Gustavo Leonardi

entomólogo italiano


Gustavo Leonardi, nado en Civezzano, Tirol do Sur, Imperio Austro-Húngaro (hoxe na provincia autónoma de Trento) o 27 de febreiro de 1869, e finado en Ventimiglia (Imperia) o 25 de agosto de 1918, foi un entomólogo italiano.[1]

Infotaula de personaGustavo Leonardi
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1869 Editar o valor em Wikidata
Civezzano, Tirol do Sur, Imperio Austro-Húngaro
(hoxe na provincia autónoma de Trento)
Morte25 de agosto de 1918 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Ventimiglia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalLicenciado en Ciencias Naturais
EducaciónUniversidade de Padua Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónentomólogo, fitopatólogo
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGiulia Mennillo
FillosAchille
PaisGiovanni Leonardi  e Anna Magrograssi di Salò

Traxectoria editar

Fillo do farmacéutico Giovanni Leonardi e da súa esposa Anna Magrograssi di Salò, fixo os seus primeiros estudos na escola elemental de Civezzano, pasando a Rovereto para facer os estudos secundarios. Matriculouse en Ciencias Naturais na Universidade de Padua, na que se graduou en 1893. Despois dalgúns anos de investigacións na Universidade de Padua foi chamado á Universidade de Portici, en Nápoles, como profesor axudante. Alí casou con Giulia Mennillo, coa que tivo un fillo, Achille. Gustavo permaneceu en Nápoles até 1914, cando se trasladou a Ventimiglia, onde traballou como fitopatólogo até a súa morte.[1]

Dedicouse ao estudo dos ácaros, á cría de vermes da seda e á apicultura. Pero alcanzou sona mundial polo estudo das cochinillas, desde os puntos de vista sistemático, morfolóxico e biolóxico. Recolleu unha gran cantidade de espécimes, de Italia, Arxentina e África, que estudou, sistematizou e ilustrou, que se converteu na base das súas 46 publicacións.[1]

A súa obra principal foi a Monografia delle Cocciniglie italiane, na que describiu 50 xéneros e 147 especies de cochinillas. É unha obra minuciosa, rica en detalles e arrequecida con ilustracións a man en gran parte orixinais. A obra foi publicada postumamente, en 1920.[1]

Publicou oitenta traballos sobre insectos nocivos. Con Agostino Lunardoni (1857-1933), publicou un importante tratado sobre os insectos nocivos de Italia (en catro volumes desde 1889 até 1901).

A Leonardi débese a descrición de varias especies de cochinillas, entre elas Kermes bacciformis, en 1908.

A Universidade norteamericana de Minnesota publicou en 2012 algúns dos seus principais traballos como evidencia da vixencia actual dos estudos de Gustavo Leonardi. Localmente é difícil atopar algún recordo deste estudoso. Quizais o feito de operar en Italia nun período no que o Trentino seguía ligado ao Imperio Austro-Húngaro contribuíu ao esquecemento temperán da súa memoria.[1]

Abreviatura editar

A abreviatura Leonardi emprégase para recoñecer a Gustavo Leonardi como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Cesare Conci & Roberto Poggi (1996): "Iconography of Italian Entomologists, with essential biographical data". Memorie della Società entomologica Italiana, 75 : 159-382. ISSN 0037-8747
  • Leonardi, G. (1920): Monografia delle cocciniglie Italiane. Portici: Della Torre, 555 pp.
  • Leonardi, V. (2018): "Gustavo Leonardi, entomologo di fama mondiale". En vitatrentina.it (en italiano). (Consultada o 29 de xuño de 2020).