Guillerme Alexandre dos Países Baixos

(Redirección desde «Guillerme Alexandre de Orange-Nassau»)

O rei Guillerme Alexandre Nicolás Xurxo Fernando de Orange-Nassau e Amsberg (Willem Alexander Claus George Ferdinand van Oranje-Nassau en Amsberg), nado en Utrecht o 27 de abril de 1967, é o fillo máis vello da antiga raíña Beatriz I dos Países Baixos e dende abril de 2013 o rei da monarquía holandesa, co tratamento de "A súa Maxestade o Rei dos Países Baixos".

Modelo:BiografíaA Súa Maxestade Editar o valor en Wikidata
Guillerme Alexandre dos Países Baixos

(2024) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(nl) Willem-Alexander Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Prins Willem-Alexander Claus George Ferdinand der Nederlanden, Prins van Oranje-Nassau, Jonkheer van Amsberg Editar o valor en Wikidata
27 de abril de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Centro Médico Universitario de Utrecht, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Rei dos Países Baixos
30 de abril de 2013 –
← Beatriz dos Países Baixos
Príncipe de Orange
30 de abril de 1980 – 30 de abril de 2013 – Catarina Amalia dos Países Baixos → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalacio Huis ten Bosch (1981–)
Castelo de Drakensteyn (1967–1981) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa reformada neerlandesa e Igrexa protestante nos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden - historia (1987–1993)
UWC Atlantic College - Bacharelato Internacional (1983–1985)
Real Escola Naval dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, aviador, xuíz, aristócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadePaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
Rama militarMariña Real dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Rango militarcapitán de corbeta
xeneral de brigada
líder de escuadrón
comodoro do aire
Coronel
tenente coronel
comandante
comodoro
capitán no mar
Comandante Editar o valor en Wikidata
Participou en
2 de febreiro de 2002voda de Guillerme Alexandre, príncipe de Orange, e Máxima Zorreguieta Cerruti Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos Países Baixos (2013–)
Príncipe de Orange (1980–2013)
Príncipe de Orange-Nassau (1967–)
Príncipe dos Países Baixos (1967–)
Jonkheer (1967–) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Orange-Nassau e Casa de Amsberg Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMáxima dos Países Baixos (2002–) Editar o valor en Wikidata
FillosCatarina Amalia dos Países Baixos, Alexia dos Países Baixos, Ariadna dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
PaisPrince Claus of the Netherlands Editar o valor en Wikidata  e Beatriz dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
IrmánsPrince Friso of Orange-Nassau
Constantino dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Sitio webroyal-house.nl… Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Van_Oranje-Nassau-2

O 28 de xaneiro de 2013 a raíña Beatriz anunciou a súa decisión de abdicar o 30 de abril, no trixésimo terceiro aniversario da súa investidura real, a favor do príncipe Guillerme Alexandre.[1]

Traxectoria

editar

Infancia e educación

editar
 
O príncipe de Orange en 1986.

Guillerme Alexandre Nicolás Xurxo Fernando, actual rei dos Países Baixos, é o fillo máis vello da raíña Beatriz dos Países Baixos e do seu defunto marido Nicolao. Guillerme Alexandre naceu na cidade de Utrecht e cuxos padriños foron o seu avó materno o príncipe Bernaldo de Lippe-Biesterfeld, o príncipe Fernando de Bismarck, o profesor Dr. Jelle Zijlstra, a súa avoa paterna a baronesa Augusta Xulia de Amsberg, a raíña Margarida II de Dinamarca (naquel momento princesa herdeira) e Renee Smith. Ao reinar a súa nai, recibiu o título honorífico de príncipe de Orange, que reciben os herdeiros ao trono dos Países Baixos.

Foi educado nunha escola protestante en A Haia, onde se relacionou con nenos da súa idade de todos os contextos sociais. Tamén asistiu ao centro educativo United World College of the Atlantic en Gales antes de asistir á universidade. Foi educado en asuntos de Estado para preparalo para ocupar o trono holandés. Obtivo unha licenciatura en historia da Universidade de Leiden e posteriormente un máster en historia en 1993;[2] está interesado en proxectos de administración internacional da auga.

Neste sentido, desde 2006 preside a xunta asesora de Augas e Servizos da Secretaría Xeral da ONU.

Carreira e deberes reais

editar

O rei Guillerme Alexandre é un membro honorario da Comisión Mundial da Auga para o século XXI e patrón da Global Water Partnership, un organismo creado polo Banco Mundial para a vixilancia e uso racionado dos recursos hídricos.

O Rei é membro do Raad van State, o Consello de Estado dos Países Baixos e o máis alto organismo executivo do goberno holandés. Como parte dos seus deberes reais, dispón dunha posición de brigadier no exército holandés, de comandante na Armada e como comodoro na Forza Aérea. Foi o líder do Comité Olímpico Holandés ata 1998, cando foi nomeado membro do Comité Olímpico Internacional (COI).

En representación da Coroa, o rei Guillerme Alexadnre tamén desempeña outras funcións diplomáticas e representativas.

Outras actividades

editar

O rei Guillerme Alexandre é un hábil piloto e deportista. En 1989 o entón príncipe voou como voluntario para o "African Medical Research and Education Foundation" (AMREF) en Kenya e en 1991 traballou como piloto durante un mes para o Kenya Wildlife Service.

