Gustavo Nieves

atleta español

Gustavo Nieves Campello, nado o 9 de marzo de 1982 en Vilalba, é un atleta galego.

Modelo:BiografíaGustavo Nieves

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Vilalba, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
2012Xogos Paralímpicos de Londres 2012 Editar o valor en Wikidata

Twitter: GusNieves Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Ao pouco de nacer emigrou cos seus pais a Alemaña e volveu aos cinco anos. Xogador de fútbol cando mozo, estivo no Sárdoma de categoría xuvenil, e chegou a probar co Celta de Vigo. Ao perder inesperadamente a vista aos 17 anos deixou ese deporte e trocouno polo atletismo[1][2]. A súa categoría como invidente é a T12, que se refire a atletas de carreiras, no seu caso de fondo, que son capaces de ver formas e luces a curta distancia.

Comezou no atletismo no Celta, co que participou nos Xogos de Sydney no ano 2000. Alí quedou sexto na final de 10.000 metros en T12. Estudante de enxeñería de minas na Universidade de Vigo dende 2004, a súa traxectoria como atleta quedou nun segundo plano para dedicarse á súa carreira profesional. A partir de 2007 regresa a probas de nivel nacional e en 2008 participa na Liga de Clubs co Celta, en Segunda División masculina, competindo no 3.000, e obtén a medalla de bronce nos campionatos galegos de atletismo, na proba de 5.000. Ese ano tamén obtén a medalla de ouro dos campionatos de España na categoría T12, e nesa proba tamén participa por segunda vez nuns Xogos Paralímpicos, os de Pequín.

Ao ano seguinte, en 2009. En 2009 fichou pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra e mudou de adestrador, para pasar ás ordes de Pablo Díaz. Co club pontevedrés proclamouse campión galego de 3.000m e subcampión de 10.000, e participou na Liga de Clubs, pero desta vez en División de honra. Volveu a repetir o subcampionato galego de 10.000, pero o seu maior éxito foi a participación nos Campionatos de Europa de Para-atletismo, onde se proclamou campión de Europa dos 10.000 e dos 5.000, e subcampión de 1.500, sempre na categoría T12[1][3]. Ademais, estableceu o récord do mundo de 10.000m ese mesmo ano, nunha proba celebrada en Santiago de Compostela [4], récord que aínda ostenta.

En 2010 bateu por dúas veces o récord mundial de 10.000 (T12)[5], quedou campión galego e 17º no campionato de España. En 2011, logo de obter o subcampionato galego de 5.000 lesionouse no metatarso e perdeu gran parte da temporada. En 2012 proclamouse campión paralímpico de España en 5.000, e ao sufrir de tendinite non participou nos Campionatos de Europa e centrouse nos Xogos Paralímpicos de Londres. Na capital británica finalizou cuarto na distancia de 5.000m (T12)[6].

Ao ano seguinte, en xullo de 2013, participou nos Campionatos do Mundo de Para-Atletismo, que se celebraron en Lión, nas disciplinas de 5.000 e 10.000m.

  1. 1,0 1,1 "Gustavo Nieves, campeón europeo de 10.000 con récord del mundo". La Voz de Galicia. 13/6/2009. Consultado o 7/7/2013. 
  2. Nino Soto (3/3/2012). "Una medalla para coronarse". La Voz de Galicia. Consultado o 7/7/2013. 
  3. "Dacal, Okutu y Nieves ya empiezan a soñar con las Olimpiadas de Londres" (en (en castelán)). Spain: La Voz de Galicia. 23/9/2009. Consultado o 7/7/2013. 
  4. "Gustavo Nieves establece un nuevo récord mundial paralímpico en el gallego de 10.000 metros". La Voz de Galicia. 6/4/2009. Consultado o 7/7/2013. 
  5. "Gustavo Nieves tardó 40 días en batir su propio récord mundial de 10.000". La Voz de Galicia. 24/5/2010. Consultado o 7/7/2013. 
  6. "Biografías". Comité Paralímpico Español. 2012. Arquivado dende o orixinal o 26/12/2013. Consultado o 2/7/2013.