Guerra camboxano-vietnamita

A guerra camboxano-vietnamita (en khmer: សង្គ្រាមកម្ពុជា-វៀតណាម; Sângkréam Kâmpŭchéa-Viĕtnam; en vietnamita: Chiến dịch Phản công Biên giới Tây-Nam), coñecida en Vietnam como contraofensiva na fronteira suroeste (en vietnamita: Chiến dịch Phản công Biên giới Tây-Nam), e polos nacionalistas camboxanos como invasión vietnamita de Camboxa (en khmer: ការឈ្លានពានរបស់វៀតណាមមកកម្ពុជា, Karchhléanpéan rôbâs Viĕtnam môk Kâmpŭchéa), foi un conflito armado entre a Kampuchea Democrática, controlada polos Khmer vermellos de Pol Pot, e a República Socialista de Vietnam. A guerra comezou con ataques repetidos do Exército de Liberación de Kampuchea na fronteira suroeste de Vietnam, particularmente no masacre de Ba Chúc que resultou na morte de máis de 3.000 civís vietnamitas.[1] O 23 de decembro de 1978, 10 das 19 divisións militares dos Khmer vermellos abriron fogo ao longo da fronteira suroeste compartida con Vietnam[2] co obxectivo de invadir as provincias vietnamitas de Đồng Tháp, An Giang e Kiên Giang.[3] O 25 de decembro de 1978, Vietnam lanzou unha invasión a grande escala de Kampuchea, e posteriormente ocupou o país e eliminou o derrocou ao Partido Comunista de Kampuchea do poder.

  1. "A Terrible Conflict – The Cambodian-Vietnamese War". War History Online. 4 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 7 de outubro de 2022. Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  2. en.qdnd.vn (ed.). "Part 3: Collapse of the genocidal regime - A joint victory of Vietnam and Cambodia". Consultado o 20 de setembro de 2023. 
  3. vufo.org.vn (ed.). "Cuộc chiến đấu bảo vệ Tổ quốc trên biên giới Tây Nam của nhân dân Việt Nam (từ ngày 30 -4 -1977 đến 7-1-1979)". Arquivado dende o orixinal o 14-08-2023. Consultado o 20 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Albert Grandolini, Tom Cooper, & Troung (25 de xaneiro de 2004). "Cambodia, 1954–1999; Part 1". Air Combat Information Group (ACIG). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 25 de agosto de 2010. 
  • Albert Grandolini, Tom Cooper, & Troung (25 de xaneiro de 2004). "Cambodia, 1954–1999; Part 2". Air Combat Information Group (ACIG). Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2013. Consultado o 25 de agosto de 2010.