrificar. En 2002 houbo un filme homónimo á historia que retrataba a Hansel e Gretel coma personaxes dunha historia narrada. Outra curtametraxe inédita da Disney pódese ver no especial de halloween do programa House of Mouse, na que Mickey e Minnie son Hansel e Gretel.
En 2007 a historia de Hansel e Gretel sae na serie de libros Dragóns de Éter, de Raphael Draccon, que profunda infinitamente os antigos contos e relata unha versión da historia nunca antes vista ou sequera imaxinada.
En 2013 estréase Hansel and Gretel: Witch Hunters, un filme de acción e terror baseado no conto. Nesta versión máis adulta, Hansel e Gretel son xa mozos e tornáronse en cazadores profesionais de bruxas. Ao longo do filme, os irmáns descobren que a súa nai era en verdade unha bruxa boa que os abandonou no bosque para protexelos dunha bruxa malvada.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Hansel and Gretel: Witch Hunters: Filme de 2013.
Bibliografía
editar- Delarue, Paul. The Borzoi Book of French Folk-Tales (en inglés). Alfred A. Knopf, Inc. ISBN 040513309X.
- Lüthi, Max (1970). Once Upon A Time: On the Nature of Fairy Tales (en inglés). Frederick Ungar Publishing Co. ISBN 0253202035.
- Opie, Iona; Peter Opie (1974). The Classic Fairy Tales (en inglés). Oxford University Press. ISBN 0-19-211559-6.
- Vajda, Edward (2010). The Classic Russian Fairy Tale: More Than a Bedtime Story (en inglés). Western Washington University.