Gustave Guillaume

lingüista francés

Gustave Guillaume, nado en París o 16 de decembro de 1883 e finado na mesma cidade o 3 de febreiro de 1960, foi un lingüista francés.

Gustave Guillaume
Nacemento16 de decembro de 1883
Lugar de nacementoParís
Falecemento3 de febreiro de 1960
Lugar de falecementoParís
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónlingüista
PremiosVolney Prize
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Autodidacta, foi descuberto en 1909 por Antoine Meillet, quen o animou a procurar novas vías dentro da lingüística. A principal contribución de Guillaume foi a elaboración da teoría do psicosistema, máis coñecida como guillaumismo e considerada unha disciplina precursora da psicolingüística. Tamén foi coñecida como psicomecánica e é talvez a teoría lingüística francesa con máis vocación de internacionalidade.

ObraEditar

Publicou libros sobre ciencia da linguaxe' e morfosintaxe. A súa obra con maior repercusión:

  • Temps et verbe. Théorie des aspects, des modes et des temps (Tempo e verbo, teoría dos aspectos, os modos e os tempos, 1929).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar