Gymnophiona ou Apoda é unha orde de anfibios que inclúe cerca de 150 especies, distribuídas por 6 familias. Estes anfibios son típicos do hemisferio sur, estando ben representados no sueste asiático e en América do Sur.

Gymnophiona
Rango fósil: Xurásico – Actualidade

Dermophis mexicanus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Subclase: Lissamphibia
Orde: Gymnophiona
Müller, 1832
Distribución de Gymnophiona (en verde)
Distribución de Gymnophiona (en verde)

Distribución de Gymnophiona (en verde)
Familias

Características editar

Os ximnofióneos caracterízanse pola ausencia de patas e parécense ás miñocas e cobras. Son vertebrados, o que os separa dos anelídeos, e non teñen escamas. A maioría das especies vive enterrada no solo e permanece pouco estudada polos zoólogos.

Estes anfibios son réptiles da familia Typhlopidae. Algunhas especies non posúen ollos, outras si, inda que xeralmente pouco desenvolvidos. A maior parte destes anfibios teñen poucos centímetros de lonxitude, mais hai especies que atinxen 1,5 metros. Teñen dous pequenos tentáculos na cabeza que, como nariz, teñen funcións olfactivas. A respiración faise por pulmóns, mais tamén absorben osíxeno por medio da pel e da boca. Os ximnofióneos son o único grupo de anfibios con fecundación interna. Cerca do 75% das especies son vivíparas e dan á luz crías xa desenvolvidas. Son animais esencialmente terrestres.

Os ximnofióneos son principalmente acastañados ou verdellos, pero algunhas especies asiáticas son bastante coloridas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

En inglés editar