Haloxylon

xénero de plantas

Haloxylon é un xénero de plantas anxiospermas da orde das cariofilales e da familia das amarantáceas.

Comprende 25 especies descritas, propias de España, norte de África e Asia central e oriental (Mongolia e China),[1] pero destas, só 7 son acaceptadas actualmente.[2]

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

O xénero foi descrito en 1851 polo botánico xermano-ruso Alexander von Bunge e publicado en Botanical Journal of the Linnean Society 75 (4): 366.[3]

A especie tipo é Haloxylon ammodendron (C.A.Mey.) Bunge ex Fenzl.

EtimoloxíaEditar

O nome científico Haloxylon está formado polos elementos do latín científico halo- e -xylon, derivados das voces do grego antigo ἅλς háls, "sal" e ξύλον xýlon, "madeira". Literalmente: "as árbores do sal", que se refire tanto aos lugares de crecemento destas plantas, a miúdo salgados, así como á acumulación de sal nelas.

Especies aceptadasEditar

A continuación relaciónase unha lista das especies do xénero Haloxylon aceptadas até xuño de 2014, ordenadas alfabeticamente e indicando para cada unha o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos habituais.

CaracterísticasEditar

Son pequenas árbores ou arbustos con caules articulados, fráxiles, e follas opostas reducidas. As flores nacen en pólas curtas na parte inferior das pólas máis vellas, cun par de bractéolas máis ou menos membranosas, solitarias, nas axilas das brácteas. Segmentos do perianto membranosos, libres, con guedellas de pelos basais, desenvolvendo ás nos froitos.[3]

NotasEditar

  1. Haloxylon Bunge ex Fenzl no Real Xardín Botánico de Kew.
  2. Haloxylon en PlantList Consultada o 13 de abril de 2020.
  3. 3,0 3,1 "Haloxylon". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 13 de abril de 2020. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • The International Plant Names Index Haloxylon.
  • Bunge, Alexander Andrejewitsch (Aleksandr Andreevic, Aleksandrovic) von - ?, 1851: Ledeb. Fl. Ross. 3: 819.