Guerra das volantas

A Guerra das volantas, tamén chamada Guerra do bonito, foi un conflito pesqueiro ou guerra entre artes de pesca que enfrontou a frota boniteira de Galiza, Asturias, Cantabria e Euskadi e barcos boniteiros de Francia durante a campaña do verán de 1994. A orixe deste conflito foi o emprego das volantas ilegais polos barcos franceses, provocando o temor da frota do norte peninsular, que usaba artes de pesca tradicionais. A frota boniteira artesanal reclamaba a prohibición deste tipo de redes por parte da Unión Europea.

La Gabrielle en Burela.
Medindo as redes de La Gabrielle.
Burela durante o incidente.

Antecedentes e causasEditar

O uso de redes de deriva na pesca do bonito en Europa remóntase á década dos 70, cando barcos de Francia, Inglaterra e Irlanda abandonan as artes de pesca tradicionais. Debido ao seu forte impacto medioambiental e as protestas de sectores ecoloxistas, a Unión Europea, nunha normativa de 1991, limita a súa lonxitude a 2,5 km. Aos mariñeiros franceses concedéuselles unha moratoria até 1994, en que se terían que adaptar á nova normativa. Porén, durante a costeira dese verán os boniteiros do norte peninsular denunciaron reiteradamente o emprego de redes ilegais dos barcos franceses. A frota do mar Cantábrico que empregaba os métodos de cacea ou cebo vivo, denunciaba que eran artes incompatíbeis. En paralelo, grupos ecoloxistas como Greenpeace inician unha campaña contra ese tipo de métodos e poñen en evidencia a inoperatividade dos organismos europeos para facer cumprir a súa propia normativa.

ConflitoEditar

O conflito trasladouse ao mar e ao longo dos días sucedéronse os incidentes entre as distintas frotas. A tensión entre as frotas ía crecendo e acadou o clímax co apresamento do volanteiro francés La Gabrielle o 16 de xullo a 700 km de Estaca de Bares. Escoltado por 300 boniteiros, foi remolcado ao porto de Burela, ignorando as advertencias dunha patrulleira da Armada Española. Con esta acción pretendíase demostrar o uso de redes ilegais por parte da frota francesa, ao ser inspeccionados por funcionarios da Comunidade Europea. Perante o abandono de inspectores e responsábeis de pesca españois do porto burelao, levantou acta do achado de redes de 3,5 quilómetros da Gabrielle un notario de Burela.

ConsecuenciasEditar

As volantas de superficie non foron prohibidas pola Unión Europea até 2002 como resultado do acordo entre os distintos países europeos.

Galería de imaxesEditar