Guntimil, Guntimil, Xinzo de Limia
Guntimil é un lugar da parroquia de Guntimil, no concello ourensán de Xinzo de Limia, na Comarca da Limia. No ano 2022 tiña 41 habitantes, dos cales 23 eran homes e 18 mulleres.[1]
Guntimil | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Guntimil | |
Parroquia | Guntimil |
Concello | Xinzo de Limia |
Coordenadas | 42°01′07″N 7°45′31″O / 42.0185261, -7.7587328Coordenadas: 42°01′07″N 7°45′31″O / 42.0185261, -7.7587328 |
Poboación | 41 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Situación
editarA aldea atópase ao pé do monte do Castelo e a uns cinco quilómetros da vila de Xinzo de Limia. Ó seu arredor están as aldeas de Gudes, Mosteiro e Lamas.
Patrimonio
editarEn Guntimil pódese observar como principal monumento a igrexa de San Xoán, unha das 9 igrexas que se conservan no concello de Xinzo de Limia e son un referente de arte románica da Limia. Grazas a unha inscrición situada a carón da porta lateral, coñécese a súa data de modificación e ampliación da nave que é en 1617.
Tamén conta cun pazo tradicional, que a día de hoxe están restaurando para alugar como casa rural para turistas e co antigo forno que xa non se lle da uso pero que se conserva como monumento antigo.
Economía
editarA economía da poboación baséase principalmente na gandaría xa que hai diversas granxas de ovellas e porcos, máis unha industria do sector da maquinaria e a metalurxia. Tamén unha pequena parte da poboación son serradores.
Festas
editarAs festas parroquiais celébranse na fin de semana máis próxima ao 24 de xuño, día de san Xoán. O sábado faise unha sardiñada no campo da festa, acompañada de música, e o domingo hai unha procesión levando os santos dende a igrexa, dando volta pola aldea do lado e ó regresar celébrase unha misa.
Lugares e parroquias
editarLugares de Guntimil
editarLugares da parroquia de Guntimil no concello de Xinzo de Limia (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Xinzo de Limia
editarNotas
editar- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 20 de febreiro de 2023.