Gran Peña Fútbol Club
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Gran Peña Fútbol Club, coñecido como Gran Peña, é un club galego de fútbol que naceu en 1926 no que daquela era concello de Lavadores, e que dende a década de 1940 se asocia coa parroquia viguesa de Lavadores. Na actualidade xoga no grupo V da Primeira Autonómica.
Gran Peña | |||
---|---|---|---|
Nome | Gran Peña Fútbol Club | ||
Fundación | 1926 | ||
Estadio | Barreiro, Vigo, Galicia | ||
Capacidade | 4.500 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Primeira Autonómica | ||
2011–12 | 16º (Preferente) | ||
Patrocinador | FEYJU Galicia SL | ||
Páxina web | Páxina web | ||
| |||
O Gran Peña nunca tivo campo de seu, e xogou no campo da Florida, Balaídos, Coia, e na actualidade xoga no Municipal de Barreiro.
HistoriaEditar
O Gran Peña fundouse en 1926 da man dunha directiva presidida por Manuel Méndez e á que pertencían tamén membros dos que uns meses despois serían os fundadores do Turista. Nos primeiros anos, ao non contar con campo de fútbol de seu e valado, xoga nunha liga de non federados, con equipos clásicos da cidade, como o Alerta Traviesas, o Atalante ou o ementado Turista. Neses primeiros anos trinta o fútbol consistía na disputa de copas locais, que congregaban a gran cantidade de público.
Durante a Guerra a sede social do Gran Peña foi ocupada pola Falanxe e algúns dos seus xogadores faleceron. Pero a partir de 1940 comeza a recuperarse o funcionamento do club. En 1943 xa ingresa na competición ligueira federada (Serie A de Galicia). En 1955 consegue o seu primeiro ascenso a Terceira, logo de proclamarse campión do seu grupo de Serie A. Despois de máis dunha década en Terceira, descende, pero en 1971 asina un convenio de filiación co Celta de Vigo, e ao final desa tempada ascende de novo. Nos anos vindeiros o equipo fai de ascensor entre as dúas categorías, e en 1980 rexeita un acordo co Celta de subordinación ao club celeste, co que mantén a súa independencia.
En 1986 prodúcese un intento de fusión co Turista, e de dependencia co Celta, auspiciado polo daquela alcalde da cidade Manoel Soto[1], e polo que entra en xogo a compra do campo de fútbol por parte do concello de Vigo. Finalmente o acordo non se produce co Gran Peña, e si co Turista, o que implica que o Gran Peña non pode volver a xogar en Barreiro. Como consecuencia prodúcense manifestacións cidadás, cortes de rúas etcétera. Tamén como resultado rómpese o acordo de filiación co Celta.
Mellores resultadosEditar
- En 1957 proclámase por primeira vez campión da Copa Galicia de fútbol ao derrotar o Lugo en tres partidos.
- En 1981 elimina o Racing de Santander na segunda eliminatoria da Copa do Rei, nos penaltis, e logo de empatar a cero goles tanto no Sardinero como en Balaídos. Despois caería eliminado polo Elx.
Nomes do clubEditar
- Club Gran Peña (1926-1971)
- Club Gran Peña Celtista (1971-1988)
- Gran Peña Fútbol Club (A partir de 1988)
Datos do clubEditar
Historial na ligaEditar
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1943 a 1955 | Serie A | — |
1955/56 | Serie A | 1º |
1956/57 | 3ª | 9º |
1957/58 | 3ª | 3º |
1958/59 | 3ª | 6º |
1959/60 | 3ª | 9º |
1960/61 | 3ª | 10º |
1961/62 | 3ª | 13º |
1962/63 | 3ª | 11º |
1963/64 | 3ª | 13º |
1964/65 | 3ª | 5º |
1965/66 | 3ª | 14º |
1966/67 | 3ª | 8º |
1967/68 | 3ª | 5º |
1968/69 | 3ª | 10º |
1969/70 | 3ª | 13º |
1970/71 | Serie A | — |
1971/72 | Serie A | — |
1972/73 | 3ª | 17º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1974/75 | 3ª | 17º |
1975/76 | Preferente | — |
1976/77 | 3ª | 19º |
1977/78 | 3ª | 5º |
1978/79 | 3ª | 5º |
1979/80 | 3ª | 18º |
1980/81 | 3ª | 3º |
1981/82 | 3ª | 5º |
1982/83 | 3ª | 5º |
1983/84 | 3ª | 5º |
1984/85 | 3ª | 7º |
1985/86 | 3ª | 4º |
1986/87 | 3ª | 8º |
1987/88 | 3ª | 11º |
1988/89 | 3ª | 8º |
1989/90 | 3ª | 7º |
1990/91 | 3ª | 9º |
1991/92 | 3ª | 12º |
1992/93 | 3ª | 19º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1993/94 | Preferente | — |
1994/95 | 3ª | 15º |
1995/96 | 3ª | 14º |
1996/97 | 3ª | 7º |
1997/98 | 3ª | 11º |
1998/99 | 3ª | 18º |
1999/2000 | Preferente | — |
2000/01 | Preferente | — |
2001/02 | Preferente | — |
2002/03 | Preferente | — |
2004/05 | Preferente | — |
2005/06 | Preferente | — |
2006/07 | Preferente | 3º |
2007/08 | Preferente | 1º |
2008/09 | 3ª | 20º |
2009/10 | Preferente | 12º |
2010/11 | Preferente | 10º |
2011/12 | Preferente | 16º |
2012/13 | 1ª Autonómica |
Xogadores de sonaEditar
NotasEditar
- ↑ Historia detallada de la maniobra de despojo del campo de Barreiro[Ligazón morta]. Páxina web do club