Gran Khorasán

Rexión histórica de Persia

O Gran Khorasán ou Antigo Khorasán (en farsi خراسان کهن یا خراسان بزرگ) é o nome convencional que se lle dá á rexión histórica do Khorasán, do Grande Irán, mencionada en fontes sasánidas e islámicas, que abarcaba non só as actuais tres provincias do Khorasán iraniano,[1] senón que tamén incluía partes de Afganistán, Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán.[2]

Modelo:Xeografía políticaGran Khorasán
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°N 62°L / 36, 62Coordenadas: 36°N 62°L / 36, 62
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por

Territorios durante o Califato en 750. O Khorasán formaba parte de Persia (en amarelo).

O nome de rexión do Khorasán aparece no século VII, nome co que os árabes designaban ás terras do leste iraniano. Non estaba ben definida, e podía chegar de feito até o Indo e o Sind. Moisés de Khorén, o historiador armenio, sitúa o Khorasán entre Gurgan e Kumis ao oeste, e do Badakhshán ao Hindu Kush ao leste.

Historia editar

Durante o Imperio sasánida esta rexión do nordeste de Irán formaba unha das catro grandes satrapías provinciais gobernadas por un ispahbadh.

Co tempo só unha parte do Khorasán quedou baixo o seu poder, e á fin do Imperio o territorio se dividiu entre os sasánidas e os heftalitas. Os gobernadores locais e as dinastías tributarias chegaron a facerse independentes, de feito que, cando o Imperio sasánida se enfronta aos árabes, ao leste do Khorasán estaba a confederación heftalita, inimiga dos persas, centrada en Badghis e Tukharistán. Al-Baladuri dixo que Badghis, Herat e Pushang estaban baixo o goberno dun potentado local denominado o Azim (o Poderoso), que seguramente era un heftalita.

Os árabes herdaron a rivalidade cos hefatlitas. Desde o 644 algúns xenerais estiveron no Khorasán, que foi unha dependencia do goberno de Basora até o inicio do século VIII. Despois, unha provincia do califato nominalmente até a perda do territorio polos samánidas diante dos gaznévidas o 999.

Desde o 999, o Khorasán estivo máis de 40 anos baixo dominio gaznévida. Entre 1037 e 1040 chegaron emigrantes turcos oghuz, que se estableceron na rexión; a familia dirixente, os seléucidas, derrotaron aos gaznévidas na decisiva batalla de Dandankan (1040) e anexionaron o Khorasán aos seus dominios. Os gaznévidas quixeron recuperalo pero, despois de 10 ou 15 anos, finalmente deron a provincia por perdida.

Nishapur foi a primeira capital seléucida, pero o fundador do imperio, Toghril Beg, non tardou en trasladala a Rayy e, seguidamente, a Isfahán. O goberno do Khorasán cedeullo ao seu irmán Čaghri Beg Dawud, pero o fillo deste, Alp Arslan, herdou ao seu tío como gran sultán.

 
Mesquita "Masjid-i Jami", Afganistán, a cidade que se coñece como a Perla do Khorasán.

Á morte de Malik Shah I, fillo de Alp Arslan (1092), seguiu un tempo de inestabilidade con Barkyaruk (10931104) e Muhammad I Tapar (11051118) pero volveu a tranquilidade baixo Mu'izz ad-Din Ahmed Sanxar (11181157), que foi o primeiro gobernador e despois gran sultán e xefe da familia.

Un elemento de inestabilidade foron os turcománs establecidos na parte norte da provincia. A súa revolta ao final do reinado de Sanxar conduciu á súa captura e deposición temporal en 1153.

Posteriormente o Khorasán estivo en mans dos oghuz, de xenerais seléucidas, dos gúridos, dos khwarizmshahs, dos mongois (1220 - 1221), dos Il-khans, de dinastías locais como os sabardars até o 1381 e a dinastía Kart de Herat até o 1389, dos timúridos (1381 a 1389), da rama timúrida de Herat, dos uzbekos de Muhammad Shaybani Khan (1507 - 1510), dos safávidas (1510 - 1516), dos uzbekos outra vez en loita cos safávidas (1589 - 1715), dos afgáns, de Persia baixo Nadir Shah (1736 - 1747) e dos durranís afgáns.

Finalmente, baixo a dinastía pahlevi até a proclamación da república islámica (Khorasán Occidental) e baixo os reis de Afganistán, e despois da actual república (Khorasán oriental).[3][4][5][6]

Notas editar

  1. "Khurasan", in The Encyclopaedia of Islam.
  2. Encyclopaedia Britannica Online (ed.). "Khorasan". Consultado o 01-09-11. Rexión histórica que comprendía un vasto territorio que incluía o nordeste do actual Irán, o sur de Turkmenistán, e o norte de Afganistán. A rexión histórica estendíase, desde o norte, do Amu Darya (río Oxus) e o mar Caspio a, até o sur, desde as marxes do deserto central iraniano até as montañas do centro de Afganistán. Os xeógrafos árabes falaban de que se estendía até as fronteiras do Indostán. 
  3. Romano, Amy (2003). A Historical Atlas of Afghanistan. The Rosen Publishing Group. p. 28. ISBN 9780823938636. Consultado o 01-09-2011-. 
  4. Louis Dupree, Nancy Hatch Dupree e outros. "Last Afghan empire". Encyclopædia Britannica. Consultado o 01-09-2011. 
  5. Axworthy, Michael (2006). The Sword of Persia: Nader Shah, from Tribal Warrior to Conquering Tyrant. I. B. Tauris (London). p. 50. ISBN 1850437068. Consultado o 01-09-2011. 
  6. "Lazard, G., "Dari", Encyclopaedia Iranica". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2012. Consultado o 01 de setembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar