Gran Premio de Marrocos

Gran Premio de Marrocos
Plano do Circuíto
Layouts of Anfa Circuit and Ain-Diab Circuit.png
Datos
Anos disputados 13 (1 oficial)
Primeira disputa 1925, (1958 oficial)
Última disputa 1958
Localización Casablanca Marrocos Marrocos
Patrocinador principal
Lonxitude 403´754 km en 53 voltas
Marca de volta 2:22.5 (1958, Stirling Moss, Vanwall)
Piloto récord Stirling Moss (1)
Escudería récord Francia Bugatti (4)
Poles récord Mike Hawthorn (1)
Vista do Circuíto
Vista

O Gran Premio de Marrocos (en árabe: المغربي سباق الجائزة الكبرى‎) foi un Gran Premio de automobilismo iniciado en 1925 en Casablanca, Marrocos coa denominación oficial de "Gran Premio de Casablanca".

HistoriaEditar

En 1930 a carreira celebrouse no novo Circuíto de Anfa Cobrouse a vida do piloto conde Bruno d'Harcourt durante unha sesión de práctica. Todos os gañadores, de automóbiles de turismo, eran francéses ou de Mónaco.

Non houbo carreira en 1933, nin entre os anos 1935 e 1953. Cando volveu en 1954, levouse a cabo nun circuíto para automóbiles deportivos na cidade de Agadir, e o dominio francés viuse interrompido por un piloto italiano, Giuseppe Farina.

Un novo deseño en Ain-Diab preto de Casablanca, foi preparado para o Gran Premio de Marrocos de 1957 de Fórmula Un unha carreira que, aínda que non contaba para o Campionato Mundial, atraeu aos mellores pilotos de clase mundial do momento.

Ao ano seguinte, a carreira foi declarada oficial e levouse a cabo o 19 de outubro de 1958. A carreira viuse lixada pola morte de Stuart Lewis-Evans (o segundo na carreira de 1957) que morreu nun hospital de Londres a causa das queimaduras, seis días logo de estrelarse no poeirento circuíto. O seu Vanwall gripou o motor (posiblemente por mor do po) e mandouno dando tombos ás barreiras a alta velocidade, prendendo o seu coche en chamas. Este foi o último Gran Premio organizado en Marrocos.

Gañadores do Gran Premio de Gran MarrocosEditar

O fondo de cor rosa indica unha carreira que non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Ano Piloto Construtor Categoría Circuíto Resultados
1958   Stirling Moss Vanwall Fórmula 1 Ain-Diab Resultados
1957   Jean Behra Maserati Fórmula 1 Ain-Diab Resultados
1956   Maurice Trintignant Ferrari Automóbiles deportivos Agadir Resultados
1955   Mike Sparken Ferrari Automóbiles deportivos Agadir Resultados
1954   Giuseppe Farina Ferrari Automóbiles deportivos Agadir Resultados
1953
-
1935
Non celebrado
1934   Louis Chiron Alfa Romeo Automóbiles de turismo Anfa Resultados
1933 Non celebrado
1932   Marcel Lehoux Bugatti Automóbiles de turismo Anfa Resultados
1931   Stanisław Czaykowski Bugatti Automóbiles de turismo Anfa Resultados
1930   Charles Bénitah Amilcar Automóbiles de turismo Anfa Resultados
1929 Non celebrado
1928   E. Meyer Bugatti Automóbiles de turismo Casablanca Resultados
1927   G. Roll Georges Irat Automóbiles de turismo Casablanca Resultados
1926   R. Meyerl Bugatti Automóbiles de turismo Casablanca Resultados
1925   Comte de Vaugelas Delage Automóbil de turismo Casablanca Resultados