Gyalideopsis chicaque
Gyalideopsis chicaque | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Gyalideopsis chicaque Moncada & Lücking (2011) |
Gyalideopsis chicaque é unha especie de lique da familia Gomphillaceae. Está presente a unha altitude de 2.300 metros na Cordilleira Oriental dos Andes de Colombia, e foi descrita por vez primeira por Bibiana Moncada e Robert Lücking en 2011.[1]
Etimoloxía
editarO epíteto da especie fai referencia ao Parque Natural Chicaque.[1] O parque atópase a 30 minutos da capital colombiana, Bogotá.[2] O nome Chicaque provén da lingua muisca, lingua do pobo homónimo que habitou a área antes da conquista española e quere dicir "a nosa loita".[3]
Hábitat
editarO lique só se coñece por unha colección única mais ben desenvolvida que se atopa nunha selva de montaña sobre solo compactado no Parque Natural Chicaque, Altiplano Cundiboyacense en San Antonio del Tequendama, no departamento de Cundinamarca.
Descrición
editarGyalideopsis chicaque caracterízase polos seus ascocarpos pequenos, amplamente sésiles, de cor marrón escuro que carecen de pruina e ascosporas moi pequenas e submuriformes. Non hai especies semellantes que medran na rocha ou no chan.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lumbsch T, Ahti T, Altermann S, Arup U, Kärnefelt I, Thell A, et al. (2011). "One hundred new species of lichenized fungi: a signature of undiscovered global diversity" (PDF). Phytotaxa 18 (1): 1–127 (see p. 64).
- ↑ Official website Chicaque
- ↑ Chicaque reina en la niebla - El Tiempo
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Colombia |