Utilizando o nome de "Willem van Buren'", un dos apelidos menos coñecidos da Casa de Orange-Nassau, participou no maratón da cidade de Nova York,[3] onde viven a súa tía, a princesa Cristina dos Países Baixos e varios dos seus curmáns. Nos Países Baixos tomou parte na maratón de patinaxe sobre xeo das Once Cidades de Frisia.

Reinado

editar

O 30 de abril de 2013, no 33° aniversario da ascensión de Beatriz, a ata entón raíña abdicou e ás 7:00 da mañá Guillerme Alexandre e Máxima convertéronse en reis dos Países Baixos. Aínda que por orde sucesoria debería chamarse Guillerme IV, o príncipe cumpriu a súa intención de manter o seu nome Guillerme Alexandre. Foi o primeiro rei home desde había 123 anos nos Países Baixos. O seu primeiro ano foi marcado polo que o xornal De Volkskrant chamou unha silenciosa revolución en Palacio para modernizar a Casa Real.[4]

O primeiro ano de reinado de Guillerme Alexandre e Máxima foi un éxito para a maioría dos neerlandeses, quen no medio da severa crise que golpea a Europa e a economía local manteñen un sólido apoio á institución monárquica.

Por primeira vez en case 130 anos. as damas de compañía da raíña deixaron o palacio real. Cinco delas partiron. Máxima retivo, con todo, a Lieke Gaarlandt, que a acompaña desde o momento en que foi presentada aos neerlandeses antes da súa voda. Abertos ao mundo, os actuais monarcas de Orange-Nassau parecen decididos a prestar unha especial atención á mocidade.

Paralelamente, algúns aspectos da relación entre Arxentina e os Países Baixos víronse favorecidos durante este primeiro ano, por exemplo cun aumento do turismo recíproco; o embaixador neerlandés na Arxentina, Hein de Vries, explicou que o rol dos dous reis sitúase por fóra do soamente político, xa que ambos reis defenden o sentido de pertenza holandés e une ao país ao máis alto nivel, o que é fundamental nun país tan diverso.

O descontento xeral sobre o goberno de liberais e socialdemócratas (do primeiro ministro Mark Rutte) non se traspasou á Casa Real, posiblemente que é debido a que para os neerlandeses os reis son un símbolo de unificación e de identidade, que garante o seu sentido de pertenza.

Nos Países Baixos, o Estado financia, ademais do salario, todos os gastos da Casa Real, o que inclúe palacios, viaxes en avión, persoal etc., o que ascende a 4 millóns 500 mil euros ao ano [cando?].

Matrimonio

editar

O 2 de febreiro de 2002, casou con Máxima Zorreguieta Cerruti (nada o 17 de maio de 1971), unha muller arxentina de antepasados españois e italianos, que antes do seu matrimonio traballara como axente de investimentos en Nova York. A elección da súa esposa, como foi habitual nas últimas décadas na familia real holandesa, causou certa controversia.

Como todos os monarcas neerlandeses, o rei Guillerme Alexandre é un membro nominal da Igrexa reformada neerlandesa, pero ao contrario do que ocorrera cando a súa tía, a princesa Irea dos Países Baixos, casou co príncipe Carlos Hugo de Borbón-Parma, de relixión católica, a cuestión relixiosa non tivo excesiva importancia, salvo debates pasaxeiros e as críticas dos sectores protestantes máis radicais.

En cambio, causou maior controversia que o pai de Máxima, Jorge Horacio Zorreguieta Stefanini, fora un membro civil do réxime do ditador arxentino Jorge Rafael Videla. En razón da polémica causada, Jorge Zorreguieta decidiu non acudir á voda real cando representantes do Primeiro Ministro neerlandés, Wim Kok, pedíronlle que non asistise.

O rei é un descendente directo da princesa Ana de Orange, a filla máis vella do rei Xurxo II de Gran Bretaña. Con todo, debido ao Acta de 1701 o rei Guillerme Alexandre renunciou aos seus afastados dereitos de sucesión ao trono británico debido ao seu matrimonio cunha católica.[5]

Ata a decembro de 2015, o rei Guillerme Alexandre e a súa dona a raíña Máxima tiveron tres fillas:

O rei Guillerme Alexandre e a súa familia residen nunha casa en De Horsten en Wassenaar.

  1. La Voz de Galicia, ed. (29 de xaneiro de 2013). "Beatriz de Holanda abdica no seu fillo Guillerme Alexandre". 
  2. "Príncipe Guillerme, un experto en Historia para el trono de Holanda". 28/01/2013 19:27 horas. Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  3. Han. "FAQ: eleven facts about the Eleven Cities Race | Radio Netherlands Worldwide". Radio Netherlands Worldwide. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2013. Consultado o 4 de outubro 2012. 
  4. "Un año de cambio". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015. 
  5. http://nos.nl/artikel/2027224-willem-alexander-maakt-nu-kans-op-de-britse-troon.html

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Beatriz dos Países Baixos
 
Rei dos Países Baixos

Desde o 30 de abril de 2013
Sucesor:
No cargo