Gustavo IV Adolfo de Suecia

(Redirección desde «Gustavo IV de Suecia»)

Gustavo IV Adolfo, nado en Estocolmo o 1 de novembro de 1778 e finado en Sankt Gallen, Suíza, o 7 de febreiro de 1837, foi rei de Suecia, da casa Holstein-Gottorp.

Modelo:BiografíaGustavo IV Adolfo de Suecia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1778 Editar o valor en Wikidata
Palácio Real de Estocolmo, Suecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de febreiro de 1837 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Sankt Gallen, Suíza Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRiddarholmskyrkan Editar o valor en Wikidata
Rei de Suecia
29 de marzo de 1792 – 29 de marzo de 1809
← Gustavo III da Suécia (pt) TraducirCarlos XIII da Suécia (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1700 Editar o valor en Wikidata - 1799 Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDuke of Holstein-Gottorp (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFrederica de Baden (1797, 1797–1812), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosGustavo da Suécia, Sofia da Suécia, Charles-Gustave de Suède, Schweden, Prinzessin Amalie, Cecília da Suécia Editar o valor en Wikidata
PaisGustavo III da Suécia Editar o valor en Wikidata  e Sofia Madalena da Dinamarca Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlos Gustavo, Duque de Småland Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir, lang: lingua sueca
The Nuttall Encyclopædia >>>:Gustavus IV. Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Holstein-Gottorp-22 Find a Grave: 8509096 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Era o fillo de Gustavo III de Suecia e Sofía Madalena de Dinamarca.

Segundo se alega, Gustav Adolf era o fillo biolóxico do conde Adolph Frederic Munck de Fulkila, pero isto nunca foi probado. Disque o conde recibiu o encargo de lle facer un fillo ó rei, xa que este seica tiña outras inclinacións. Estes rumores non lle impediron a Gustavo III tomar parte activa na educación do seu herdeiro, que estaba baixo a titoría de Nils von Rosenstein. En agosto de 1796 o seu tío, o rexente Carlos XIII de Suecia, duque de Sudermannia, visitou San Petersburgo para arranxar un casamento entre o xove rei e a neta de Catarina II de Rusia, a gran duquesa Alexandra. A voda foi entón fixada para o 22 de setembro, cando se atopou co obstinado rexeitamento de Gustavo a permitirlle á súa futura noiva a liberdade de culto segundo o rito ortodoxo, un desaire que indubidablemente acelerou a morte da emperatriz rusa. Ninguén parece ter sospeitado daquela que serios desaxustes mentais estaban na raíz da anormal devoción de Gustavo. Pola contra, houbo moitos que prematuramente se felicitaron porque agora Suecia non tiña factores perturbadores, agás un económico, o temor a Deus, a compartir co monarca.

Política

editar

A pronta destitución do xeralmente detestado Gustaf Adolf Reuterholm aumentou aínda máis a súa popularidade. O 31 de outubro de 1797 Gustavo casou con Frederica, filla de Charles Frederik, gran duque de Baden, un matrimonio que podería ter levado a unha guerra con Rusia de non ser polo fanático odio por Francia compartido polo emperador Paulo de Rusia e por Gustavo IV Adolfo, que serviu de nexo de unión entre eles. De feito o pavor do rei ó xacobismo era mórbido na súa intensidade, e levouno a adoptar toda clase de medidas reaccionarias e a pospoñer a súa coroación durante algúns anos, así como a convocar unha dieta; pero a desorde financeira, causada en parte pola guerra continental e en parte polas pésimas colleitas de 1798 e 1799, obrigouno a convocar os Estados en Norrköbing en marzo de 1800 e o 3 de abril Gustavo foi coroado.

Golpe de Estado

editar

O seu reinado estaba destinado a acabar mal, e en efecto, tivo un final abrupto. As súas políticas levan a Suecia á guerra, primeiro con Francia e despois con Rusia, que comportou a perda de Finlandia. Esta perda representaba un terzo do territorio sueco e precipitou o arresto do rei o 13 de marzo de 1809 que foi finalmente levado a cabo a través dunha conspiración de oficiais do exército occidental, encabezado por Adlersparre, os Anckarsvärd e Adlercreutz, que marcharon rapidamente dende Escania ata Estocolmo. O 13 de marzo de 1809 sete dos conspiradores entraron no cuarto do rei sen anunciarse, prenderon ó rei, e conducírono ó castelo de Gripsholm; o duque Carlos III de Suecia foi axiña persuadido a aceptar o liderado dun goberno provisional, que foi proclamado ese mesmo día, e a dieta, convocada de urxencia, aprobou solemnemente a revolución.

Abdicación

editar

O 29 de marzo Gustavo, para preservar a coroa para o seu fillo, abdicou voluntariamente; pero o 19 de maio o Riksdag, dominado polo exército sueco, declarou que tanto Gustavo como a súa familia perdían tódolos dereitos ó trono. O 5 de xuño o duque rexente foi proclamado rei co nome de Carlos XIII, despois de aceptar a nova constitución liberal sueca, que foi ratificada pola dieta ese mesmo día. En decembro Gustavo e a súa familia foron exiliados a Alemaña. No exilio Gustavo usou moitos títulos, Conde Gottorp, Duque de Holstein-Eutin, e finalmente asentouse en Sankt Gallen, Suíza, onde en grande soidade e indixencia, o 7 de febreiro de 1837, baixo o nome de Coronel Gustafsson, sufriu un derramo cerebral e morreu. Baixo suxestión do rei Óscar II de Suecia os seus restos foron levados a Suecia e enterrados no Riddarholmskyrkan.

Familia

editar

En 1797 casou con Federica de Baden (1781-1826), coa que tivo cinco fillos.

  1. Gustavo Gustafsson de Vasa (1799-1877)
  2. Sofía Wilhelmina de Vasa (1801-1865)
  3. Carl Gustav (1802-1805)
  4. Amalia María Carlota (1805-)
  5. Cecilia (1807-)

O seu fillo Gustav quixo servir como oficial dos Habsburgo de Austria, pero nunca quixo ter un fillo propio. Sofia Wilhelmina quixo casar con Leopoldo de Baden, (a súa antepasada Vitoria de Bade casara con Gustavo V de Suecia, da casa Bernadotte). Alá polo 1812, Gustavo Adolfo divorciouse e pouco despois tivo moitas amantes, entre elas María Schelegel, que lle deu un fillo, Adolf Gustafsson.

Véxase tamén

editar