Ventimiglia

cidade e comuna italiana

Coordenadas: 43°47′25″N 7°36′30″L / 43.79028, -7.60833

Ventimiglia

Ventimiglia é unha cidade e comuna de Italia, da provincia de Imperia, na Liguria.

Panorámica de Ventimiglia

XeografíaEditar

 
Localización de Ventimiglia en Imperia
 
Vista da cidade

A cidade está situada no golfo de Xénova, a 8 km da fronteira con Francia, polo que a miúdo se alcuma "a porta occidental de Italia",[1] "a cidade fronteiriza" ou "a porta florida de Italia".[2]

Por iso mantén fortes relacións económicas e sociais coa veciña Costa Azul, como evidencian os datos do transporte, ademais de que forma parte dela desde o punto de vista puramente xeográfico.

A unha altitude media de 9 msnm, o concello ocupa unha superficie de 53,73 km². Segundo o censo en 2019 tiña 24 142 habitantes,[3], cunha densidade de poboación de 449,32 hab./km².

Evolución demográficaEditar

Gráfica de evolución demográfica de Ventimiglia entre 1861 e 2001
Fonte ISTAT - Elaboración gráfica de Wikipedia

HistoriaEditar

Ventimiglia foi a capital dunha tribo ligur que resistiu bastante tempo á dominación romana, aínda que se someteu no aoo 115 a. C. A historia de Ventimiglia é unha continua sucesión de asedios e distintos dominadores: romanos, godos, bizantinos, lombardos e xenoveses. En xeral a súa sorte estivo ligada á de Xénova.

Actualmente Ventimiglia é unha tranquila vila turística, pero tamén dedicada á agricultura e á pesca.

NotasEditar

  1. "Agenzia Liguria - Ventimiglia: la porta occidentale d'Italia". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2009. Consultado o 29 de xuño de 2020. 
  2. "Porta Fiorita". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2011. Consultado o 29 de xuño de 2020. 
  3. ISTAT

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar