Gramática da lingua franca nova
Esta páxina está proposta para ser movida aos Galilibros. A razón é que o seu contido é un traballo orixinal. Se pensas que a páxina pode converterse nun artigo enciclopédico, por favor, faino e logo retira esta mensaxe. En caso contrario, podes axudar dándolle formato segundo as regras dos Galilibros antes de que se produza o traslado.
Valora a posibilidade de solicitarlle a un administrador dos Galilibros que importe esta páxina dende o proxecto irmán. |
A gramática de lingua franca nova (elefen) é unha simplificación da gramática común das linguas romances española, francesa, italiana, catalá e portuguesa. Parécese á dos crioulos das linguas romances como o haitiano, o caboverdiano, o papiamento e o chavacano.[1]
Alfabeto e pronuncia
editarAlfabeto
editarO elefen utiliza o alfabeto máis coñecido do mundo: o latino.[2]
- Minúsculas
- a b c d e f g h i j l m n o p r s t u v x z
- Maiúsculas
- A B C D E F G H I J L M N O P R S T U V X Z
K, Q, W e Y non aparecen nos nomes comúns. Utilízanse para conservar a forma orixinal dos nomes propios así como dos nomes escritos en linguas estranxeiras.[2]
Nunhas cen palabras internacionais de orixe non románica, podemos escribir W no canto de U, e Y no canto de I, para presentar unha ortografía máis fácil de recoñecer: ioga/yoga, piniin/pinyin, sueter/sweter, ueb/web. Á parte destes casos, usamos K, Q, W e Y só para conservar as formas orixinais de nomes propios e de palabras estranxeiras.[2]
O H non é común pero pódese atopar en nomes técnicos e culturais.[2]
Maiúsculas
editarA maiúscula utilízase ao principio da oración, así como nos nomes propios.[2] Cando un nome propio está formado por varias palabras, cada unha delas empeza con maiúscula, menos as palabras como la ou de:
- Persoas reais ou imaxinarias, así como animais personificados e cousas
- Maria, San Paulo, Barack Obama, Seniora Braun, Jan de Hartog, Oscar de la Renta, Mickey Mouse
- Organizacións; por exemplo: sociedades e asociacións
- Ikea, Nasiones Unida, Organiza Mundal de Sania
- Territorios políticos; por exemplo: nacións, estados e cidades
- Frans, Atina, Site de New York, Statos Unida de America
- Lugares xeográficos; por exemplo: ríos, océanos, lagos, montañas
- la Alpes, Rio Amazon, Mar Atlantica
- Letras do alfabeto
- E, N
Pero, para os títulos das obras de arte, así como das obras literarias, tan só leva maiúscula a primeira palabra (así como os nomes propios, se os contén):[2]
- Un sonia de un note de mediaestate – Soño dunha noite de verán
- La frates Karamazov – Os irmáns Karamazov
- Tocata e fuga en D minor – Tocata e fuga en re menor
Algunhas veces, como nos anuncios, as maiúsculas úsanse para SALIENTAR palabras ou frases enteiras.[2]
O elefen utiliza minúsculas onde algunhas linguas utilizarían maiúsculas:
- Días da semana
- lundi, jovedi – luns, xoves
- Meses
- marto, novembre – marzo, novembro
- Días festivos
- natal, ramadan, pascua – Nadal, Ramadán, Pascua
- Séculos
- la sentenio dudes-un – o século XXI
- Linguas e pobos
- catalan, xines – o catalán, o chinés
- Abreviacións
- lfn, pf
Nomes das letras
editarAs seguintes sílabas son os nomes das letras no discurso, por exemplo, cando se deletrea unha palabra:[2]
- a be ce de e ef ge hax i je ka el em en o pe qua er es te u ve wa ex ya ze
Os seus nomes pódense poñer en plural: as, bes, efes.[2]
Ao escribir, un pode presentar a letra tal cal, en maiúscula ou engadindo -s para o plural:[2]
- La parola “matematica” ave tre As, du Ms (pronunciada emes), e un E. – A palabra «matemática» ten tres as, dous emes e un e.
Frases
editarA maioría das frases en elefen conteñen un grupo verbal, que representa xeralmente unha acción. Un grupo verbal consiste nun verbo e nos modificadores, tales como adverbios ou grupos preposicionais.
Suxeito e obxecto
editarOs dous sintagmas nominais máis importantes son o suxeito e o obxecto. O seu sentido preciso depende do verbo, pero, grosso modo, o suxeito é o que realiza a acción, e o obxecto, o que está directamente relacionado con ela.
En elefen, o suxeito precede sempre ao verbo e o obxecto vai detrás:
- La gato xasa la scural. – O gato (suxeito) … caza (verbo) … o esquío (obxecto).
- La can dormi. – O can (suxeito) … dorme (verbo).
Nalgúns casos, por estilo ou clarificación, pódese poñer o obxecto do verbo ao comezo da frase. Nestes casos, o obxecto debe estar seguido dunha coma, e un pronome para o obxecto que é usado despois do verbo:
- La gatos, me no gusta los. – Os gatos, non me gustan eles.
A maioría dos verbos necesitan un suxeito, pero hai moitos que non necesitan un obxecto.
Complementos
editarO atributo é un elemento frecuente na frase. Trátase dun elemento descritivo complementario, o cal pode ir precedido de verbos como es (ser/estar), deveni (converterse), pare (parecer) e resta (permanecer):
- Computadores es macinas. – Os computadores (suxeito) … son (verbo) … máquinas (atributo).
- La aira pare umida. – O aire (suxeito) … parece (verbo) … húmido (atributo).
- La patatas ia resta calda. – As patacas (suxeito) … permanecen (verbo) … quentes (atributo).
- La idea es ce tu canta. – A idea (suxeito) … é (verbo) … que ti cantes (atributo: proposición).
Preposicións
editarOutro elemento importante na frase é o grupo preposicional, que necesita un substantivo ou verbo que o preceda ou o una á frase.
Me dona a tu esta poma. – Eu douche esta mazá
- Eu (suxeito)
- dou (verbo)
- che (grupo preposicional)
- esta mazá (obxecto)
Proposicións
editarAlgunhas frases conteñen tamén proposicións, que son como pequenas frases no interior da frase principal (proposicións subordinadas). Poden modificar aos sintagmas nominais, os sintagmas verbais ou a oración principal:
- La om ci ia abita asi ia vade a Paris. – O home que vive aquí foise a París.
- El va visita en julio, cuando la clima es bon. – Visitará en xullo, cando faga bo.
- On no ia permete me fa la cosas como me ia desira. – Non me deixaba facer as cousas como eu quería.
- Me pensa ce el es bela. – Penso que é bela.
Substantivos
editarOs substantivos adoitan ser introducidos por determinantes, e poden ir seguidos de adxectivos e de grupos preposicionais, para crear un grupo nominal. Os substantivos representan os obxectos físicos, tales como persoas, lugares ou cousas pero igualmente representan conceptos abstractos, similares gramaticalmente.
Plural
editarEngádese - s ao substantivo para formar o plural. Se o substantivo en singular termina en consoante, engádese -es. A terminación do plural non modifica a acentuación da palabra:
- gato, gatos – gato, gatos
- om, omes – home, homes
Os adxectivos, que modifican un substantivo, non cambian en plural. Pero se os empregamos como substantivos, débese engadir a marca de plural cando sexa necesario:
- la bones, la males, e la feas – os bos, as malas e as feas
- multe belas – moi bonitos/bonitas
Algúns substantivos, plurais noutras linguas, son singulares en elefen:
- El regarda un sisor con un binoculo. – El mira unhas tesoiras cuns prismáticos.
- On usa un bretela per suporta sua pantalon. – Utilízanse os tirantes para suxeitar os pantalóns.
- Me ia compra esta oculo de sol en Nederland. – Comprei estas lentes de sol nos Países Baixos.
Substantivos contables e non contables
editarDo mesmo xeito que en moitas outras linguas, o elefen distingue substantivos contables e incontables. Un substantivo contable pode ser modificado por un número e toma a -s do plural. Os substantivos contables representan en xeral os obxectos físicos, identificables individualmente, tales como casas, gatos ou pensamentos: Por exemplo:
- un auto; la autos; cuatro autos – un coche; os coches, catro coches
- un gato; multe gatos; un milion gatos – un gato; moitos gatos; un millón de gatos
Pola contra, os substantivos non contables non toman en xeral o - s do plural. Os substantivos non contables representan en xeral as masas sen individualidade definida, tales como líquidos (auga, zume), po (azucre, area), substancias (metal, madeira), ou calidades abstractas (elegancia, lentitude). Cando os modifican un número ou un cuantitativo, engádeselles unha unidade de medida para aclarar. Por exemplo:
- la acua; alga acua; tre tases de acua – auga; algo de auga; tres cuncas de auga
- lenio; multe lenio; du pesos de lenio – madeira; moita madeira, dous troncos de madeira
Pódense utilizar substantivos non contables como contables. Trátase de situacións particulares:
- Du cafes, per favore. – Dous cafés, por favor.
- Me ia proba multe cesos. – Probei moitos queixos.
- On no pote compara la belias de Paris e Venezia. – Non se poden comparar as belezas de París e Venecia.
Xénero
editarOs substantivos non adoitan indicar o seu xénero. Para distinguilos, utilízanse os adxectivos mas e fema:
- un cavalo mas – un cabalo
- un cavalo fema – unha egua
Con todo, para algúns nomes de parentesco, o masculino toma un -o e o feminino un -a:
- avo, ava – avó, avoa
- fio, fia – fillo, filla
- neto, neta – neto, neta
- sobrino, sobrina – sobriño, sobriña
- sposo, sposa – esposo, esposa
- tio, tia – tío, tía
- xico, xica – mozo, moza
Pero para algunhas parellas utilízanse nomes diferentes para cada sexo:
- cavalor, dama – cabaleiro, dama
- dio, diva – deus, deusa
- om, fem – home, muller
- padre, madre – pai, nai
- re, rea – rei, raíña
- senior, seniora – señor, señora
- frate, sore – irmán, irmá
O sufixo -esa é raro e serve para formar a variante feminina dalgunhas condicións sociais históricas:
- abade, abadesa – abade, abadesa
- baron, baronesa – barón, baronesa
- conte, contesa – conde, condesa
- duxe, duxesa – duque, duquesa
- imperor, imperoresa – emperador, emperatriz
- marci, marcesa – marqués, marquesa
- prinse, prinsesa – príncipe, princesa
- tsar, tsaresa – tsar, tsarina
Grupos nominais
editarUn grupo nominal consiste nun substantivo e os seus modificadores: determinantes, que preceden o substantivo, e os adxectivos e grupos preposicionais, que lle seguen.
Os dous grupos nominais principais na oración son o suxeito e o obxecto. O suxeito precede o verbo, e o obxecto séguelle. Outros grupos nominais son habitualmente introducidos por preposicións para aclarar o seu papel.
Un grupo nominal debe normalmente conter un determinante – ás veces, simplemente unha marca de plural -s. Pero esta regra non se aplica aos nomes propios, nin aos días da semana, nin aos meses nin ás linguas nin aos substantivos non contables:
- Desembre es calda en Australia. – Decembro é caloroso en Australia.
- Nederlandes es mea lingua orijinal. – O neerlandés é a miña lingua materna.
- Me gusta pan. – Gústame o pan.
Reláxase a regra cando o grupo nominal segue a unha preposición, sobre todo nas expresións fixas:
- El es la comandor de polisia. – É o xefe de policía.
- Me no gusta come bur de aracide. – Non me gusta a crema de cacahuetes.
- Nos vade a scola. – Imos á escola.
- Acel es un problem sin solve en matematica. – É un problema sen solución en matemáticas.
- Un virgula pare nesesada per claria. – Unha coma parece necesaria para aclarar.
Un adxectivo ou determinante pode ser modificado por un adverbio que o precede. Tendo en conta que son parecidos aos adxectivos, nunha enumeración, están separados por unha coma ou por e. Ao falar, é a melodía da oración a que marca a diferenza:
- Sola un poma multe putrida ia resta. – Tan só queda unha mazá podre.
- Me ia encontra un fem bela, joven, e intelijente. – Atopei unha muller bela, nova e intelixente.
Ás veces un substantivo utilízase para simbolizar un membro calquera da súa clase. Neste caso, pouco importa se se utiliza la ou un, ou se o substantivo se atopa en singular ou en plural.
- La arpa es un strumento musical. – A arpa é un instrumento musical.
- Un arpa es un strumento musical. – Unha arpa es un instrumento musical.
- Arpas es strumentos musical. – As arpas son instrumentos musicais.
Un pronome é unha variante particular dun grupo nominal. Normalmente, non se pode modificar.
Aposición
editarDinse que dous grupos nominais atópanse en aposición cando o segundo segue directamente ao primeiro e os dous representan á mesma persoa ou cousa. Na maioría dos casos, o segundo identifica a persoa ou cousa:
- la Rio Amazona – o río Amazonas
- la Mar Pasifica – o océano Pacífico
- la Isola Skye – a illa Skye
- la Universia Harvard – a Universidade de Harvard
- la Funda Ford – a Fundación Ford
- Re George 5 – O rei George V
- San Jacobo major – San Jacobo o Maior
- Piotr la grande – Pedro o Grande
- mea ami Simon – o meu amigo Simon
- la parola “inverno” – a palabra “inverno”
- la libro La prinse peti – o libro O Principiño
Os acrónimos e as letras simples poden seguir directamente a un substantivo para modificalo:
- La disionario es ance disponable como un fix PDF. – O dicionario atópase igualmente dispoñible en PDF.
- El ia porta un camisa T blu de escota V. – Ela levaba posta unha camiseta azul cun escote en V.
Ás veces, dous substantivos aplícanse por igual a un obxecto ou persoa. Nestes casos, os substantivos únense cun guión:
- un produor-dirijor – un produtor-director
- un primador-scanador – unha impresora-escáner
En todos os casos, a marca de plural (- s ou -es) aplícase a ambos os substantivos:
- la statos-membros – os estados membros
- produores-dirijores – produtores-directores
O verbo nomi (que significa “chamar/nomear”) constitúe un caso á parte:
- Nos ia nomi el Orion. – Chamámoslle Orión.
- Me nomi esta forma un obelisce. — Chamo a esta forma un obelisco.
Determinantes
editarUn determinante é unha palabra que modifica un substantivo para describir a súa identidade e a súa cantidade. Á parte da - s do plural (que é considerado como un determinante en elefen), os determinantes colócanse sempre diante do substantivo.
Existen diferentes clases de determinantes. Velaquí un exemplo tipo de cada un deles: tota, la, esta, cual, cada, mea, multe, otra.
Predeterminantes
editarTota significa “todo” ou “todos”. Indica a totalidade do substantivo que describe. Ao contrario que cada, tota trata o todo como unha unidade, e non como individuos separados:
- Tota linguas es asurda. – Todas as linguas son absurdas.
- Me va ama tu per tota tempo. – Amareiche todo o tempo.
- La lete ia vade a tota locas. – O leite foi a todas partes.
- On ia oia la musica tra tota la vila. – Escoitouse a música en todo a vila.
Ambos significa “os dous”. Pódese empregar no canto de tota, cando se di que toda a cantidade limítase a dúas. O substantivo debe estar en plural:
- Ambos gamas es debil. – As dúas pernas son débiles.
Semánticamente, tota e ambos non se diferencian dos cuantitativos, pero trátaselles como unha clase á parte pola súa sintaxe: colócanse diante de calquera outro determinante no grupo nominal, incluíndo la.
Tamén poden ser utilizados como pronomes.
Artigos
editarO elefen posúe dous artigos – o artigo determinado la, e o artigo indeterminado un. “Determinado” (ou «definido») quere dicir que o substantivo indica unha cousa xa definida, e que, en consecuencia, non se refire a nada novo.
La introduce un substantivo referíndose a algo ou alguén coñecido polo interlocutor. Utilízase nas seguintes situacións:
- Xa se mencionou a cousa:
- Me ia compra un casa. La casa es peti. – Comprei unha casa. A casa é pequena.
- O interlocutor pode adiviñar facilmente que a cousa existe:
- Me ia compra un casa. La cosina es grande. – Comprei unha casa. A cociña é grande.
- O resto da frase é suficientemente clara.
- El ia perde la numeros de telefon de sua amis. – Ela perdeu os números de teléfono dos seus amigos.
- O interlocutor pode comprendelo:
- La musica es bela, esce no? – A música é bela, non?
- A cousa é ben coñecida por todos. Trátase de dominios de coñecemento e substantivos abstractos:
- La luna es multe distante de la tera. – A Lúa está moi distante da Terra.
- Me no comprende la matematica. – Non entendo as matemáticas.
- El ama la cafe. – A el encántalle o café.
- La felisia es plu importante ca la ricia. – A felicidade é máis importante que a riqueza.
Un introduce un substantivo singular que expresa calquera cousa que o interlocutor aínda non coñece. Non se pode usar con substantivos plurais ou incontables.
- Me vole leje un libro. – Quero ler un libro.
- Un gato ia veni en la sala. – Un gato entrou na sala.
Algunhas linguas posúen artigos partitivos que indican as cantidades non especificadas dun substantivo non contable. O elefen emprega la ou mesmo ningún artigo:
- Me gusta la cafe. – Gústame o café.
- Me gusta cafe. – Gústame o café.
- Me bevi cafe. – Bebo café.
Demostrativos
editarOs demostrativos designan o que o substantivo expresa, situándoo no tempo ou no espazo ou no texto mesmo.
Esta significa «este/esta/estes/estas». É parecido a la, e designa sempre algunha cousa próxima ao interlocutor, xa sexa física ou metaforicamente:
- Me posese esta casa. – Posúo esta casa.
- Esta libros es merveliosa. – Estes libros son marabillosos.
- Me gusta esta cafe. – Gústame este café.
- Esta mense ia es difisil. – Este mes foi difícil.
- Esta frase conteni sinco parolas. – Esta frase contén cinco palabras.
Acel significa «aquel/aquela/aqueles/aquelas». Parécese a la, pero designa unha cousa afastada do interlocutor ou, polo menos, máis afastada que a que representa esta:
- Acel xico regarda acel xicas. – Aquel mozo mira a aquelas mozas.
- Atenta denova en acel modo. – Téntao de novo dese modo.
- Acel torta es noncomable. – Aquel pastel é incomestible.
Esta e acel pódense transformar en pronomes.
Interrogativos
editarOs interrogativos serven para formular preguntas.
Cual significa "cal" fai unha pregunta de identidade ou especie:
- Cual animal es acel? – Que animal é aquel?
- Cual vejetales es la plu bon? – Que vexetais son os mellores?
- Tu veni de cual pais? – De que país vés?
- Cual fenetras es rompeda? – Que xanelas están rotas?
- Cual pinta tu prefere? – Que pintura prefires?
Cuanto significa “canto”, cun substantivo contable ou incontable:
- Cuanto casas es en tua strada? – Cantas casas hai na túa rúa?
- Cuanto pan tu pote come? – Canto pan podes comer?
Cual e cuanto úsanse tamén en preguntas indirectas.
Determinantes de selección
editarEstes determinantes seleccionan os individuos dun conxunto:
- cada – cada
- cualce – calquera
- alga – algo, unha certa cantidade, un pouco de
- no – nada de, nin
- sola – só, soa, sós, soas
Cada significa «cada», se se consideran os elementos un por un, por separado. O substantivo é contable pero singular:
- Cada can ave un nom. – Cada can ten un nome.
- Me no ia leje cada parola. – Non lin todas as palabras (cada palabra).
- Tu fa la mesma era a cada ves. – Cometes o mesmo erro cada vez.
Cualce significa «calquera» – non importa o que o suxeito elixa. O substantivo, polo xeral, é contable:
- Prende cualce carta. – Elixe unha carta (calquera, non importa cal).
- Cualce contenadores va sufisi. – Os contedores serán suficientes (non importa cales).
Alga indica que non se especifica a identidade do expresado polo substantivo.
Alga significa «unha certa cantidade/un pouco de» ou «algo», e indica unha cantidade non especificada das que se expresa polo substantivo. A miúdo dáse a entender que a cantidade non especificada é relativamente pequena – pola contra diríase multe – pero non demasiado pequena, o cal que sería poca:
- Me ia leje acel en alga libro. – Lino nun libro (calquera).
- Cisa me va reveni a alga dia. – Podo volver algún día.
- Alga cosa es rompeda. – Algo está roto.
Utilizado co substantivo incontable ou un substantivo plural contable, alga indica que tampouco se especifica a cantidade que se expresa co substantivo:
- Me va leje alga libros. – Vou ler algúns libros.
- Alga polvo ia cade de la sofito. – Caeu algo de po do teito.
- El ave alga pan en sua sesto. – Ela ten algo de pan na canastra.
No quere dicir «non», «ningunha cantidade» ou «nada de». Indica que o expresado polo substantivo está ausente ou inexistente:
- Me ave no arbores en mea jardin. – Non teño árbores no meu xardín.
- Tu va senti no dole. – Non sentirá nada (ningunha dor).
- No arbor es plu alta ca la tore Eiffel. – Ningunha árbore é máis alta que a Torre Eiffel.
- Me ia encontra no person en la parce. – Non me atopei con ninguén no parque.
Sola significa «só», «único» – soamente hai un e non outro, polo menos, que sexa importante:
- El es la sola dotor en la vila. – El é o único doutor no pobo.
- Estas es la sola du parolas cual nos no comprende. – Estas son as únicas dúas palabras que non entendemos.
- Me va destrui la mur con un sola colpa. – Vou destruír o muro dun só golpe.
Estes determinantes, excepto no e sola, pódense utilizar como pronomes. Son pronomes especiais, cadun, cualcun, algun, e nun, que se refiren ás persoas. Para referirse ás cousas, aos determinantes simplemente séguelles cosa.
Posesivos
editarOs adxectivos posesivos son mea, tua, nosa, e vosa:
- Mea gato ia come un mus. – O meu gato comeu un rato.
- Me gusta multe tua dansa. – Gústame moito o teu baile.
- Nosa ecipo va gania la premio. – O noso equipo gañará o premio.
Tamén se pode indicar a posesión cunha frase de me, de tu, etcétera:
- Acel es la casa de tu. – Aquela é a túa casa.
A terceira persoa é o adxectivo posesivo sua, sen importar que o pronome equivalente sería el, lo, los, on ou se:
- La ipopotamo abri sua boca. – O hipopótamo abre a boca (a súa boca).
- Nos regarda sua dentes. – Fixámonos nos seus dentes.
Para expresar deles (ou de si en plural), pódese usar o determinante lor en lugar de sua. Pero non é obrigatorio. Sua pódese usar sempre (e é máis tradicional), pero nalgunhas frases lor pode ser máis claro:
- La otelor mostra lor sala a sua visitores. - A hostaleira mostra a sala correspondente aos seus visitantes. (a sala dos visitantes, non a sala da hostaleira)
- La visitores gusta multe lor sala / sua sala. - Aos visitantes gústalles moito a sala que lles tocou / a súa sala.
- Ance la otelor gusta lor sala. - Tamén á hostaleira gústalle a súa propia sala.
Cuantitativos
editarOs cuantitativos permiten expresar a cantidade que é indicada polo substantivo:
- -s – (plural)
- un – un/a
- du, tre, cuatro… – dous, tres, catro…
- multe – moito
- poca – pouco
- plu – máis (de)
- la plu – a maioría (de), o máximo (de), a maior parte
- min – menos (de)
- la min – a minoría (de), o mínimo (de), a menor parte
O marcador de plural -s é o determinante cuantitativo de base. Un sintagma nominal que inclúa un substantivo plural, non require ningún outro determinante:
- Me va leje libros. – Vou ler (algúns) libros.
- Me va leje la libros. – Vou ler os libros.
Ademais do artigo indefinido, un é o número «uno», indica unha unidade do referenciado polo substantivo. Por conseguinte, o substantivo debe ser contable e singular:
- Me ave un frate e du sores. – Teño un irmán e dúas irmás.
Os outros números cardinais (du, tre, cuatro, etcétera) son tamén cuantificadores.
- Me ave tre gatos obesa. – Teño tres gatos gordos.
- Me ave cuatro plu anios ca mea frate. – Son catro anos máis vello que o meu irmán (Teño catro anos máis que o meu irmán)
Multe significa «moitos». Indica unha gran cantidade do referenciado polo substantivo, e úsase con substantivos contables e incontables:
- Esta casa sta ja asi tra multe anios. – Esta casa xa se mantén aquí durante moitos anos.
- La pijones come multe pan. – As pombas comen moito pan.
Poca é o contrario de multe, e indica unha pequena cantidade. Significa «pouco»:
- Me reconose poca persones. – Recoñezo algunhas persoas (en realidade, non moitas).
- El pote dona poca aida. – Pode dar un pouco de axuda (en realidade, non moita).
- Compare: Me pote leje alga parolas. — Son capaz de ler unhas cantas palabras (un número pequeno).
Plu significa «máis». Indica unha cantidade maior do referenciado polo substantivo, e pódese usar con substantivos contables e incontables. La plu significa «a maioría», a cantidade máis grande:
- Tu ave plu libros ca me. – Vostede ten máis libros ca min.
- La plu linguas es bela. – A maioría das linguas é fermosa.
- Plu pan es en la cosina. – Hai máis pan na cociña.
- La plu fango es repulsante. – A maioría do barro é repugnante.
Min é o contrario de plu, e significa «menos», indica unha cantidade máis pequena, e pódese usar con substantivos contables e incontables. La min significa «a minoría», a menor cantidade:
- Me desira min vejetales ca el. – Quero menos verdura ca ela.
- Tu ia leje la min libros de cualcun ci me conose. – De todos os que coñezo, liches menos libros.
- El ave min interesa a cada dia. – Cada día ten menos interese.
Pódense usar todos os cuantitativos como pronomes.
Determinantes de similitude
editarOutros catro determinantes concirnen a similitude ou a diferenza:
La mesma significa «o mesmo» / «a mesma» / «os mesmos» / «as mesmas». o mesmo» / «a mesma» / «os mesmos» / «as mesmas Normalmente, non se pode omitir a palabra la, a pesar de que se pode cambiar por esta ou acel:
- Tu porta la mesma calsetas como me. – Levas os mesmos calcetíns que eu.
- La gera ia comensa en la mesma anio. – A guerra comezou o mesmo ano.
- Nos va reveni a esta mesma tema pos un semana. – Volveremos sobre este tema nunha semana.
Otra significa «outro» / «outros» / «outra» ou «outras».
- Nos ave aora esta tre otra problemes. – Temos estoutros problemas agora.
- La otra solve ia es plu bon. – A outra solución era mellor.
- Tu ave otra pan? – Ten vostede outro pan?
Tal significa «tal/es», «ese tipo de», «dese estilo», de tal ou cal especie:
- Me construi un macina de tempo. – Estou a construír unha máquina do tempo.
- Tal cosa es nonposible. – Tal cousa é imposible.
- Me xerca un abeor. – Estou a buscar a un apicultor.
- Me no conose un tal person. – Non coñezo a tal persoa.
- Esce tu vole repinti la sala? – Queres repintar a habitación?
- Me prefere evita tal labora. – Prefiro evitar ese tipo de traballo.
- Esce tu ave plu libros como estas? – Tes máis libros como estes?
- Si, me ave du otra tal libros. – Si, teño outros dous libros dese estilo.
Propre indica a pertenza da cousa polo nome ao seu posuidor. É especialmente útil despois do determinante sua para aclarar que o significado é reflexivo: a cousa indicada pertence ao suxeito da frase:
- Me propre idea es an plu strana. – A miña propia idea é aínda máis estraña.
- El ia trova la xarpe de sua sposo e ia pone lo sirca sua propre colo. – Atopou a bufanda do seu marido e púxolla ao redor do seu propio pescozo.
Orde dos determinantes
editarOs determinantes seguen esta orde:
- Os predeterminantes tota e ambos, cando aparecen, colócanse diante de todos os demais.
- Logo veñen os artigos, os demostrativos, os interrogativos, determinantes de selección, ou os posesivos. Normalmente, hai só un destes determinantes nun sintagma nominal.
- A continuación, pódense atopar cuantitativos ou determinantes de similitude. Un determinante de similitude nunca é a primeira palabra dun grupo nominal contable singular. Sempre vai precedido doutro determinante, ou de dous, se un deles é un predeterminante (por exemplo tota la otra libro).
- Os adxectivos bon e mal, a pesar de que non son determinantes, polo xeral colócanse diante do substantivo e despois de todos os determinantes.
Por exemplo:
- El ia colie sua poca posesedas e parti. – Recolleu as súas escasas pertenzas e foise.
- Un otra problem es la manca de aira fresca asi. – Outro problema é a falta de aire fresco aquí.
- Nos no ia tradui ancora acel otra cuatro frases. – Aínda non traducimos aquelas catro frases.
- Tota la omes ia vade a la costa. – Todos os homes foron á costa.
Pronomes
editarUn pronome é unha palabra que substitúe un grupo nominal máis longo.
Pronomes persoais
editar- me – eu, o meu, me
- tu – ti, che, o seu, vostede
- el – el, ela, iso, lle, a, o (unha persoa)
- lo – el, ela, iso, lle, a, o (unha cousa)
- nos – nós, nos
- vos – vós, vostedes, as súas
- los – eles, elas, lles, as, os, os seus
Grupos pronominais
editarTu é o singular e vos é o plural en todas as situacións, formais e informais.
El úsase para referirse a persoas e animais, como mamíferos e aves. Pode ser aplicado metaforicamente tamén a outras criaturas, aos robots, á Lúa, a tormentas etc.
Lo úsase para referirse ás cousas, criaturas simples, ideas, conceptos etc.
Los úsase como plural de el e lo.
No elefen normalmente “el” e “ela”, e elo (“el”) e ela (“ela”) son raras, pero pódense usar para evitar a repetición excesiva dos nomes das persoas cando se fala dun home e unha muller no mesmo contexto.
- Do es Joana? El es en la jardin. – Onde está Joana? Ela está no xardín.
- Do es mea come de matina? Lo es en la cosina. – Onde está o meu almorzo? Está na cociña.
Un pronome persoal pode ter a continuación unha proposición relativa. Se o sentido está claro, pódese suprimir o pronome, deixando ao pronome relativo unha dobre función:
- El recorda sempre la nomes de los, ci el ia encontra. – Lembra sempre os nomes de quen atopou.
- Me respeta tu, ci es tan saja. – Respéctoche (a ti), que es tan sabio.
- El ci osa, gania. – Aquel que ousa, gana.
- Ci osa, gania. – Quen ousa, gana.
On é polo xeral un pronome indefinido. Significa «as persoas en xeral» ou «unha persoa calquera». A miúdo, permite evitar o uso da voz pasiva:
- On dise ce tu va parti. – Dise que partirás.
- On debe repete la verbo. – Débese repetir o verbo. / O verbo debe repetirse.
Se é o pronome reflexivo da terceira persoa, tanto do singular como do plural. Indica o suxeito do verbo, non sendo nunca o suxeito:
- Lo limpi se. – El límpase.
- Los lava se. – Eles lávanse.
Os pronomes posesivos («o meu», «o teu» etc.)/ etc.) son os determinantes posesivos («o meu», «o teu» etc.)/ etc.), precedidos por "la":
- Me ia trova mea libros, ma tu no ia trova la tuas. – Atopei os meus libros; pero ti non atopaches os teus.
- Lo es ance plu grande ca la mea. – Tamén é máis grande que o meu.
- No toca acel jueta! Lo no es la tua. – Non toques ese xoguete! Non é teu.
Pronomes determinantes
editarAsí como pódese empregar un adxectivo como substantivo, pódese converter a maior parte dos determinantes en pronomes. Os pronomes esta, acel e otra forman sempre o plural engadindo -s. Algúns outros pronomes tamén poden engadir -s se isto clarifica o significado:
- tota, totas – todo, toda, todos, todas
- ambos – ambos (os dous)
- esta, estas – esta, estes, estas
- acel, aceles – aquel, aquela, aqueles, aquelas
- cualce – calquera
- cada – cada un, cada unha
- alga – algún, algunha, algúns, algunhas
- cual – cal, cales, que
- multe – moito
- poca – pouco
- plu – máis
- la plu – a maioría, a maior parte
- min – menos
- la min – a minoría, a menor parte
- un/la otra, (la) otras – outro, outra, outros, outras
- la mesma, la mesmas – o mesmo, a mesma, os mesmos, as mesmas
- un tal, tales – un deses, un deles, un así
Exemplos:
- Estas aspeta bela! – Estes teñen boa pinta!
- Prende cualce. – Toma un (calquera, non importa cal).
- Me no vole judi, car me gusta egal cada. – Non quero tomar partido, porque me gustan por igual.
- Me vole grasia cada de esta persones. – Quero dar as grazas a cada unha destas persoas.
- Alga(s) pensa ancora ce la mundo es plata. – Algúns pensan aínda que a Terra é plana.
- Tu ia versa mal la vino. Alga es sur la table. – Serviches mal o viño. Algo se derramou na mesa.
- Multe(s) de nos es programores. – Moitos de nós somos programadores.
- Me no ia regarda multe(s) de acel filmas. – Non vin moitas desas películas.
- Me reconose poca(s) de la persones en la fola. – Recoñezo poucas persoas entre a multitude.
- Plu va ariva pronto. – Pronto chegarán máis.
- Alga parolas es clar, ma on no pote leje fasil la plu. – Algunhas palabras son claras; pero a maior parte non é fácil lelas.
- Tu ave min ca me. – Tes menos ca min.
- Me vole bonveni tota(s) de vos. – Quero dar a benvida a todos vostedes.
- Me ia compra sinco libros nova, ma me ia lasa tota(s) en la bus. – Comprei cinco libros novos; pero deixeinos todos no autobús.
- Ambos de la enfantes jua felis. – Ambos os nenos xogan alegremente.
Os números poden utilizarse como pronomes para indicar os grupos dun tamaño determinado. Eses pronomes non toman xeralmente a -s do plural e non necesitan determinante:
- Tre de mea amis va ariva a esta sera. – Tres dos meus amigos veñen esta tarde.
- Cuanto pizas tu ia come? – Cantas pizzas comiches?
- Cuatro! – Catro!
- La cuatro de nos va come en junta. – Imos comer os catro xuntos.
- Un de mea gatos manca. – Fáltame un dos meus gatos.
- La tre ia abita en la mesma aparte. – Os tres viven no mesmo piso.
Para indicar os múltiplos imprecisos de números como sento, mil ou milion, engádese a -s de plural:
- On ia ave miles de persones a la conserta. – Había miles de persoas no concerto.
- A cada anio, miliones migra a otra paises. – Cada ano, millóns emigran a outros países.
- On ia vacui miles de plu persones de locas inondada par la deluvias. – Evacuáronse miles de persoas de lugares asolagados pola choiva.
- On pote fatura plu sentos per servi. – Pódense pedir algúns centos máis para servilos.
Non se pode transformar la en pronome. Débese usar el, lo e los:
- La casa de mea padre es plu grande ca lo de mea frate. – A casa do meu pai é máis grande que a do meu irmán.
- Lo es ance plu grande ce lo cual me intende compra. – É máis grande que a que teño intención de comprar.
Non se pode utilizar no como pronome, pero pódese utilizar nun e no cosa. O número zero pode tamén utilizarse como pronome.
A expresión idiomática la un la otra (o lunlotra) significa «un/unha á outra» / «os uns/unhas ás outras». Posúe variantes como la un o la otra (o un ou o outro etc.), la un pos la otra (o pos lunlotra, «o un tras o outro» etc.) así como la un sur la otra (o sur lunlotra, «o un sobre o outro», etc.):
- La xicos colpa la un la otra / lunlotra. – Os mozos golpéanse os uns aos outros.
- Me pila mea crepes la un sur la otra / sur lunlotra. – Amontoo os meus panqueques, os uns sobre os outros.
Nalgunhas frases, a un pronome séguelle un verbo, polo que cabe o malentendido dun determinante seguido dun verbo reutilizado como substantivo. Por exemplo, fóra de contexto, non se pode estar seguro de que acel veni de Italia significa «a acción de chegar de Italia» ou «aquel que vén de Italia». Na maioría dos casos, o contexto fai que o significado sexa evidente. Con todo, os principiantes e os que queren evitar calquera risco de ambigüidade, poden agregar un simple substantivo – como person ou cosa – despois do determinante en lugar de convertelo nun pronome:
- Acel cosa veni de Italia. – Esa cousa vén de Italia.
- Recorda ce alga persones (o algas) abita en sua auto. – Lembra que algunhas persoas viven nos seus coches.
Nalgúns casos, quérese deixar claro que o substantivo verbal non é un verbo. Con palabras como alga, multe, e poca, pódese engadir de entre o determinante e o substantivo; o determinante convértese entón nun pronome, pero o substantivo non se converte nun verbo. Cos determinantes como esta e acel, pódese agregar la diante do determinante:
- La profesor ia demanda alga de atende. – O profesor pediu un pouco de atención.
- Multe de labora pote es evitada. – Pódese evitar unha gran cantidade de traballo.
- La esta deside no es un bon resulta. – Esta decisión non é un bo resultado.
Preguntas
editarO elefen ten dous pronomes, que serven para facer preguntas:
- cual? – «cal?» (= cual cosa?) ou «que?»
- ci? – «quen?» (= cual person?)
Ci soamente é pronome, e non pode usarse como determinante.
Cual é principalmente un determinante, pero tamén se usa a miúdo como pronome, se se acepta o pequeno risco de que expresións tales como cual veni de Italia poidan ser malinterpretadas.
Exemplos:
- Cual tu gusta? – Cal che gusta?
- Cual tu prefere, la rojas o la verdes? –Cales prefires: as vermellas ou as verdes?
- Ci vole es un milionor? – Quen quere ser millonario?
- Tu vade a la sinema con ci? – Con quen vas ao cinema?
- Cual es en la caxa? – Que hai na caixa?
- Vos prefere cual? – Que é o que prefires?
Tamén se usa ci e cual en preguntas indirectas.
Pronomes relativos
editarCual e ci funcionan tamén como pronomes relativos, introducindo unha proposición relativa:
- cual – que
- ci – quen (= la person cual…)
O pronome relativo para unha persoa ou un animal é ci. O pronome relativo para unha cousa é cual:
- Esta es la fem de ci me ia compra mea auto. – Esta é a muller á cal comprei o meu coche.
- La fem de ci me ia oblida sua nom es denova a la porte. – A muller de quen me esquecín o seu nome está de novo na porta.
- A, vide la patetas ci segue sua madre! – Ah, mira os patitos que seguen á súa nai!
- La libro cual me leje es tro longa. – O libro que leo é demasiado longo.
- La casa en cual nos abita es tro peti. – A casa en que vivimos é demasiado pequena.
- La superstisios – me gusta esta parola! – cual me ia investiga es riable. – As supersticións – gústame esa palabra –, sobre as que investiguei, son ridículas.
- El esperia un sonia cual el teme. – Ela experimenta un soño que teme.
- Compara: El esperia un sonia ce el teme. – Ela experimenta un soño (no cal) ten medo.
Con algunhas oracións de relativo, a frase principal omite o substantivo ao que a frase se refira. O propio pronome relativo aparece no lugar do substantivo. En tales casos, para evitar confusións, pódese utilizar o cal en lugar de cual e o ci en lugar de ci:
- Acel es lo cual me ia comprende. Me ia comprende acel informa. - Iso é o que entendín. Entendín aquel informe.
- Me comprende lo sur cual on ia instrui me. On ia instrui me sur alga cosa, e me comprende lo. - Entendo iso sobre o cal se me instruíu. Instruíuseme sobre unha cousa, e compréndoo.
- Me no recorda (el) ci me ia vide. Me ia vide el, ma me no recorda el. - Non recordo a ela a quen xa vi. A vi, pero non a recordo.
- Me no recorda (el) a ci me ia parla. Me ia parla a el, ma me no recorda el. - Non recordo a el, a quen lle falei. Faleille a el, pero non lle lembro.
Outros pronomes
editarHai catro pronomes especiais para indicar ás persoas. Só se usan en singular:
- algun – «algún», «alguén» (= alga un, alga person)
- cualcun – «calquera», «calquera persoa» (= cualce un, cualce person)
- cadun – «cada un», «cada quen» (= cada un, cada person)
- nun – ninguén (= no un, no person)
Exemplos:
- Algun entre nos es la asasinor. – Alguén entre nós é o asasino.
- Dise acel broma a cualcun, e el va rie. – Conta ese chiste a calquera persoa e rirase.
- Cadun debe reseta un premio. – Cada un debe recibir un premio.
- Me senta en la atrio per un ora, e nun ia parla a me. – Síntome na sala durante unha hora e ninguén me dirixe a palabra.
Os correspondentes de algun, cualcun, cadun e nun para as cousas son alga cosa («algo»), cualce cosa («calquera/a»), cada cosa (cada cousa) e no cosa («nada»).
Normalmente, os pronomes non son modificables por determinantes ou adxectivos, pero poden ser modificados por grupos preposicionais:
- Nos en la sindicato esije plu diretos. – Reivindicamos máis dereitos no sindicato.
- Tota de la lenio es danada. – Toda a madeira está estragada.
- La plu de esta linguas es difisil. – A maior parte desas linguas son difíciles.
Adxectivos
editarUn adxectivo é unha palabra que modifica o sentido dun substantivo. Representa as calidades do que é indicado polo substantivo.
En elefen, os adxectivos non varían en xénero nin en número.
Orde das palabras
editarA maior parte dos adxectivos colócanse detrás do substantivo ao que modifican. Con todo bon (“bo/a”) e mal (“malo/a”) adóitanse colocar diante do substantivo, salvo se son eles mesmos os modificados:
- un bon can – un bo can
- un can plu bon – un can mellor
- la mal enfante – o neno malo
- un mal can bon instruida – un mal can ben ensinado
- bon enfantes mal comprendeda – nenos bos mal entendidos
Na maioría dos casos, é posible engadir máis dun adxectivo cualificativo sen causar confusión. Pero nalgúns casos, un dos adxectivos pode ser entendido como un adverbio o que altera o significado do adxectivo seguinte. Pódese colocar e entre os adxectivos para evitar confusión:
- la nara vera longa – a historia moi longa (vera = adverbio)
- la nara vera e longa – a historia verdadeira e longa (vera = adxectivo)
- la om grande, forte, e stupida – o home grande, forte e estúpido (tres adxectivos)
Nalgúns casos, pódese colocar un adxectivo diante do substantivo: por razóns de estilo en poesías ou narracións, ou cando se trata de adxectivos de peso similar:
- la peti casa bela – a casiña encantadora
- un fea arbor vea – unha árbore vella e fea
Os adxectivos que máis conveñen para este uso son os máis simples e curtos, como bela, fea, nova, vea, grande, e peti.
Comparación
editarFórmanse os adxectivos de comparación engadindo os adverbios plu (“máis”) e min (“menos”). “Que” é ca en elefen:
- La cosina es plu calda ca la jardin. – A cociña é máis calorosa que o xardín.
- Esta leto es min comfortosa ca me ia previde. – A cociña é máis calorosa que o xardín.
Fórmanse os adxectivos superlativos engadindo os adverbios la plu (“o máis”) e la min (“o menos”):
- La sol es la ojeto la plu calda en la sistem solal. – O sol é o astro máis quente do sistema solar.
- El ia ave un fia la plu bela en la mundo. – Tiña un filla, a máis bela do mundo.
Pódese combinar un ordinal coa construción superlativa:
- Vega es la stela sinco la plu briliante en la sielo de note. – Vega é a quinta estrela máis brillante no firmamento.
- El ia deveni la om tre de la plu ricas en la mundo. – Converteuse no terceiro home máis rico do mundo.
Os comparativos de igualdade fórmanse coa combinación tan… como… (“tan… como…” ou "tan... coma..."):
- La arbor ia es tan alta como un casa. – A árbore é tan grande como a casa.
Adxectivos como substantivos
editarPódese transformar un adxectivo nun substantivo cuxo sentido é un ser que posúe a calidade dese adxectivo. O substantivo resultante segue as regras habituais dos substantivos: toma o -s do plural, depende de determinantes e pode ser modificado por adxectivos:
- Esta anelo es perfeta sirculo. Lo es un sirculo perfeta. – Este anel é perfectamente circular. É un círculo perfecto.
- Marilyn es un blonde, e seniores prefere blondes. – Marilyn é loura e os homes prefírenas louras.
Adverbios
editarDo mesmo xeito que os adxectivos, que son palabras que modifican os substantivos; os adverbios son palabras que modifican case calquera outra cousa: verbos, adxectivos, outros adverbios, determinantes, preposicións, sintagmas nominais e mesmo frases enteiras. Normalmente, os adverbios dan información sobre lugar, tempo, circunstancia, causa, forma ou grao.
Posición
editarEn elefen, os adverbios e os adxectivos teñen a mesma forma. A diferenza vese claramente na posición: os adxectivos seguen aos substantivos, os adverbios seguen aos verbos e preceden outras palabras:
- La om ia studia atendosa la testo. – O home estudou detidamente o texto. (modificando o verbo)
- Me ia veni asi en un tren riable lenta. – Vin aquí nun tren ridículamente lento. (modificando o adxectivo)
- La tren ia move asurda lenta. – O tren moveuse absurdamente lento. (modificando outro adverbio)
- Me no oia multe bon tu. – Non podo oírche moi ben. («multe» modifica «bon», e «multe bon» modifica «oia»)
- Cuasi sento persones ia espeta sur la plataforma. – Case un centenar de persoas esperaban na plataforma. (modificando un cuantificador)
- On ia escava un buco direta ante mea porte. – Cavaron un buraco xusto en fronte da miña porta. (modificando unha preposición)
- Sola la manico es rompeda. – Só o mango está roto. (modificando o sintagma nominal)
- Strana, el ia porta un balde de pexes. – Curiosamente, el levaba un cubo de peces. (modificando unha frase)
Un adverbio (ou unha frase adverbial) que modifica un verbo (ou a frase enteira) tamén se pode colocar ao principio da oración. E se non provoca confusión, un adverbio pode situarse tamén despois do obxecto dun verbo ou no final da frase:
- El dansa bon. – Ela baila ben.
- Pronto el va cade. – Pronto caerá.
- Surprendente, el es un xico multe bon. – Sorprendentemente, é un moi bo mozo.
- Me no oia tu multe bon. – Non podo oírche moi ben.
- pero: Me leje felis la libro. – Leo o libro felizmente.
Nalgúns casos, un adverbio diante dun adxectivo pode estar unido por un guión para aclarar o significado:
- la parolas nova-creada – as palabras recentemente creadas
Pódese aclarar tamén un significado verbal dicindo en modo ou a grado:
- La melodia es bela en modo surprendente. – A melodía é asombrosamente boa.
Comparación
editarA comparación de adverbios é exactamente como a comparación de adxectivos.
Adverbios primarios
editarAdemais da enorme cantidade de adverbios derivados de adxectivos, o elefen ten algunhas palabras que son soamente adverbios:
- apena – «apenas»
- cisa – «quizá», «quizais», «talvez»
- cuasi – «case»
- tan – «tan» (ata tal punto)
- tro – «demasiado» (en exceso)
- asi – «aquí», «acá»
- ala – «aí», «alí», «alí»
- an – «mesmo» (contrariamente ao esperado)
- ance – «tamén»
- ancora – «aínda»
- aora – «agora»
- alora – «entón» (neste momento)
- denova – «outra vez», «de novo», «novamente»
- ja – «xa»
- nunca – «nunca»
- sempre – «sempre»
- ier – «onte»
- oji – «hoxe»
- doman – «mañá» (ao día seguinte)
Tan utilízase en exclamacións:
- Un vista tan bela! – Que fermosa vista!
- Tan stonante! – Que incrible!
Adverbios cuantificadores
editarCertos cuantificadores poden converterse en adverbios, indicando a extensión ou grao en que algo é o caso.
- no – «non»
- alga – «algúns/as», «algo», «bastante»
- multe – «moitos/as», «moito»
- poca – «poucos/as», «pouco»
- plu – «máis»
- min – «menos»
- la plu – «o máis»
- la min – «o menos»
No como un adverbio significa «non», «de ningunha maneira». Nega o que modifica. Como caso especial, cando modifica un verbo, precede ao verbo:
- Los no va comprende. – Non van entender.
- Nos ave no sola un orania, ma ance du bananas. – Temos non soamente unha laranxa, tamén dous plátanos.
- O, no esta problem denova! – Oh, este problema outra vez non!
Alga como adverbio significa «algúns/as», «algo», «bastante», «en certa medida»:
- Acel é un caso alga spesial. – Iso é un caso bastante especial.
- Alga confusada, o ia cade na lago. – Algo confundido, caeu no lago.
Multe como adverbio significa «moito», «moi», «en gran medida»:
- Éme multe coler. – Estou moi anoxado.
- O ama multe a femes. – Gústanlle moito as mulleres.
Poca como adverbio significa «pequeno/a», «lixeiramente», «en menor medida»:
- Me es poca interesada. – Non estou moi interesado.
- El core poca. – Ela corre pouco.
Plu e min como adverbios significan, respectivamente «máis» e «menos» (ou «en maior medida» e «en menor medida»):
- O teu aspeta plu novo ca me. – Vesche máis novo ca min.
- Non parla plu. – Non fales máis.
- Éme min contente con resúltaa ca me ta prefere. – Estou menos satisfeito do resultado do que quixese.
La plu e la min como adverbios significan, respectivamente, «o máis» e «o menos» (ou «na medida máxima» e «na medida mínima»):
- “Pardona” es la parola la plu difisil. – “Síntoo” é a palabra máis difícil.
- El es la om la min interesante en la mundo. – El é o home menos interesante do mundo.
- A la min, nos ave ancora la un la otra. – Polo menos témonos o un ao outro.
Adverbios interrogativos e relativos
editarOs seguintes adverbios poden usarse de varias maneiras:
- cuando – «cando»
- do – «onde»
- como – «como»
- cuanto – «cantos/as», «canto»
- perce – «por que»
Crean preguntas directas e indirectas, e introducen as oracións de relativo. Como unha extensión do seu uso relativo, tamén se comportan como conxuncións e introducen cláusulas adverbiais – cuando, por exemplo, é entón a forma abreviada de a la tempo cuando. Tamén poden ser introducidos por preposicións.
Cuando significa «cando» (a cual tempo, en cual tempo):
- Cuando nos va come? – Cando imos comer?
- La enfante demanda cuando nos va come. – O neno está a preguntar cando imos comer.
- En la anio cuando me ia nase, la clima ia es multe calda. – No ano en que eu nacín, o tempo era moi cálido.
- Cuando nos ariva, me va dormi. – No momento en que cheguemos, vou durmir.
- Nos va canta ante cuando nos dansa. – Imos cantar antes de bailar.
- Nos va dansa pos cuando nos canta. – Imos bailar despois de cantar.
- Nos va dansa asta cuando nos adormi. – Imos bailar ata que nos durmamos.
Do significa «onde» (a cual loca, en cual loca). Cando se usa cun verbo de movemento, do a miúdo significa «onde»:
- Do es la can? – ¿Onde está o can?
- Me no sabe do nos vade. – Non se onde imos.
- En la pais do me ia nase, la clima es multe calda. – No país onde nacín, o clima é moi cálido.
- El ia dormi do el sta. – Durmía onde se atopaba.
- Me veni de do tu ia visita me. – Veño de onde me visitaches.
- La polisior ia desinia un sirculo sirca do el ia trova la clave. – O policía debuxou un círculo ao redor de onde se atopou a chave.
Como significa «como» (en cual modo). Tamén serve como unha preposición que significa «igual», «como»:
- Como tu conose mea nom? – Como sabes o meu nome?
- Me no comprende como tu conose mea nom. – Non entendo como sabes o meu nome.
- La manera como tu pasea es riable. – A forma en que camiñas é ridícula.
- Me parla como me pensa. – Falo como penso.
- La descrive ia difere multe de como la loca aspeta vera. – A descrición é moi diferente de como realmente se ve o lugar.
- Tua oios es como los de un falcon. – Os teus ollos son como os dun falcón.
Cuanto significa «canto» o «cantos/as» (en cual cuantia). Tamén serve como un cuantificador co mesmo significado:
- Cuanto la orolojo custa? – Canto custa o reloxo?
- Cuanto tu ia compra? – Cantos compraches?
- Cuanto tu desira esta torta? – Canto queres este pastel?
- Me va demanda cuanto ia ariva. – Vou preguntar cantos chegaron.
- Nos va aida cuanto nos pote. – Imos axudar en todo o que poidamos.
- Tu sabe cuanto me ama tu? – Sabes canto che amo?
Perce significa «por que» (en varios sentidos: par cual causa, per cual razona, con cual intende). Perce significa «por que» (en varios sentidos: par cal causa, per cal razoa, con cal intende). As conxuncións correspondentes son car («porque», «pola razón de que») e afin («para que», «coa intención de que»). A palabra especial perce utilízase sempre, e non per cual:
- Perce tu core? – Por que corres?
- La fem ia demanda perce la fenetra es rompeda. – A muller preguntou por que estaba rota a xanela.
Verbos
editarUn verbo expresa a execución ou o cesamento dunha acción (correr, parar), unha relación (ter, perder) ou un estado (derreterse). En elefen, os verbos non cambian a súa forma para indicar, por exemplo, os tempos ou os modos. No seu lugar utilízanse adverbios, especialmente as tres partículas preverbales ia, va e ta. Un verbo pode usarse como un substantivo sen facer cambios.
Tempos
editarO futuro fórmase con va (unha palabra de orixe francesa). Os tempos do pasado, incluíndo o perfecto e o pluscuamperfecto, fórmanse con ia (que procede do chabacano). Estes son os adverbios especiais que preceden ao verbo. O tempo presente non ten ningunha marca:
- Me canta. – Canto.
- Me va canta. – Cantarei / Vou cantar.
- Me ia canta. – Cantei / Cantaba / Estaba a cantar / Cantara.
Nas narracións a miúdo descríbense sucesos que ten lugar no pasado (ou nun pasado imaxinado) cuxa localización no tempo non é motivo de preocupación para o lector. En tales casos pode omitirse o ia.
O elefen non distingue os aspectos perfecto e imperfecto do verbo (por exemplo: «comín», «adoitaba comer», «comín», «comera»). Con todo, pódese aclarar facilmente a secuencia temporal de dúas accións marcando a primeira con ja (“xa”):
- Cuando tu ia encontra nos, nos ia come ja. – Cando nos atopamos, xa comeramos.
- Si tu reveni doman, me va fini ja la labora. – Se volves mañá, (xa) terei acabado o traballo.
- Sempre cuando me ateni la fini de un capitol, me oblida ja la titulo. – Cada vez que chego ao final dun capítulo, (xa) esquecín o título.
Hai outras formas de aclarar a secuencia temporal:
- Me ia come ante aora. – Comín antes de agora.
- Me ia come plu temprana. – Comín antes.
- Me ia fini come. – Terminei para comer.
- Me va come pronto. – Vou comer pronto.
- Me comensa come. – Empezo a comer.
- Me va come pos acel. – Vou comer despois diso.
- Me va come plu tarda. – Vou comer máis tarde.
- Me ia abitua come en la note. – Adoitaba comer na noite.
- Me ia come abitual en la note. – Adoitaba comer na noite.
O elefen ten tamén ta, unha partícula facultativa (que vén do crioulo haitiano) e que pode utilizarse para indicar que algo é irreal ou imaxinario, hipotético ou simplemente posible ou desexable. Unha frase con ta aborda unha realidade alternativa. Nas frases que comezan por se, “ta” engádese á oración principal, pero xeralmente omítese a oración subordinada que comeza por si – pero o seu emprego non está prohibido. O uso de ta pode suxerir un futuro menos probable que un que usa va. Tamén se pode utilizar ta para indicar unha petición educada. Pode usarse en varias situacións que en moitos idiomas utilizan un modo condicional ou subxuntivo:
- Si me ta rena la mundo, cada dia ta es la dia prima de primavera. – Se gobernase o mundo, todos os días serían o primeiro día da primavera.
- Si lo no esiste, on ta debe inventa lo. – Se non existise, terían que inventalo.
- Si tu canta, me va escuta. – Se cantas, escoitarei.
- Si tu va canta, me va escuta. – Se vas cantar, vou escoitar.
- Si tu canta, me ta escuta. – Se cantas, escoitareiche.
- Si tu ta canta, me ta escuta. – Se cantases, escoitaríache.
- Me duta ce tu ta dise acel. – Dubido que dixeses iso.
- Tu ta dona la sal, per favore? – Poderías pasarme o sal, por favor?
En xeral, só se pode utilizar unha partícula preverbal va, ia ou ta con cada verbo. A única excepción é ia ta, que ten o mesmo significado que o condicional perfecto nas linguas romances e «would have» en inglés. Un exemplo é un comentario gracioso de Richard Nixon:
- Me ia ta es un bon pape. – “I would have made a good Pope.” – Tería sido un bo papa.
Imperativo
editarO imperativo, ou a forma verbal de dar ordes, non se marca. Diferénciase do presente pola omisión do suxeito. O suxeito será normalmente tu ou vos, é dicir a persoa a quen se dirixe. Utilízase ta ce se o suxeito debe mencionarse:
- Para! = Detéñase!
- Pardona me. – Desculpe / Síntoo.
- Toca la tecla de spasio per continua. – Pulse a tecla de espazo para continuar.
- Vade a via, per favore! – Por favor, vaiche!
- Ta ce tua rena veni! – Que veña o teu reino!
- Ta ce nos dansa! – Imos bailar!
Negación
editarOs verbos néganse co adverbio no, que precede tanto ao verbo como a va, ia ou ta:
- Me no labora oji, e me no va labora doman. – Non traballo hoxe, nin vou traballar mañá.
- El no ia pensa ce algun es asi. – Non cría que houbese alguén aquí.
- No traversa la strada sin regarda. – Non cruces a rúa sen mirar.
Participios
editarUn participio é un verbo que se usa como adxectivo ou adverbio. Os verbos forman participios activos (xerundios) con -nte, e participios pasivos con -da. Pódense usar tamén como substantivos. O participio activo implica tamén unha acción en curso, mentres que o participio pasivo suxire que a acción sucedeu no pasado:
- Un ruido asustante ia veni de la armario. – Un ruído aterrador veu do armario. (adxectivo)
- La om creante scultas es amirable. – O home creando esculturas é admirable. (adxectivo = la om ci crea scultas)
- El ia sta tremante en la porta. – Quedou tremendo na porta. (adverbio)
- Nos ia colie tota de la composantes. – Recollemos todos os compoñentes. (substantivo)
- Per favore, no senta sur la seja rompeda. – Por favor, non sente sobre a cadeira rota. (adxectivo)
- El ia leje xocada la reporta. – Leu o informe conmocionado. (adverbio)
- Sua novela va es un bonvendeda. – A súa novela será un éxito de vendas. (substantivo)
O participio activo pode ter un obxecto. Ademais, pódese utilizar como complemento do verbo es para transmitir unha idea de progresión:
- Me es lenta asorbente la informa. – Estou a absorber aos poucos a información.
- Me no ia disturba tu, car tu ia es laborante. – Non che molestei, porque estabas a traballar.
Unha construción de participio é a miúdo innecesaria, xa que hai outras formas de expresar este significado:
- Me asorbe lenta la informa. – Estou a absorber aos poucos a información.
- Vade a via, me labora! – Vaiche, estou a traballar!
- Me continua come. – Continuo comendo.
- Me come continual. – Como continuamente.
- Me come tra la dia intera. – Como durante todo o día.
O participio pasivo pódese utilizar como complemento dos verbos es ou deveni para dar un sentido pasivo. Par (“por”) introduce o axente dunha acción pasiva:
- Esta sala ia es pintida par un bufon. – Esta habitación foi pintada por un pallaso.
- La sala deveni pintida. – A habitación está a ser pintada.
- Acel ponte ia es desiniada par un injenior famosa. – Esa ponte foi deseñado por un enxeñeiro famoso.
- Lo ia deveni conoseda ce el ia es un om perilosa. – Sóubose que era un home perigoso.
Unha oración activa con on ou algun como suxeito é a miúdo unha alternativa elegante a unha oración pasiva:
- On pinti la sala. – A habitación está a ser pintada.
- On no sabe cuanto persones teme aranias. – Non se sabe cantas persoas teñen medo ás arañas.
- Algun ia come lo. – Alguén llo comeu.
O participio activo de es é esente:
- Esente un bufon, el ia senta sur la seja rompeda. – Como era un pallaso, sentou sobre a cadeira rota.
Transitividade
editarUn verbo transitivo é un verbo que pode estar seguido directamente por un grupo nominal (un obxecto), sen preposición. Un verbo intransitivo non ten obxecto. Por exemplo:
- Me senta. – Estou sentado. (senta é intransitivo)
- La patatas coce. – As patacas están a cocerse. (coce é intransitivo)
- El usa un computador. – Ela usa unha computadora. (usa é transitivo)
- Los come bananas. – Están a comer plátanos. (come é transitivo)
A transitividade en elefen é flexible. Por exemplo, se se agrega un obxecto despois dun verbo intransitivo, o verbo vólvese transitivo. Desde un punto de vista semántico, o obxecto corresponde ao suxeito intransitivo, e o verbo quere dicir agora «causa que (o obxecto)…».
- Me senta la enfantes. – Sinto aos nenos. (= Me causa ce la enfantes senta)
- Me coce la patatas. – Cociño as patacas. (= Me causa ce la patatas coce)
O obxecto dun verbo transitivo pode omitirse se é obvio a partir da situación ou o contexto:
- El canta un melodia. – Está a cantar unha melodía. > El canta. – Canta. (= El canta alga cosa)
Cando o obxecto dun verbo e o suxeito son a mesma cousa, pódese utilizar un pronome reflexivo como obxecto:
- Me senta me. – Síntome. (= Me deveni sentante)
- La porte abri se. – A porta ábrese. (= La porte abri – pero facendo fincapé que ninguén parece abrila ou que parece que ela se abre soa)
E para precisar que un verbo está en forma transitiva, pódense utilizar expresións como fa ou causa:
- Me fa ce la enfantes senta. – Fago sentar aos nenos. (= Me senta la enfantes)
- Me causa ce la fango adere a mea botas. – Fago que o barro se adhira ás miñas botas. (= Me adere la fango a mea botas)
Nalgúns idiomas o suxeito dun verbo transitivo pode ter un complemento. En elefen, utilízanse outras construcións:
- Los ia eleje el a presidente. – Elixírono como presidente. (preposición que indica un resultado)
- Me ia pinti la casa a blanca. – Pintei a casa de branco. (preposición que indica o resultado)
- Me ia fa ce el es felis. – Fíxenlle feliz. (proposición nominal)
El ia dise ce me es stupida. – Díxome que eu era parvo. (proposición nominal)
A única excepción é o verbo nomi (chamar/citar), e considérase como unha aposición:
- La esplorores ia nomi la rio la Amazon. – Os exploradores chamaron ao río o Amazonas. (= déronlle o nome de Amazonas)
Verbos con suxeitos
editarCada verbo finito ten en elefen un suxeito, mesmo se só é un pronome impersoal.
Nalgúns idiomas, omítese o suxeito dos verbos que se relaciona co clima ou o estado de ánimo xeral. En elefen úsase lo:
- Lo neva. – Neva.
- Lo va pluve. – Choverá.
- Lo es tro calda en esta sala. – Fai moita calor nesta habitación.
- Lo es bon – Iso é bo.
Do mesmo xeito, cando o suxeito real é un sintagma nominal, tras lo verbo úsase o antes do verbo:
- Lo pare ce tu es coreta. – Parece que tes razón.
- Lo es importante ce me no oblida esta. – O importante é que non se me esqueza.
Co verbo es, cando o suxeito é un pronome (do tipo el, lo, ou los) seguido dunha proposición relativa, pódese colocar a proposición relativa ao final da frase, e usar lo como pseudo-suxeito de es:
- Lo es me ci ama Maria. = O que ama a María son eu. – son eu o que ama a María.
- Lo es Maria ci me ama. = A que ama é María. – É María a que me ama.
- Lo es la bal blu cual me ia perde. = É a pelota azul a que perdín. = A pelota azul é o que perdín.
Utilízase on ave para indicar que unha cousa existe ou está presente:
- On ave un serpente en la rua. – Hai unha serpe no camiño.
- On no ave pexes en esta lago. – Non hai peixes neste lago.
- On ave multe persones asi oji. – Hai moita xente aquí hoxe.
Verbos usados como substantivos
editarEn elefen pódese usar un verbo como substantivo de dúas formas: o infinitivo e o substantivo verbal. Ambos usan o verbo sen modificar.
O infinitivo introduce unha clase especial de proposición nominal, chamada «proposición infinitiva», cuxo significado é como unha proposición introducida por ce. O infinitivo continúa sendo un verbo, capaz de ser seguido por adverbios e un obxecto, e de negación pola palabra non, posta diante del. É importante remarcar que non acepta suxeito ou un indicador de tempo ou estado de ánimo.
O uso máis común dunha proposición infinitiva é como obxecto doutro verbo. Os suxeitos de ambos os verbos son usualmente o mesmo, pero poden ser diferentes se o significado o suxire, como no exemplo con proibi debaixo:
- Me espera ariva ante tua parti. – Espero chegar antes da súa saída.
- Me ia gusta multe escuta oji mea musica. – Gustoume moito escoitar a miña música hoxe.
- On pote nunca spele coreta mea nom. – As persoas nunca se arranxan para deletrear o meu nome correctamente.
- El teme no velia en la matina. – Ten medo de non espertarse pola mañá.
- La empleor proibi come sanduitxes en la ofisia. - O empregador prohibe comer sándwichs na oficina.
Os infinitos a miúdo tamén son atopados logo de preposicións, onde se poden aceptar pero non antes deles; e adverbios e un obxecto despois deles:
- Me viaja per vide la mundo. – Viaxo para ver o mundo.
- El ia mori pos nomi sua susedor. – Morreu despois de designar ao seu sucesor.
- El ia abri la noza par colpa lo forte con un martel. – Abriu a noz golpeándoa fortemente cun martelo.
- On no pote pasea tra la mundo sin lasa impresas de pede. – Non se pode viaxar polo mundo sen deixar pegada.
Por contraste, o substantivo verbal é só un substantivo, e normalmente é precedido pola ou outro determinante. O substantivo denota un suceso ou a acción do verbo, ou o seu resultado inmediato. Pode aceptar adxectivos, pero debe usarse unha preposición (normalmente de) se necesita incluírse un suxeito:
- Sua condui ia es vera xocante. – O seu comportamento foi realmente impactante.
- El ia destrui sua labora intera. - Ela destruíu o seu traballo enteiro.
- La valsa e la samba es dansas. – O valse e a samba son bailes.
- Esta va es un ajunta bela a la ragu. – Isto vai ser un bo complemento para o guiso.
- Me ia prepara du traduis de la testo. – Preparei dúas traducións do texto.
- «Lfn» es un corti de «lingua franca nova». – «LFN» é unha abreviación de «lingua franca nova».
- La universo ia es estrema peti a la momento de sua crea. – O universo era extremadamente pequeno no momento da súa creación.
Cun verbo como ajunta, hai pouca diferenza entre un ajunta e un ajuntada. Pero la traduida é o texto orixinal a partir do cal se produce la tradui, de igual forma que un crea é o acto de crear un creada. Esta é a consecuencia da importancia dos obxectos dos propios verbos: -da fai sempre referencia ao obxecto. Con crea, o obxecto é tamén o resultado dun acto; pero con tradui, o obxecto é o resultado de dúas cousas diferentes. Para algúns verbos, por exemplo dansa, onde o obxecto e o acto son a mesma cousa, dise un dansa, e non un dansada.
Unha proposición infinitiva pode ser usada como o suxeito dun enunciado:
- Nada es un eserse gustable. – Nadar/a natación é un exercicio agradable.
- Nada en fango no es un eserse gustable. - Nadar en barro non é un exercicio agradable.
- Scrive la novela ia aida el a boni sua stilo. - (O) escribir a novela axudouna a mellorar o seu estilo.
Pero, na escritura, se unha proposición infinitiva é longa, o lector podería interpretar mal o verbo infinitivo como unha orde, ao menos ata que se descubra o verbo principal do enunciado. Pódese evitar isto cambiando o infinitivo por un substantivo verbal, agregando la ou outro determinante diante da proposición, ou usando o plural:
- La nada en fango no es un eserse gustable. - A natación en barro non é un exercicio agradable.
- La scrive de la novela ia aida el a boni sua stilo. – A redacción da novela axudoulle a mellorar o seu estilo.
- Eras es umana, pardonas es divin. – (O) Errar é humano, (o) perdoar é divino.
Preposicións
editarUnha preposición é unha palabra especial que introduce un grupo nominal, formando unha frase preposicional. Unha frase preposicional normalmente modifica un substantivo, pronome, adxectivo, adverbio ou pode modificar unha frase completa. A preposición indica como o sintagma nominal se refire á estrutura contida, mostrando a función que ten na modificación.
O elefen ten 22 preposicións.
a
editarA significa «en» (ás veces, pódese traducir como «a» en español). Presenta un lugar ou un tempo como un punto simple, ou como un espazo xeral ou período, ignorando a súa estrutura interna:
- Nos senta a la table. – Estamos sentados á mesa.
- Me va encontra tu a la crus de vias. – Atopámonos no cruzamento.
- La scala apoia a la mur. – A escaleira está apoiada no muro.
- Tua casa es a lado de mea casa. – A túa casa está á beira da miña.
- El reposa a casa. – Está a descansar en casa.
- Sudan es a sude de Misre. – Sudán está ao sur de Exipto.
- La barco es a mar. – O barco está no mar.
- El ia fini la labora a la comensa de la anio. – Acabou o traballo ao principio do ano.
- A medianote, on va vide focos artal. – A medianoite, haberá fogos artificiais.
- Me debe parti a la ora des-ses. – Teño que irme ás dezaseis horas.
Por extensión en sentido figurado, a introduce o punto de referencia nunha relación:
- Tu sta tro prosima a la borda. – Estás parada demasiado preto do bordo.
- La forma de Italia es simil a un gama. – A forma de Italia é similar a unha perna.
- Esta pen parteni a me. – Esta pluma perténceme.
- Cual aveni si on no conforma a la regulas? – Que pasa se un non se axusta ás regras?
- A la min tredes persones espeta. – Polo menos trinta persoas están a esperar.
Ademais, a pode expresar o movemento cara a un punto. Isto inclúe movementos metafóricos como as transferencias aos beneficiarios, e cambia a un estado novo:
- Me viaja a New York. – Estou a viaxar a Nova York.
- Pone tua libros a via. – Pon os teus libros a distancia.
- El leva sua oios a la sielo. – Levanta os seus ollos ao ceo.
- El ia dona un oso a la can. – Deulle un óso ao can.
- La sorsor ia cambia se a un capra. – O mago transformouse nunha cabra.
- La seja ia cade a pesos. – A cadeira caeu en pedazos.
- La xico ia ajunta sua nom a la lista. – O mozo engadiu o seu nome á lista.
- Dise a me tua nom. – Dime o teu nome.
- Me no va responde a acel demanda. – Non vou responder a esa pregunta.
- Nos desira a tu un bon aniversario. – Desexámosche uns bos aniversarios.
- Tua idea pare asurda a me. – A túa idea paréceme absurda.
- Me pasea longo la strada, de un fini a la otra. – Paseo ao longo da rúa, dun extremo ata o outro.
- Tu irita me de tempo a tempo. – Ti moléstasme de cando en vez.
- La note progresa a la lus prima. – A noite avanza cara ao amencer.
- De lundi a jovedi es cuatro dias. – De luns a xoves hai catro días.
De feito, calquera preposición que indica unha localización tamén pode indicar movemento cara a esa localización. Por exemplo, en me pone mea libros en mea saco (“Poño os meus libros no meu bolso”), en, obviamente, implica o movemento “dentro”. Cando se necesita unha aclaración adicional, a pódese colocar antes da preposición para aclarar o sentido de movemento cara a:
- Core a la casa. – Corre á casa.
- Core en la casa. – Corre na casa.
- Core a en la casa. – Corre dentro da casa.
- La gato salta sur la table. – O gato salta na mesa.
- La gato salta a sur la table. – O gato salta sobre a mesa.
Un uso especial de a é ante unha preposición, para crear un adverbio. Se a preposición denota un lugar, a combinación suxire o movemento na dirección indicada. A ante e a pos tamén se utilizan para referirse aos tempos anterior ou posterior:
- La can core a ante. – O can corre cara a adiante.
- Tu pote pone tua saco a supra. – Podes poñer o teu saco arriba.
- La sumerjor ia vade a su. – O mergullador mergullouse.
- Vide a su. – Mira abaixo.
- Me ia visita esta vila a ante. – Visitei este pobo antes.
- Nos pote reveni a pos. – Podemos volver despois.
Outro uso especial de a é engadir un complemento ao obxecto nunha oración. (Nalgúns casos, tamén se poden utilizar outras preposicións para este propósito.)
- El ia pinti sua casa a blanca. – Pintou a súa casa de branco.
- Me va servi la gambas a/en fria. – Servirei as gambas frías.
- Los ia eleje Maria a/per presidente. – Elixiron a María como presidente.
O complemento pode ser un infinitivo. Per pódese utilizar en lugar de a, pero entón o significado é que o suxeito do verbo principal ten a intención de realizar a acción do verbo infinitivo. A indica que o suxeito propón ao obxecto que o faga:
- El comanda la soldatos a ataca la fortres. – Ordénase aos soldados para atacar a fortaleza.
- Me va instrui vos a parla la lingua. – Ensinareivos a falar a lingua.
ante
editarAnte significa «antes» ou «diante de». É contrario a pos.
No espazo, #ante indica unha localización na parte máis importante dun obxecto especificado. De que lado é máis importante depende do obxecto e o seu contexto. Moitas cousas teñen unha parte obvia que está fronte ao mundo; noutros casos #ante simplemente significa «no lado máis próximo de»:
- Mea peto es ante mea dorso. – O meu peito está en fronte das miñas costas.
- La jornales es ante la libros. – Os diarios están diante dos libros.
- Lo es tan oscur ce me no pote vide mea mano ante mea oios. – Está tan escuro que non podo ver a miña man diante dos meus ollos.
- Un can reposa ante la boteca. – Un can está botado diante da tenda.
- Nos ave multe labora ante nos. – Temos moito traballo ante nós.
Referido ao tempo, ante indica un punto que precede a un momento determinado:
- Janero veni ante febrero – Xaneiro vén antes que febreiro.
- Los intende fini la labora ante la reposa de sol. – Tentan acabar o traballo antes do anoitecer.
- Verje a sinistra ante la fini de la strada. – Xira á esquerda antes do fin da rúa.
- Nos esperia la lampo ante la tona. – Experimentamos o raio antes do trono.
Ante tamén pode indicar o movemento dun punto fronte a algo (= a ante):
- On ia pone un monton de libros ante me. – Eles puxeron unha chea de libros ante min.
- Me veni ante tu per demanda per tua pardona. – Veño diante túa para pedir o teu perdón.
Ante cuando, ou ante ce, significa “antes” como conxunción («antes do momento que»):
- Nos vide la lampo ante cuando nos oia la tona. –Vemos a luz antes de oír o trono.
asta
editarAsta significa «ata» un lugar, obxecto ou momento:
- El ia acompania me asta mea auto. – Acompañoume ata o coche.
- La tera es covreda con neva asta la montania. – A terra está cuberta con neve ata a montaña.
- Me es empapada asta mea pel. – Estou empapado ata a pel.
- La custa ia cade asta sola un euro. – O prezo caeu ata só un euro.
- El ia visita cada pais de Andora asta Zambia. – Ela visitou todos os países desde Andorra ata Zambia.
- Studia la pajes dudes-sinco asta cuatrodes-du. – Estuda as páxinas desde a 25 ata a 42.
Isto conduce á sensación temporal de asta, que é «ata»:
- El labora asta medianote. – El traballa ata medianoite.
- Espeta asta la estate. – Espera ata o verán.
- Asta doman! – Ata mañá!
ca
editarCa significa «que». Indica o punto de referencia para unha comparación de desigualdade:
- Mea can es plu intelijente ca me. – O meu can é máis intelixente ca min.
- Acel es multe min interesante ca esta. – Ese é moito menos interesante que este.
- La sielo e tera ave plu cosas ca tu imajina en tua filosofia. – Hai máis cousas no ceo e a terra que as que ti imaxinas na túa filosofía.
como
editarComo significa «como» ou «similar a». Indica o punto de referencia para unha comparación de igualdade:
- El rie como un iena. – Ri como unha hiena.
- Tua cor es dur como petra. – O teu corazón é duro como unha pedra.
- Iogurte es como crema. – O iogur é como a crema.
- Tu ia veni a la mesma conclui como me. – Chegaches á mesma conclusión ca min.
- Me pote salta tan alta como tu. – Podo saltar tan alto coma ti.
- Condui como un adulte. – Compórtate como un adulto.
con
editarCon significa «con». É contrario a sin.
Introduce un acompañante, cousa ou estado:
- Me vide la xica con sua padre. – Vexo á moza co seu pai.
- Los vole come con nos. – Eles/as queren comer connosco.
- Nos bevi cafe con lete. – Nós bebemos café con leite.
- On ia misca la zucar con sal. – Mesturouse o azucre co sal.
- No multe parolas comensa con X. – Non moitas palabras empezan con X.
- El ia dona a me un libro con multe fotos. – Deume un libro con moitas fotos.
- Elena es un xica con capeles roja. – Elena é unha moza roxa.
- La om vea senta con un pipa en sua boca. – O ancián está sentado cunha pipa na boca.
- Sua sposa regarda el con stona. – A súa esposa mírao con asombro.
- Compara esta con la clima de ier. – Compara este con o clima de onte.
- Tota cambia con la pasa de tempo. – Todo cambia co paso do tempo.
- A cada dia, me leva con la sol. – Cada día, levántome co Sol.
- E con acel parolas, el ia desapare. – E con esas palabras, ela desapareceu.
Con tamén pode significar «por medio de», que presenta algo que se utiliza como unha ferramenta:
- Me scrive con un pen. – Escribo cunha pluma.
- Nos oia con nosa oreas. – Oímos coas nosas orellas.
- La cavalo colpa con sua pede. – O cabalo golpea coa súa pata.
- El ia compra un casa con la mone cual el ia erita. – Comprou unha casa co diñeiro que herdou.
Cando unha acción se produce grazas a algo máis ou menos abstracto, similar á ferramenta, prefírese par.
An con significa «mesmo con»:
- Nos va fali an con tua aida. – Equivocarémonos mesmo coa túa axuda.
contra
editarContra significa «contra».
Presenta algo que se enfronta ou se move na dirección oposta, xa sexa desde un punto de vista real ou metaforicamente:
- Clui tua oios contra la lus. – Pecha os teus ollos contra a luz.
- Esta camera es secur contra acua. – Esta cámara é acuática.
- La elinicas antica ia batalia contra Persia. – Os antigos gregos loitaron contra Persia.
- La scala es contra la serca. – A escaleira está contra o valo.
- El lisca e cade contra la mur. – Deslízase e cae contra a parede.
- Nada contra la flue es difisil. – Nadar contra a corrente é difícil.
- Me es contra la gera. – Estou en contra da guerra.
- Tu ia ata contra mea desiras. – Ti xa actuaches en contra dos meus desexos.
de
editarDe significa «de». Presenta algo como a orixe:
- Me es de New York. – Son de Nova York.
- Me viaja de Paris a London. – Viaxo de París a Londres.
- La paperes ia cade de la fenetra. – Os papeis caeron da xanela.
- Me ia reseta un letera de la re. – Recibín unha carta do rei.
- La furor asconde sua fas de la cameras. – O ladrón escondeu o seu rostro das cámaras.
- La acua difere de la asida par sua cimica. – A auga diferénciase do ácido pola súa química.
- La resulta depende de la metodo usada. – O resultado depende do método usado.
- Nos labora ja de la lus prima. – Estivemos traballando desde o amencer.
- Multe anios ia pasa de la gera. – Pasaron moitos anos desde a guerra.
- La table es fada de lenio. – A mesa está feita de madeira.
- Tu gusta carne de oveta? – Gústache a carne de ovella?
Por extensión, de introduce a persoa ou cousa á que pertence algo:
- Acel es la auto de mea frate. – Ese é o coche do meu irmán.
- Me gusta escuta la canta de la avias. – Gústame escoitar o canto das aves.
- El ia es impresada par la cuietia de la foresta. – Sorprendeuse pola quietude do bosque.
- Dona un peso de torta a me, per favore. – Dáme un pedazo de torta, por favor.
De forma máis abstracta, de a miúdo indica unha relación xeral entre dúas cousas, ou entre unha calidade ou acción e unha cousa:
- Me ave tre caxas de libros per vende. – Teño tres caixas de libros para vender.
- El ia presta a me un tela de un color fea. – El/a prestoume unha tea dunha cor fea.
- La tore ave cuatro metres de altia. – A torre ten catro metros de altura.
- Esta balde es plen de pexes. – Este balde está cheo de peixes.
- Nos vole es libre de vos. – Queremos liberarnos de vostedes.
- La ora ia veni per parla de multe cosas. – Chegou o momento de falar de moitas cousas.
O que sería un substantivo composto nalgunhas linguas exprésase comunmente como dous substantivos unidos por de en elefen:
- Mea oculo de sol es rompeda. – As miñas lentes de sol están rotas.
- La gavota es un avia de mar. – A gaivota é unha ave de mar.
- Esta va es tua sala de dormi. – Este será o teu dormitorio.
- Tu ia oblida aplica la freno de mano. – Esquecícheste de poñer o freo de man.
- Per sua come de matina, el bevi sola cafe. – Para o seu almorzo, ela bebe só café.
- El es la campion de mundo de tenis de table. – El é o campión do mundo de tenis de mesa.
De ocorre como o segundo elemento nunha serie de expresións fixas que funcionan como preposicións compostas:
- Los ia ajunta tota la ingredientes con eseta de la sal. – Engadiron todos os ingredientes con excepción do sal.
- Los ia usa zucar en loca de sal. – Usaron azucre en lugar de sal.
- Me es tarda par causa de un conjesta de trafica. – Atraseime por culpa dunha conxestión de tráfico.
- La campaneria es a destra de la catedral. – O campanario está á dereita da catedral.
De pode colocarse antes doutra preposición para indicar o movemento afastándose de:
- La gato salta de sur la seja. – O gato salta desde a cadeira.
- Un arania rampe de pos la orolojo. – Unha araña arrástrase desde detrás do reloxo.
- La pasaros asende de entre la arbores. – Os gorrións soben de entre as árbores.
Do mesmo xeito que a, de pode converter unha preposición nun adverbio. O adverbio significa «desde a localización suxerida polo contexto»:
- La monstro ia veni de su. – O monstro veu desde abaixo.
- La gidor ia cria de ante, ma me no ia pote oia. – O guía estaba a gritar desde a parte dianteira, pero eu non podía oílo.
De cuando, ou de ce, significa «desde» como conxunción («desde o momento que»):
- De cuando me ia es un enfante, me desira sta sur la luna. – Desde que son neno, desexo estar sobre a lúa.
en
editarEn significa «en». É contraria a estra.
Indica unha localización no espazo ou no tempo que está total ou parcialmente contida noutra cousa:
- Mea cor es en mea peto. – O meu corazón está no meu peito.
- La sol es en la sielo. – O Sol está no ceo.
- Nos espeta en la auto. – Estamos a esperar no coche.
- La plantas es en vasos. – As plantas están en macetas.
- Sua ditos es fisada en la manico de un tas. – Os seus dedos están atrapados na asa dunha cunca.
- Me ave alga pensas en mea mente. – Teño algúns pensamentos na miña mente.
- Gatos no gusta es en acua. – Aos gatos non lles gusta estar na auga.
- Nos no vide la stelas en la dia. – Non vemos as estrelas durante o día.
- Beethoven ia nase en 1770. – Beethoven naceu en 1770.
- Nos ia visita la museo en febrero. – Visitamos o museo en febreiro.
- El ia scrive la libro en tre semanas. – Escribiu o libro en tres semanas.
En sentido figurado, a localización pode ser un estado, ou unha actividade, ou unha maneira:
- Me no vole viaja en esta clima. – Non quero viaxar con este clima/tempo.
- La construida es en foco. – O edificio está en chamas.
- Nos es en peril. – Estamos en perigo.
- Esce nos es en acorda? – Estamos de acordo?
- En ajunta, me vide un problem nova. – Por riba, vexo un novo problema.
- En fato, me vide du problemes. – De feito, eu vexo dous problemas.
- Nos ia pasa un ora en conversa. – Pasamos unha hora conversando.
- La enfantes senta en un sirculo. – Os nenos están sentados nun círculo.
- Me va repete esta en elinica. – Repetireino en grego.
- La presos es en euros. – Os prezos están en euros.
En tamén pode significar «dentro de» (= a en):
- El ia cade en la rio. – Caeu ao río.
- Pone la dejetada en la baldon. – Pon o lixo no contedor.
- Un bon idea ia veni en sua testa. – Unha boa idea veulle á cabeza.
- Me ia tradui la article en franses. – Traducín o artigo ao francés.
- Nos pasa en un eda nova. – Estamos a pasar a unha nova era.
En cuando, ou en ce, significa «mentres», «nun punto durante o momento en que»:
- Lo ia comensa pluve forte en cuando la reportor ia parla. – Empezou a chover fortemente, mentres que o reporteiro estaba a falar.
entre
editarEntre significa «entre». Indica que un lugar ou tempo está rodeado por outros dous ou máis.
- Mea testa es entre mea oreas. – A miña cabeza está entre as miñas orellas.
- La table es entre la seja e la mur. – A mesa está entre a cadeira e a parede.
- Txesco es entre Deutxland, Osteraic, Slovensco, e Polsca. – Chequia está entre Alemaña, Austria, Eslovaquia, e Polonia.
- El viaja entre Paris e Madrid a cada semana. – Viaxa entre París e Madrid cada semana.
- Tu es entre amis asi. – Aquí estás entre amigos.
- La bal ia cade entre la flores. – A pelota caeu entre as flores.
- Cual es la difere entre un mur e un serca? – Cal é a diferenza entre unha parede e un valo?
- Elefen promove comunica entre poplas. – O elefen promove a comunicación entre os pobos.
- On va ave un interval de des minutos entre la du atas. – Haberá un intervalo de dez minutos entre os dous actos.
- El ia nase entre la geras. – Naceu entre guerras.
- Me velia usual entre sete e oto. – Eu levántome normalmente entre as sete e as oito.
- On debe paia entre des e dudes euros. – Hai que pagar entre dez e vinte euros.
estra
editarEstra significa «fóra». O contrario é en.
Indica que unha cousa non está contida noutra:
- Mea sapato es estra mea calseta. – O meu zapato está por fóra do calcetín.
- El abita estra la site. – Vive fóra da cidade.
- On no ave aira estra la barcon. – Non hai aire fóra do barco.
- Tu es aora estra peril. – Agora estás fóra de perigo.
- No telefoni estra la oras de labora. – Non telefone fóra das horas de traballo.
Estra tamén pode indicar o movemento desde unha localización (= a estra):
- La enfantes core estra la casa. – Os nenos corren fóra da casa.
En sentido figurado, estra pode significar «excepto»:
- El recorda no cosa estra sua nom. – Non lembra nada excepto o seu nome.
longo
editarLongo significa «por» / «ao longo de». Indica o roteiro que algo segue a medida que se move:
- Me pasea longo la strada. – Paseo pola rúa.
- La balsa ia flota longo la rio. – A balsa flotaba polo río.
- La xico lisca longo la ramo. – O neno deslízase ao longo da rama.
- Un arania rampe longo mea gama. – Unha araña rube pola miña perna.
Por extensión, tamén pode significar «segundo» o que alguén dixo ou escribiu:
- Longo la predise, oji va es an plu calda. – Segundo o prognóstico, hoxe será aínda máis cálido.
- La viaja tra tempo es posible, longo esta fisiciste. – A viaxe no tempo é posible, segundo este físico.
par
editarPar significa «por». Indica o axente dun verbo pasivo, ou o autor dunha creación:
- El ia es colpada par un bal de neva. – Foi golpeada por unha bóla de neve.
- Me es surprendeda par tua reata. – Estou sorprendido pola túa reacción.
- Suiz es ensircada par otra paises. – Suíza está rodeada por outros países.
- Hamlet es un teatral par Shakespeare. – Hamlet é unha obra de Shakespeare.
Por extensión, tamén indica unha acción ou método polo cal se fai algo:
- Me ia viaja asi par tren. – Viaxei aquí en tren.
- Roberto es mea fio par sposi. – Roberto é o meu fillastro.
- La botelas es codigida par color. – As botellas están codificadas por cores.
- Nos ia descovre tua secretas par nosa spiores. – Descubrimos os teus segredos por medio dos nosos espías.
- La prisonida ia evade par asconde su un camion. – O prisioneiro escapouse escondéndose baixo un camión.
- Me va destrui la serca par sola un colpa de pede. – Vou esnaquizar o valo dunha única patada.
- On no pote solve esta problem par negosia. – Non se pode solucionar este problema negociando.
Cando un verbo transitivo convértese nun substantivo, e o suxeito e o obxecto do verbo son de natureza similar (por exemplo, os dous son persoas), par utilízase para indicar o suxeito e de ou a para indicar o obxecto:
- La ama par la madre. – Amor de nai.
- La ama de/a la madre. – O amor pola nai.
- La ataca de la troianes par la elinicas. – O ataque aos troianos polos gregos (o ataque dos gregos contra os troianos)
per
editarPer significa «por» ou «para». Introduce un obxectivo ou destinatario:
- Nos labora per mone. – Nós traballamos por diñeiro.
- Tases es usada per bevi. – As cuncas úsanse para beber.
- Me viaja per vide la mundo. – Viaxo para ver o mundo.
- Tu es vestida per un sera de dansa. – Ti estás vestida para unha tarde de baile.
- Me va vade a la botecas per tu. – Vou ir aos locais por ti.
- El ia scrive la libro per sua madre. – Escribiu o libro para a súa nai.
- La viaja va es perilosa per tu. – A viaxe vai ser perigosa para vos.
- Me batalia per mea vive. – Loito pola miña vida.
- Per esta razona, me no pote parla longa. – Por esta razón, non podo falar moito.
- Per esemplo, considera la balena. – Por exemplo, consideren a balea.
Por extensión, tamén indica unha dirección cara a algo:
- La amis ia parti per la costa. – Os amigos foron á costa.
- El colpa la bal per la gol. – Golpea a pelota para meter gol.
Por extensión, tamén indica un artigo intercambiado por outro:
- Tu ia paia tro per acel computador. – Pagaches demasiado por esa computadora.
- Me ia compra lo per mil euros. – Compreino por mil euros.
- Grasias per tua carta postal. – Grazas pola túa postal.
Pódese indicar un período de tempo previsto:
- Nos vade a Colorado per un semana. – Imos a Colorado por unha semana.
- Me no va retarda tu per plu ca un minuto. – Non che atrasarei máis dun minuto.
Como caso especial, per introduce algo que se ve favorecido ou representado:
- Me ia vota per la proposa, ma tu ia vota contra lo. – Votei pola proposta, pero ti votaches en contra.
- Car tu no ia es ala, me ia parla per tu. – Como non estabas alí, falei por vós.
pos
editarPos significa «detrás de» ou «despois de». O seu contrario é ante.
No espazo, indica unha localización no lado menos importante dun obxecto especificado:
- Mea dorso es pos mea peto. – As miñas costas están detrás do meu peito.
- La aparatos es pos un porte securida. – Os aparellos están detrás dunha porta de seguridade.
- La xicos turbosa ia asconde pos la cabana. – Os nenos travesos escondéronse detrás do alpendre.
Temporalmente, pos indica un punto que segue a un tempo especificado:
- Desembre veni pos novembre. – Decembro vai despois de novembro.
- Los va comensa bevi pos la reposa de sol. – Comezarán a beber tras o atardecer.
- Verje a destra pos la eglesa. – Xira á dereita despois da igrexa.
- Me va reveni pos tre dias. – Volverei en tres días.
Pos tamén pode indicar o movemento dun punto desde detrás de algo (= a pos):
- La serpente ia desapare pos la arbor. – A serpe desapareceu tras a árbore.
Pos cuando, ou pos ce, significa «despois» como unha conxunción («despois do tempo que»):
- Nos oia la tona pos cuando nos vide la lampo. – Oímos o trono despois de ver un raio.
sin
editarSin significa «sen». Indica algo que está ausente:
- Tua sposa gusta sua cafe sin lete. – Á túa muller gústalle o café sen leite.
- Me ia pasea tra la pluve sin parapluve. – Paseei baixo a choiva sen paraugas.
- On ave no fuma sin foco. – Non hai fume sen lume.
- Me va decora la casa intera sin aida. – Decorarei a casa enteira sen axuda.
- Tu es tota sin compatia. – Es todo menos compaixón.
- El ia adormi sin intende. – Ela durmiu sen intención.
- La rexercor ia sorti sin descovre la responde. – O investigador deixou a resposta sen descubrir.
- La depinta ia cade sin causa evidente. – A pintura caeu sen causa evidente.
sirca
editarSirca significa «ao redor». Indica unha posición que rodea ou encerra algo máis:
- La campores fa cantas sirca la foco. – Os campistas cantan cancións ao redor do lume.
- Mea mano es cluida sirca mea diton. – A miña man pechouse ao redor do meu polgar.
- Edera crese sirca la tronco. – A hedra crece ao redor do tronco.
- On ave pinta verde sirca la fenetras. – Hai pintura verde ao redor das xanelas.
Tamén pode indicar o movemento ao redor de algo:
- La luna vade sirca la tera, e la tera vade sirca la sol. – A Lúa vira ao redor da Terra, e a Terra vira ao redor do Sol.
- Nos intende viaja sirca la mundo par cavalo. – Temos a intención de viaxar ao redor do mundo en cabalo.
- El vaga sirca la jardin e ole la flores. – El pasea ao redor do xardín e cheira as flores.
Con expresións de tempo e cantidade, sirca indica que o valor é aproximado – o valor real está nalgún lugar ao redor do rango:
- Me ave sirca sincodes anios. – Teño uns 50 anos de idade.
- Me pote pensa a sirca sento razonas per no revela mea eda. – Podo pensar nunhas cen razóns para non revelar a miña idade.
- La conserta ia comensa sirca dui pos dudes. – O concerto comezou ao redor das vinte e media.
- Sirca la lus prima, me ia oia tua can abaiante. – Ao amencer, oín o teu can ladrando.
su
editarSu significa «debaixo» / «baixo». Indica un lugar que está máis baixo que outro, xa sexa física ou metaforicamente:
- La neva craci su mea pedes. – A neve crepita baixo os meus pés.
- La solo es su la sofito. – O chan está por baixo do teito.
- Antilopes ia reposa su la arbores. – Os antílopes estaban a descansar baixo as árbores.
- On ave un table de sanduitxes su la fenetra. – Hai unha mesa de sándwichs baixo a xanela.
- Tu pare es su la influe de la vino. – Parece que estás baixo a influencia do viño.
- Me no pote labora su tua regulas. – Non podo traballar baixo as túas normas.
Por extensión, su tamén pode indicar calquera localización que está cuberta fisicamente por algo, sexa maior ou menor:
- La color vera de la sofito es apena vidable su esta pinta fea. – A cor real do teito é apenas visible baixo esta pintura fea.
- Me ave un paceta su mea braso. – Teño un paquete debaixo do brazo.
- El ia porta un sueter su sua jaca. – Levaba un xersei debaixo da chaqueta.
Su tamén pode indicar o movemento de algo por baixo dun lugar (= a su):
- La acua ia vade su la mobilas. – A auga foi por baixo dos mobles.
supra
editarSupra significa «por encima de». Indica unha localización que é máis alta que outra, xa sexa física ou metaforicamente:
- La nubes es supra mea testa. – As nubes están por encima da miña cabeza.
- La teto es supra la sofito. – O tellado está por encima do teito.
- El ia apoia supra la table per ateni la sal. – Inclinouse sobre a mesa para chegar ao sal.
- Un tempesta enorme developa supra la mar. – Unha enorme tormenta avecíñase sobre o mar.
Supra implica unha separación entre os dous elementos. Se non hai ningún espazo, sur utilízase no seu lugar.
Por extensión, supra tamén pode indicar calquera cousa que cobre fisicamente outra cousa, xa sexa realmente máis alto ou non:
- La montania lansa un ombra supra nosa casa. – A montaña lanza unha sombra sobre a nosa casa.
- El ia porta un covretota supra sua otra vestes. – Ela levaba un abrigo sobre os seus outras vestimentas.
Supra tamén pode indicar o movemento por encima dun lugar (=a supra):
- La sol leva supra la tera. – O Sol elévase sobre a Terra.
sur
editarSur significa «sobre». Indica unha localización na superficie de algo, xa sexa mantido unido ao mesmo pola gravidade ou por calquera outra maneira:
- Mea xapo es sur mea testa. – O meu chapeu está sobre a miña cabeza.
- No senta sur la seja rompeda. – Non te sentes sobre a cadeira rota.
- Si on sta sur la balcon, on vide la mar. – Se un está parado sobre o balcón, un pode ver o mar.
- La asfalto sur la strada fonde en la caldia. – O asfalto na estrada se derrite coa calor.
- Esce la vive esiste sur Marte? – Hai vida sobre Marte?
- Me va pende esta depinta sur la mur. – Vou colgar esta pintura na parede.
- La om ia besa la fem sur sua jena. – O home bicou á muller na fazula.
Sur tamén pode significar «encima» ou «en» (= a sur):
- Pone tua cartas sur la table. – Pon as túas cartas encima da mesa.
- Un roca cual cade sur la tera es nomida un meteorite. – Unha roca que cae sobre a Terra chámase «meteorito».
- El ia pone un dital sur sua dito. – Púxose un dedal no seu dedo.
Metaforicamente, sur significa «sobre» ou «sobre o tema de»:
- La teatral es sur la gera. – A obra de teatro é sobre a guerra.
- Me ia leje multe libros sur la tema. – Lin moitos libros sobre o tema.
- La xica plora sur sua pupa perdeda. – A nena está a chorar pola súa boneca perdida.
tra
editarTra significa «a través de». Indica unha localización dentro da cal se produce o movemento, ao pasar dun extremo ao outro:
- Acua flue tra la tubos. – A auga flúe a través das tubaxes.
- La enfantes ia core tra la vileta. – Os nenos corrían a través da vila.
- La pluve ia trova un via tra mea saco. – A choiva atopou un camiño a través do meu saco.
- La tren vade de Milano a Roma tra Bologna. – O tren vai de Milán a Roma pasando por Boloña.
- Un rueta gida tra la campos a la lago. – Un carril guía a través dos campos ata o lago.
- Me regarda la stelas tra la fenetra abrida. – Vexo as estrelas a través da xanela aberta.
- Los ia resta juntada tra la anios. – Estiveron xuntos ao longo dos anos.
- El ia senta en un sejon tra la note. – Sentou nunha cadeira de brazos durante toda a noite.
- On ia oia la esplode tra la site. – Oíuse a explosión por toda a cidade.
Tra cuando, ou tra ce, é unha conxunción que significa «todo o tempo que»:
- Me senta tra cuando mea larmas flue. – Quedo sentado mentres flúan as miñas bágoas.
ultra
editarUltra significa «máis aló de». Indica unha localización alén de algo:
- La scola es ultra la eglesa. – A escola está máis aló da igrexa.
- Ultra la ponte es un vista merveliosa. – Máis aló da ponte hai unha vista marabillosa.
- Esta taxe es ultra mea capasia. – Esta tarefa está máis aló do meu talento.
Tamén pode indicar o movemento máis aló dun lugar (= a ultra):
- La esplorores ia viaja ultra la montanias. – Os exploradores viaxaron máis aló das montañas.
- Los ia remi un barceta ultra la lago. – Remaron en bote ata o outro lado do lago.
Conxuncións
editarUnha conxunción é unha palabra que une dúas proposicións. Hai dous tipos: coordinantes e subordinantes.
Conxuncións coordinantes
editarUnha conxunción coordinante une dous compoñentes do mesmo tipo, producindo un compoñente máis longo do mesmo tipo. Por exemplo, dúas frases nominais unidas por e forman unha frase nominal máis longa. Hai catro conxuncións coordinantes:
- e – «e» (ambos os compoñentes son igualmente válidos)
- o – «ou» (un dos compoñentes é válido, eventualmente o outro tamén)
- no – «non», «e non», «pero non» (o primeiro compoñente é válido, o segundo non)
- ma – «pero» (ambos os compoñentes son igualmente válidos, pero contrastan entre si)
Exemplos:
- La om e la fem vade a la casa. – O home e a muller van á casa.
- Tu es multe vea e saja. – Es moi vello e sabio. (Probablemente moi sabio, de non ser así a frase sería tu es saja e multe vea)
- El ia labora ante e pos sua vacanse. – Ela traballou antes e despois das súas vacacións.
- Sua aniversario es en marto o april. – O seu aniversario é en marzo ou abril.
- Tu desira cafe o te? – Queres café ou té?
- On pote visita la museo a lundi o jovedi. – Pódese visitar o museo o luns ou o xoves (ou ambos os dous).
- On ia eleje tu, no me. – Eles elixíronte a ti, non a min.
- Me ia conta no sola la oveas ma ance la capras. – Contei non só as ovellas, senón tamén as cabras.
Coas listas de máis de dous artigos, a conxunción normalmente substitúese por unha coma, excepto entre as dúas últimas. Unha coma pódese colocar a miúdo antes da conxunción, como no exemplo seguinte:
- Nos va viaja tra Italia, Suiz, Osteraic, e Deutxland. – Imos viaxar por Italia, Suíza, Austria e Alemaña.
Pódense duplicar e, o, e no para dar énfase, colocando a conxunción adicional diante do primeiro elemento. A dobre o descarta a posibilidade de que ambos os compoñentes sexan válidos:
- e … e – tanto… como
- o… o – ou ben… ou
- no… no – nin… nin
Exemplos:
- E Luis e Maria vade a scola. – Tanto Luis como María van á escola.
- O tu o me gania, ma no ambos. – Ou ben ganas ti ou ben gaño eu, pero non ambos.
- Me ave no la tempo no la desira per leje plu. – Non teño o tempo nin o desexo de ler máis.
E, o e ma poden tamén unir dous enunciados ou frases:
- Me ia vade a la biblioteca, e tu ia visita la museo. – Eu fun á biblioteca e ti visitaches o museo.
- O nos solve esta problem, o la mundo va fini. – Ou resolvemos este problema, ou se acabará o mundo.
- Ma acel es difisil. – Pero iso é difícil.
O adverbio donce tamén se utiliza desta maneira, para dicir e donce:
- Me pensa, donce me esiste. – Penso, logo existo.
- Nos no ave un mapa, donce nos es perdeda. – Non temos un mapa, por tanto estamos perdidos.
Conxuncións subordinantes
editarUnha conxunción subordinante une unha proposición á oración, indicando a súa función na frase.
Hai tres tipos: pronomes relativos, adverbios interrogativos e conxuncións especiais.
Pronomes relativos
editarOs pronomes interrogativos cual e ci poden tamén actuar como conxuncións introducindo os subordinantes relativos:
- La om ci ia abita asi ia vade a New York. – O home que vivía acá foise a Nova York.
- La poma cual ia cade de mea saco es aora noncomable. – A mazá que caeu da miña bolsa agora é incomestible.
- La fem de ci nos parla labora a mea ofisia. – A muller da que falamos traballa na miña oficina.
- Tua libro, en cual me ia scrive sua nom, es sur la table. – O teu libro, no cal escribín o seu nome, está sobre a mesa.
Polo xeral, refírense a un substantivo precedente. Ás veces, omítese ese substantivo. En tales casos, pódese agregar un pronome para aclarar o significado:
- Esta es lo cual parteni a tu. – Isto é o que che pertence.
- La auto blu es lo en cual nos vole viaja. – O auto azul é no que queremos viaxar.
- Acel es el ci me ia vide. – Ese é o que vi.
- Tu es el a ci me ia parla ier. – Vostede é a quen eu lle falei onte.
- Ci osa, gania. – O que arrisca, gaña.
O uso de cual e ci en preguntas indirectas é moi similar.
Adverbios interrogativos
editarOs adverbios interrogativos —do, cuando, cuanto, como, e perce— poden servir como conxuncións subordinantes introducindo oracións circunstanciais subordinadas:
- Nos parla como nos pensa. – Falamos como pensamos.
- Me dormi cuando me pote. – Durmo cando podo.
- Me va esplica cuanto me comprende. – Explicarei todo o que comprendo.
- Nos abita do la du rios encontra. – Vivimos onde os dous ríos se atopan.
- Me ia fini la taxe en cuando tu ia parla a me. – Terminei a tarefa mentres me estabas falando.
- Nos va core a do la vias encontra. – Imos correr onde os camiños se atopan.
Tamén se pode utilizar despois dun nome, como conxuncións que introducen un enunciado subordinado de relativo:
- Me labora en Paris, do me abita. – Traballo en París, onde vivo.
- El va visita en julio, cuando la clima es bon. – Ela estará de visita en xullo, cando o clima é bo.
- Acel es la razona perce Juan ia parti. – Esa é a razón pola que Juan se foi.
E tamén se utilizan en preguntas indirectas (un tipo de subordinada circunstancial).
Conxuncións especiais
editarAs conxuncións subordinantes especiais ce e esce introducen as subordinadas nominais. Ce introduce unha información adicional, e esce introduce unha pregunta indirecta acerca da veracidade do enunciado:
- Me pensa ce tu nesesa un vacanse. – Creo que necesitas unhas vacacións.
- Me no sabe esce el va veni. – Non se se vai vir.
Poden ser utilizados despois de certos nomes, adxectivos e preposicións para completar o significado:
- La idea ce la sol orbita la tera es un era. – A idea de que o Sol orbita a Terra é un erro.
- Nos es surprendeda ce vos no ia cexa. – Estamos sorprendidos de que non vos queixásedes.
- Me es felis ce tu ia susede. – Estou contento de que tiveses éxito.
- Los no ia es serta esce la tren ia parti ja. – Non estaban seguros de se o tren xa partira.
- La gato ia entra a la sala sin ce algun vide el. – O gato entrou na habitación sen que ninguén o vise.
Ce tamén pode ser usado para introducir unha frase que expresa un resultado:
- El ia es tan fatigada ce el no ia pote pensa. – El estaba tan fatigado que non podía pensar.
- El ia es tan fame ce el ia pote oia la ronca de sua stomaco. – Ela tiña tanta fame que podía escoitar ruxir o seu estómago.
Os subordinantes especiais afin, car, si e ca introducen frases adverbiais:
- Me va veni si tu clama. – Virei se chamas.
- Me labora afin mea enfantes pote come. – Traballo para que os meus nenos poidan comer.
- Lo es calda car la sol brilia. – Fai calor porque o Sol brilla.
- Esta es plu labora ca me ia espeta. – Isto é máis traballo do que esperaba.
Preguntas
editarHai tres tipos de preguntas: aquelas que poden ser contestadas cun simple “si” ou “non”, as que presentan unha gama de opcións para elixir, e as que piden unha información particular.
Ademais, as preguntas poden ser directas (“Onde imos?”) ou indirectas (“Pregunteiche cara a onde imos”, “Non sei o que son”). As preguntas directas terminan cun signo de interrogación (?).
Preguntas do tipo si/non
editarUnha frase pode converterse nunha pregunta do tipo afirmativo/negativo mediante o uso de esce (“é certo que…”) ao comezo da frase:
- Esce tu parla deutx? – Falas alemán?
- Esce tu ia come la salada? – Comiches a ensalada?
Hai outras dúas formas. Na conversación, en preguntas que propoñen unha posibilidade e limítanse a pedir a confirmación, pódese engadir ao final da frase si? ou no? E nas preguntas moi simples, pódese elevar o ton da voz ao final da frase:
- Tu ia come la salada, si? – Comiches a ensalada si?
- Tu ia come la salada, no? – Comiches a ensalada, non?
- Tu ia come, si? – Comíchela si?
- Nos es perdeda, no? – Estamos perdidos non?
- Vos comprende? – Enténdesme?
A resposta a unha pregunta do tipo se/non é si (“se”) ou non (“non”). Se indica que a posibilidade expresada pola pregunta é verdadeira; non indica que é falsa:
- Tu desira bir? – Queres cervexa?
- Si, per favore. – Si, por favor. (Quero)
- No, grasias. – Non, grazas. (Non quero)
Se unha pregunta é negativa, si e no ten o mesmo significado que se a pregunta fose positiva pero pode crear unha confusión que se pode evitar respondendo cunha frase completa:
- Tu no desira bir? – Queres cervexa?
- Si. – Si. (Quero)
- No. – Non. (Non quero)
- Si, me desira bir. – Si, quero.
- No, me no desira bir. – Non, non quero.
Preguntas alternativas
editarUnha pregunta alternativa simplemente pídelle ao interlocutor escoller entre unha serie de opcións, xeralmente expresadas como unha lista unida coa conxunción o:
- Tu desira te, cafe o bir? – Queres té, café ou cervexa?
- Cafe, per favore. – Café, por favor.
- Tu ia veni par auto, o par bisicle o tu ia pasea? – Viñeches en auto, bicicleta ou a pé?
Outras preguntas
editarOutras preguntas utilizan determinantes interrogativos, pronomes ou adverbios, tales como cual, ci, cuando, cuanto, como, do e perce. A palabra interrogativa colócase ao comezo da frase, pero pode tamén aparecer onde se atoparía a resposta:
- Cual libro tu leje? = Tu leje cual libro? – Que libro les?
- Ci es tua autor prefereda? = Tua autor prefereda es ci? – Cal é o teu autor preferido?
- Cual es acel musica fea? = Acel musica fea es cual? – Cal é esta música horrible?
- Cuando tu dormi? = Tu dormi cuando? – Cando dormes?
- Cuanto tu ia paia? = Tu ia paia cuanto? – Canto pagaches?
- Como vos ia evade? = Vos ia evade como? – Como che escapaches?
- Do nos es? = Do es nos? = Nos es do? – Onde estamos?
- Perce tu core? = Tu core perce? – Por que corres?
- Con cual tu come la salada? = Tu come la salada con cual? – Con que comes a ensalada?
- Cual force tu usa per come la salada? = Tu usa cual force per come la salada? – Que garfo usas para comer a ensalada?
- Con cual force tu come la salada? = Tu come la salada con cual force? – Con que garfo comes a ensalada?
- Como rapida tu pote come la salada? = Tu pote come la salada como rapida? – Con que rapidez podes comer a ensalada?
Preguntas indirectas
editarAs preguntas indirectas son proposicións subordinadas nominais que normalmente contén a mesma serie de palabras que tería unha pregunta directa, entre elas o mesmo tempo verbal. Na pregunta indirecta, a palabra interrogativa sempre se pon ao principio da oración subordinada:
- Vos va demanda: «Ci tu ia vide?» > Vos va demanda ci me ia vide.
- Preguntarás: «A quen viste?» > Preguntarás a quen vin.
- Me no recorda: «A ci me ia parla?» > Me no recorda a ci me ia parla.
- Non recordo: «A quen falo?» > Non me lembro a quen falei.
- Los no sabe: «Cual nos va fa?» > Los no sabe cual cosa los va fa.
- Non saben: «Que faremos?» > Non saben que farán.
- Me vide: «Do me va senta?» > Me vide do me va senta.
- Vin: «Onde me sento?» > Vexo onde me sentarei.
- Me no ia sabe: «Cuando nos va parti?» > Cuando nos va parti, me no ia sabe.
- Non sei: «Cando nos iremos?» > Non sei cando nos iremos.
As preguntas indirectas do tipo «se»/«non» constrúense sempre con esce:
- El no sabe: «Esce los ia parti?» > El no sabe esce los ia parti.
- Non sabe: «Fóronse?» > Non sabe se se foron.
- El ia demanda: «Esce tu pote aida?» > El ia demanda esce me pote aida.
- Preguntou: «Podo axudar?» > Preguntou se pode axudar.
Nalgúns casos, a diferenza entre unha pregunta indirecta e unha proposición relativa é moi sutil:
- (a) Me ia descovre cual cosa es en la caxa. (pregunta indirecta)
- (b) Me ia descovre lo cual es en la caxa. (proposición relativa)
No exemplo «(a)», descubrín a identidade da cousa na caixa, aínda que non a puiden ver ou tocar directamente. No exemplo «(b)», descubrín a cousa mesma.
Proposicións
editarComo a frase, a proposición contén un suxeito e un verbo, pero forma parte dunha oración máis grande.
Cada oración contén unha proposición principal. Isto pódese modificar de varias maneiras por unha ou máis proposicións subordinadas. Se unha oración subordinada modifica un sintagma nominal, chámase oración relativa. Se modifica un verbo ou toda a preposición principal, chámase cláusula adverbial. E se funciona como substantivo, proposición nominal.
Ademais, unha oración pode conter máis dunha proposición principal.
Proposiciones relativas
editarProposiciones adverbiales
editarUnha proposición adverbial (ou subordinada circunstancial) modifica o verbo da proposición principal, ou a proposición completa. Introducimos unha proposición adverbial cunha conxunción relativa (como, cuando, cuanto, do) ou unha das conxuncións especiais si, car, afin, e ca:
- Me no teme la can, car el es multe peti. – Non teño medo ao can, porque é moi pequeno.
- Si los redui tro rapida sua pesa, los va regania lo. – Se perden peso moi rápido, recuperarano.
- Me core afin la rinosero no catura me. – Corro para que o rinoceronte non me atrape.
- Esta es plu labora ca me ia previde. – Isto é máis traballo do que esperaba.
- El ia scrive cuando sua madre ia demanda. – Escribiu cando a súa nai llo pediu.
- El dise ce el es felis do el abita. – Di que é feliz onde vive.
- On no ia permete ce me fa la cosas como me ia desira. – Non se me permitía facer as cousas como quería.
Unha proposición adverbial introducida por unha conxunción relativa (como, cuando, cuanto, do) pode ser considerada como proposición adxectival abreviada. Por exemplo, os tres últimos exemplos anteriores poden tamén expresarse da seguinte forma:
- El ia scrive a la ora cuando sua madre ia demanda. – Escribiu no momento en que a súa nai llo pediu.
- El dise ce el es felis a la loca do el abita. – Di que é feliz no lugar onde vive.
- On no ia permete ce me fa la cosas en la modo como me desira. – Non se me permitía facer as cousas como eu quería.
Proposicións nominais
editarUnha proposición nominal (ou subordinada completiva) funciona como un substantivo: pode ser o suxeito ou o obxecto dun verbo ou preposición. As proposicións nominais introdúcense coas conxuncións especiais ce ou esce, cun dos pronomes relativos ci e cual, ou por unha das conxuncións relativas.
Para ver se unha proposición é realmente unha proposición nominal, substitúa «el», «ela», «eles» ou «elas» pola proposición. Se se produce unha oración correcta é que a proposición é nominal. As proposicións nominais adoitan ser obxectos dos verbos de pensamento, sensación ou emoción:
- Me vide do tu es. – Vexo onde estás.
- Cuando me va parti, me no sabe. – Cando me irei, non o sei.
- Me sabe de do tu veni. – Sei de onde vés.
- Me sabe ci ia dise acel. – Sei quen dixo iso.
- Me ia oia cual tu ia dise. – Escoitei o que dixeches.
- Me pote divina cual el leje. – Podo adiviñar que está a ler ela.
Moitas proposicións nominais son introducidas polas conxuncións especiais ce (“que”) ou esce (“se”):
- Me pensa ce el es bela. – Creo que é fermosa.
- Me pensa ce el pote salta a un metre alta. – Creo que pode saltar un metro de altura.
- Me pensa ce si. – Creo que si.
- Me duta esce el pote salta a un metre alta. – Dubido que poida saltar un metro de altura.
As proposicións nominais a miúdo informan do que alguén dixo, pensado ou preguntado. En todos os casos, o tempo do verbo na proposición nominal segue sendo o mesmo que no discurso, pensamento ou pregunta orixinal:
- Me ia dise: «Me veni de London.» → Me ia dise ce me veni de London.
- Dixen: «Veño de Londres.» → Dixen que viña de Londres.
- El pensa: «La tren ia es tarda.» → El pensa ce la tren ia es tarda.
- El preguntou: «Cando nos imos ir?» → El preguntounos cando nos iamos.
- El ia demanda: «Cuando nos va parti?» → El ia demanda cuando nos va parti.
- Quero saber: «Onde está a festa?» (~)→(~) Quero saber onde está a festa.
- Me va vole sabe: «Do la selebra es?» → Me va vole sabe do la selebra es.
- Quero saber: «Onde está a festa?» → Quero saber onde está a festa.
Algunhas subordinadas adxectivais ou adverbiais ás veces poden confundirse con subordinadas nominais. Para aclarar que se trata dunha subordinada adxectival ou adverbial, engádese un nome ou un pronome diante de cual ou ci:
- Me no comprende la ata cual tu intende. – Non entendo a acción que pensas facer.
- Me ia oia lo cual tu ia dise. – Escoitei o que dixeches.
- Me no conose el ci tu ia indica. – Non coñezo a persoa que vostede indicou.
- Me vide la loca do tu es. – Vexo o lugar onde estás.
- Me no sabe la ora cuando me va parti. – Non sei a hora á que me irei.
Tamén se pode considerar que un verbo infinitivo introduce un tipo de proposición nominal.
Proposicións coordinadas
editarPódense unir dúas proposicións principais nunha soa oración mediante conxuncións coordinantes. A miúdo inclúese unha coma diante da conxunción:
- Me ia desira la auto, ma me no ia ave la mone. – Quería o coche, pero non tiña o diñeiro.
- Me desira un bon carera e me vole ance trova un sposa bela. – Quero unha boa profesión e tamén quero atopar unha esposa bela.
Estas preposicións poden formar frases independentes, con ou sen conxuncións:
- El ia vole canta e el ia vole dansa, ma el ia teme. – Quería cantar e quería bailar, pero tiña medo.
- El ia vole canta. E el ia vole dansa. Ma el ia teme. – Quería cantar. E quería bailar. Pero tiña medo.
- El ia vole canta. El ia vole dansa. El ia teme. – Quería cantar. Quería bailar. Tiña medo.
Números
editarNúmeros cardinales
editarOs números cardinales básicos son:
- zero – cero
- un – un
- du – dous
- tre – tres
- cuatro – catro
- sinco – cinco
- ses – seis
- sete – sete
- oto – oito
- nove – nove
- des – dez
- sento – cen, cento
- mil – mil
- milion – un millón
Ata 999 os números escríbense cunha soa palabra comprendendo ata tres elementos, separados por un guión. Cada elemento representa unha cifra e consiste nun número cardinal entre un e nove, con des ou sento engadirase, se a cifras representa un múltiplo de dez ou de cen. Os múltiples simples de dez e de cen exprésanse por des e sento, sen engadir un. Os elementos para os múltiplos nulos (tales como o “0” en “209”) omítense.
- des-un – 11
- des-du – 12
- des-nove – 19
- dudes – 20
- dudes-un – 21
- dudes-sinco – 25
- sento-un – 101
- sento-des-du – 112
- tresento-dudes-un – 321
- cuatrosento – 400
- novesento-sinco – 905
Mil e milion son sempre palabras independentes e escríbense separadas de cada grupo de tres cifras:
- mil setesento-sesdes-tre – 1763
- du mil un – 2001
- tre mil des-cuatro – 3014
- cuatrodes-sinco mil sessento-setedes-oto – 45 678
- novesento-otodes-sete milion sessento-sincodes-cuatro mil tresento-dudes-un balones roja – 987 654 321 globos vermellos
Para escribir os números en cifras, o elefen deixa un espazo entre cada grupo de tres cifras, como se mostra arriba. Os decimais están separados por un punto ou unha coma, que se pronuncia punto e virgula. Os díxitos detrás do signo decimal simplemente enuméranse:
- tre punto un cuatro un ses – 3.1416
- du virgula zero nove – 2,09
Os números negativos exprésanse con min:
- min sinco grados – cinco graos negativos, cinco graos baixo cero
Miles de millóns
editarA palabra “billón” pode significar mil millóns, ou un millón de millóns segundo o país. O mesmo sucede coas palabras “trillón”, “cuatrillón” etc. Para evitar confusións, o elefen prefire escribir eses números explicitamente:
- mil milion – 1 000 000 000 (un seguido de nove ceros 10⁹)
- milion milion – 1 000 000 000 000 (10¹²)
- mil milion milion – 1 000 000 000 000 000 (10¹⁵)
Aínda que as palabras bilion, trilion, cuadrilion, #etc existan en elefen, débese ter coidado para aclarar o significado.
Nos textos científicos, a mellor opción é usar os prefixos internacionais:
- deca- – 10
- ecto- – 100
- cilo- – 10³
- mega- – 10⁶
- giga- – 10⁹
- tera- – 10¹²
- peta- – 10¹⁵
- exa- – 10¹⁸
- zeta- – 10²¹
- iota- – 10²⁴
Números ordinais
editarCando un número precede un nome, é un número cardinal, o que indica unha cantidade:
- tre omes e cuatro femes – tres homes e catro mulleres
Pero cando un número segue a un substantivo, é un número ordinal, o que indica unha posición nunha secuencia:
- la om tre – o terceiro home
- la pato ses – o sexto pato
- la paje un – a primeiro páxina, a páxina un
Prima é unha alternativa común ao ordinal un, pero non pode utilizarse para ordinais que terminen en “1”:
- la paje prima – a primeira páxina
- sala sento-un – (a) habitación 101
Pódese utilizar numero como substantivo para expresar o ordinal:
- El es numero tre. – É o número tres / É o terceiro.
- A cual paje tu es? Me es a numero setedes. – En que páxina estás? Estou na número setenta.
- Numero tre, me vole grasia la furnores de come. – En terceiro lugar, quero dar as grazas aos servizos de restauración.
Fraccións
editarUnha das funcións do sufixo -i é a formación dos números fraccionarios:
- dui – medio, metade
- tri – terzo
- cuatri – cuarto
- desi – décimo
- des-dui – doceavo
- cuatrodesi – cuadraxésimo
- senti – centésima
- tresento-sesdeso-sinci – 1/365
- mili – 1/1000
- dudes-mili – 1/20 000
As fraccións seguen as regras dos substantivos comúns:
- un tri de la tarte – un terzo de (a) torta
- du tris de la tarte – dous terzos de (a) torta
- esta tri ardeda de la tarte – ese terzo queimado da torta
- un cuatri de un sentenio – un cuarto de século
- tre tredes-duis de un diton – 3/32 de polgada
Tamén hai outra forma de expresar fraccións:
- tre e un dui oras – tres horas e media
- tre oras e un dui – tres horas e media
- sete e un dui milion anios – sete millóns e medios de anos
Nos textos científicos pódense empregar prefixos internacionais:
- desi- (d) – 1/10
- senti- (c) – 1/100
- mili-(m) – 10⁻³
- micro- (μ) – 10⁻⁶
- nano- (n) – 10⁻⁹
- pico- (p) – 10⁻¹²
- femto- (f) – 10⁻¹⁵
- ato- (a) – 10⁻¹⁸
- zepto- (z) – 10⁻²¹
- iocto (y) – 10⁻²⁴
Múltiplos
editarO sufixo -uple permite formas os múltiplos:
- duple – dobre, dúo, par, parella
- truple – triplo/tripla, trío
- cuatruple – cuádruplo/cuádrupla, cuarteto
As frases que inclúen ves ou veses indican cantas veces prodúcese unha cousa:
- a un ves – unha vez
- a du veses – dúas veces
- a tre veses – tres veces
Ves non expresa unha multiplicación aritmética.
Aritmética
editarA suma exprésase con plu ou e:
- Un plu un es du. – Un máis un son dous.
- Du e du no es sinco. – Dous e dous non son cinco.
A resta exprésase con min:
- Ses min tre es tre. – Seis menos tres son tres.
A multiplicación exprésase por multiplida par, a miúdo simplemente par:
- Du multiplida par tre es ses. – Dous multiplicado por tres son seis.
- Ses par cuatro es dudes-cuatro. – Seis por catro son vinte e catro.
A división exprésase con divideda entre, a miúdo simplemente entre:
- Des divideda entre du es sinco. – Dez dividido por dous son cinco.
- Sinco entre du es du e un dui. – Cinco entre dous son dous e medio.
- Sinco entre du es du punto sinco. – Cinco entre dous son 2.5.
- Sinco entre du es du virgula sinco. – Cinco entre dous son 2,5.
As potencias exprésanse co a potia e o número ordinal. Cuadrida e cubida son alternativas para “cadrado” e “cubo”:
- Tre a potia du es nove. – Tres á potencia dúas son nove.
- Tre cubida es dudes-sete. – Tres ao cubo son vinte e sete.
- des a potia min nove – 10⁻⁹
- des a potia sento – 10¹⁰⁰
As raíces exprésanse co a radis e un número ordinal:
- 256 a radis cuatro es 4. – A raíz cuarta de 256 é 4.
- La radis cuadral de 64 es 8. = La radis du de 64 es 8. – A raíz cadrada de 64 é 8.
- La radis cubo de 27 es 3. = La radis tre de 27 es 3. – A raíz cúbica de 27 é 3.
Medidas
editarAs medidas físicas poden expresarse de diversas formas:
- Cuanto alta es la tore? – Canto de alto ten a torre? Cuán alta é a torre?
- Cuanto de altia la tore ave? – Canta é a altura da torre?
- La tore es cuanto alta? – Cantos metros ten a torre de altura?
- La tore ave cuanto de altia? – Cantos metros ten a torre de altura?
- La tore es 40 metres alta. – A torre ten 40 metros de alto.
- La tore ave 40 metres de altia. – A torre ten unha altura de 40 metros.
- La tore es un metre plu alta ca la casa. – A torre é un metro máis alta que a casa.
- La tore ave un metre plu de altia ca la casa. – A torre ten un metro de altura máis que a casa.
- La tore es du veses plu alta ca la casa. – A torre é dúas veces máis alta que a casa.
- La tore ave du de la altia de la casa. – A torre ten dúas veces a altura da casa.
- La casa ave un dui de la altia de la tore. – A casa ten a metade da altura da torre.
- La tore es duple plu alta ca la casa. – A torre é tres veces máis alta que a casa.
- La tore ave duple la altia de la casa. – A torre ten o dobre da altura da casa.
Fundamentalmente, tense unha altura (ave altia) pero ése alto (es alta).
40 metres alta significa literalmente “40 metros altos” (é dicir que os metros son en se mesmos altos), pero por extensión o sentido é “40 metros de altura”.
As mesmas opcións aplícanse a outras medidas, tales como:
- larga, largia
- grande, grandia
- pesosa, pesa
- longa, longia
- longa, tempo
- vea, eda
- basa, basia
- profonda, profondia
- frecuente, frecuentia
- rapida, rapidia
- densa, densia
Formación de palabras
editarEn elefen, as palabras novas poden crearse pola adición de prefixos ou sufixos a palabras xa existentes, ou combinando dúas palabras nun nome composto.
Tamén se pode usar un adxectivo ou un verbo como un substantivo, sen modificalos.
Prefixos
editarCando se engade un prefixo que termina cunha consoante a unha palabra que comeza coa mesma consoante, esta consonante só se escribe unha vez (inter+rede → interede, non+nesesada → nonesesada).
Anti- significa «anti-». Permite formar adxectivos e substantivos que indican oposición:
- sosia → antisosial – antisocial
- avion → antiavional – antiaéreo
- proton → antiproton – antiprotón
Auto- significa «auto-». Permite formar substantivos, verbos e adxectivos que indican accións reflexivas ou automáticas:
- respeta – respeto → autorespeta – amor-propio
- flue – flujo → autoflujo – reenviar automaticamente á liña
- adere – adherir → autoaderente – autoadhesivo
Des- significa «de/s-» no sentido de desfacer unha acción. Serve para formar verbos. Simplifícase a de- diante de «S», «Z», «X», ou «J»:
- botoni – abotoar → desbotoni – desabotoar
- infeta – infectar → desinfeta – desinfectar
- jela – conxelar → dejela – desconxelar
- sifri – codificar → desifri – descodificar
Inter- significa «inter-». Permite formar substantivos, verbos e adxectivos que indican accións mutuas ou estados:
- cambia – cambiar → intercambia – intercambiar
- nasional – nacional → internasional – internacional
Media- significa «media-». Serve para formar nomes que indican o medio dunha cousa:
- note – noche → medianote – medianoite
- dia – día → mediadia – mediodía
- punto – punto → mediapunto – punto medio
Non- significa «in-» e «non». Serve para formar adxectivos e nomes que indican o oposto:
- justa – xusto → nonjusta – inxusto
- ativa – activo → nonativa – inactivo
- nativa – nativo → nonativa – non nativo
- nesesada – necesario → nonesesada – innecesario
- crede – crenza → noncrede – incredulidade
Pos- significas «post-». Serve para formar substantivos, verbos e adxectivos que se refiren a un tempo ou un lugar que se atopa despois ou detrás doutro:
- graduada – graduado → posgraduada – posgraduado
- alveolo – alvéolo → posalveolal – postalveolar
Pre- significa «pre-». Serve para formar substantivos, verbos, e adxectivos que se refiren a un tempo ou un lugar que se atopa antes ou diante doutro:
- graduada – graduado → pregraduada – estudante que prepara un grao
- istoria – historia → preistoria – prehistoria
- judi – xulgar → prejudi – prexulgar
Re- significa «re-». Serve para formar verbos que indican unha acción repetida ou en sentido inverso:
- comensa – comezar → recomensa – recomezar
- pleni – encher → repleni – reencher
- paia – pagar → repaia – reembolsar / pagar de novo
- veni – vir → reveni – volver
Su- significa «sub-» ou «sus-». Serve para formar substantivos, verbos ou adxectivos que indican un punto máis baixo nunha xerarquía:
- teninte – tenente → suteninte – subtenente
- divide – dividir → sudivide –subdividir
- consensa – consciente → suconsensa – subconsciente
- indise – índice → suindise – subíndice
- campion – campión → sucampion – subcampión
Supra- significa «super-» ou «sur-». Permite formar substantivos, verbos ou adxectivos que indican un punto máis alto na xerarquía. Simplifícase a supr- antes de «A»:
- computador – ordenador → supracomputador – superordenador
- pasa – pasar → suprapasa – exceder
- dramosa –espectacular → supradramosa –sensacional
- fem – muller → suprafem – supermuller
- natural – natural → supranatural – sobrenatural
- analise – analizar → supranalise – sobreanalizar
Vis- significa «vice-». Permite formar substantivos que indican un adxunto:
- presidente – presidente → vispresidente – vicepresidente
- re – rei → visre – vicerrei
Bon- e mal- forman versións boas ou malas (ou erróneas) de adxectivos e verbos, ás veces metaforicamente:
- parla – falar → bonparlante – elocuente
- vende – vender → bonvendeda – superventas
- dise – dicir → bondise – bendicir
- veni – vir → bonveni – benvido
- acusa – acusar → malacusa – difamar / calumniar
- comprende – comprender → malcomprende – entender mal / comprender ao revés
- nomida – nomeado → malnomida – mal chamado
- odorosa – oloroso → malodorosa – pestilente
Os números e as fraccións úsanse como prefixos nalgunhas palabras. Cos nomes de familia, os números indican unha distancia crecente entre as xeracións:
- avo – avó → duavo – bisavó
- neta – neta → treneta – tataranieta
- pede – pé → cuatropede – cuadrúpede
- sore – irmá → duisore – medio irmá
- galon – galón → cuarto de galón
Sufixos
editarMoitos sufixos comezan cunha vogal. Cando se engade un sufixo a unha palabra que xa termina cunha vocal, quítase a vogal existente, a non ser que sexa a única vogal da palabra orixinal:
- fruta – froita → frutosa – afrutado
- jua – xogo → jueta – xoguete
- fe – fada → fein – máxico
Cando un sufixo crea unha secuencia de vogais non válida, quítase a segunda vogal da secuencia:
- comedia + -iste → (comediiste) → comediste – comediante
Hai dúas excepcións a estas regras:
- tre + -i → tri
- tre + -uple → truple
Sufixos que forman verbos
editarDo mesmo xeito que con outros verbos, os verbos producidos por un sufixo pódense usar dun modo tanto transitivo como intransitivo ou como substantivos.
-i engádese a substantivos e adxectivos para formar verbos que significan «converterse en…», «que se transforma en…». Un caso especial é o dos verbos que significan «producir» unha substancia ou unha «parte nova»:
- arco – arco → arci – arquexar
- roja – vermello → roji – arroibar
- umida – húmido → umidi – humedecer
- duple – dobre → dupli – dobrar
- saliva – saliva → salivi – ensalivar
- flor – flor → flori – florecer
-i forma tamén verbos que significan «utilizar…» (esencialmente: ferramentas, instrumentos ou aparellos), ou «aplicar…» (unha substancia ou unha convención):
- boton – botón → botoni – abotoar
- telefon – teléfono → telefoni – telefonar
- sponja – esponxa → sponji – esponxar
- pinta – pintura → pinti – pintar
- nom – nome → nomi – nomear
Sufixos que forman adxectivos
editarDo mesmo xeito que con outros adxectivos, os producidos por estes sufixos pódese reutilizar como substantivos que denotan persoas ou cousas que teñen a calidade especificada.
-in engádese a un nome para crear un adxectivo que significa «similar a…»:
- ami – amigo, amiga → amin – amigable
- enfante – neno, nena → enfantin – infantil
- fantasma – pantasma → fantasmin – fantasmal
- menta – menta → mentin – mentolado
- monstro – monstro → monstrin – monstruoso
- serpente – serpe → serpentin – serpentino
-osa engádese a un substantivo para forma un adxectivo que significa «cheo de…» ou «feito de…»:
- zucar – azucre → zucarosa – azucrado / en azucre
- oro – ouro → orosa – dourado, feito de ouro
- capel – cabelos → capelosa – peludo
- crea – crear → creosa – creativo
- melma – limo → melmosa – viscoso
- jua – xogo → juosa – rebuldeiro
- caos – caos → caososa – caótico
-al engádese a un substantivo para formar un adxectivo que significa «que pertence a…» ou «relativo a…»:
- fotografia – fotografía → fotografial – fotográfico
- nasion – nación → nasional – nacional
- siensa – ciencia → siensal – científico
- averbo – adverbio → averbal – adverbial
- erita – herdanza → erital – hereditario
- mito – mito → mital – mítico
- monce – monxe → moncal – monástico
-iste engádese a un substantivo que denota unha crenza, unha relixión ou unha filosofía para formar un adxectivo xeral. Se o nome termina par -isme, entón toma o seu lugar -iste. Nalgunhas palabras, cando a raíz é un nome propio, retense a vogal final de substantivo se se produce unha palabra máis internacional:
- bigamia – bigamia → bigamiste – bígamo
- otimisme – optimismo → otimiste – optimista
- puria – limpeza → puriste – purista
- Mitra – Mitra → mitraiste – mitraísta
-an engádese a algúns substantivos indicando extensión de espazo ou tempo (lugares ou épocas) a fin de formar adxectivos xerais:
- suburbe – suburbio → suburban – suburbano
- Victoria – Victoria → victorian – victoriano
-an é tamén un dos cinco sufijos estándar para formar adxectivos que denotan linguas e pobos. Os outros catro son: -es, -ica, -i, e -sce. Para estes adxectivos, elefen escolleu as palabras que máis se asemellen aos nomes nativos: o resultado é que algúns nomes usen un sufixo especial ou sen sufixo en absoluto e a raíz ás veces modifícase demasiado:
- Africa – África → african – africano
- Frans – Francia → franses – francés
- Elas – Grecia → elinica – grego
- Arabia – Arabia → arabi – árabe
- Rusia – Rusia → rusce – ruso
- Europa – Europa → european – europeo
- Deutxland – Alemaña → deutx – alemán
- Britan – Gran Bretaña → brites – británico
Pero tamén se pode simplemente agregar -an a un nome de país:
- Frans – Francia → fransan – francés
- Elas – Grecia → elasan – grego
- Arabia – Arabia → arabian – árabe
- Rusia – Rusia → rusian – ruso
- Deutxland – Alemaña → deutxlandan – alemán
- Britan – Gran Bretaña → britanan – británico
-ica engádese a un substantivo que denota un problema médico, psicolóxico ou similar, para formar un adxectivo que describe a unha persoa que ten ese problema:
- catalesia – catalepsia → catalesica – cataléptico
- xenofobia – xenofobia → xenofobica – xenófobo
-nte engádese a un verbo para crear un participio activo, un adxectivo que significa «de tal maneira que» ou «fai (a acción especificada)». O participio activo de es é esente:
- ama – amar → amante – amante
- depende – depender → dependente – dependente
- dormi – dormir → dorminte – dormente
- obedi – obedecer → obedinte – obediente
- pare – aparecer / parecer → parente – aparente
- es – ser → esente – ente
Os substantivos que terminan en -ente non se utilizan como nomes de accións:
- La covrente es sur la caxa. – A cuberta está sobre a caixa.
- Covre la caxa es un bon idea. – Cubrir a caixa é unha boa idea.
-da engádese a un verbo para formar un participio pasivo, un adxectivo que significa «fíxose a el/a»:
- ama – amar → amada – amado, amada
- clui – pechar → cluida – pechado, pechada
- conose – coñecer → conoseda – coñecido, coñecida
- jela – xear, conxelar → jelada – xeado/a, conxelado/a
- nesesa – necesitar → nesesada – necesario/a
- putri – podrecer → putrida – podrecido/a
-able engádese a un verbo para facer un adxectivo que significa «-able», «capaz de ter» ou «digno de facer…»:
- ama – amar → amable – amable, adorable
- come – comer → comable – comestible
- infla – inflar → inflable – inflable
- loda – encomiar → lodable – loable, laudable
- nota – notar → notable – notable
- titila – facer cóxegas → titilable – coxigoso
Sufixos que forman nomes
editar-or. Cando se engade a un verbo crea un substantivo que significa que unha persoa realiza a acción especificada, a miúdo, normalmente ou habitualmente. Cando se engade a un substantivo, forma un substantivo que designa a unha persoa que traballa no especificado ou practica ese deporte:
- aida – axudar → aidor – axudante, asistente
- deteta – detectar → detetor – detective
- dirije – dirixir → dirijor – director
- fumi – fumar → fumor – fumador
- gania – gañar → ganior – gañador
- jogla – facer malabares → joglor – malabarista
- parla – falar → parlor – orador, locutor
- pexa – pescar → pexor – pescador
- carne – carne → carnor – carniceiro
- vaso – vaso, vasilla → vasor – oleiro
- futbal – fútbol → futbalor – futbolista
- tenis – tenis → tenisor – tenista
-ador significa tamén «-ador», crea un substantivo que significa unha ferramenta ou máquina que realiza a acción ou traballa na cousa especificada:
- caldi – calor → caldador – quentador
- computa – calcular → computador – computadora
- lava – lavar → lavador – lavadora
- parla – falar → parlador – altofalante
- surfa – navegar → surfador – navegador web
- umidi – humidificar → umidador – humidificador
-eria engádese a un substantivo para formar unha palabra que significa «lugar», a miúdo unha tenda, asociada á acción ou cousa que se especifica:
- cafe – café → caferia – cafetaría
- pan – pan → paneria – panadaría
- beli – embelecer → beleria – salón de beleza
- campana – campá → campaneria – campanario
- fruto – froita → fruteria – frutaría
- monce – monxe → monceria – mosteiro
- planeta – planeta → planeteria – planetario
- xef – principal / xefe → xeferia – sede social, cuartel xeral
-ia equivale a «-idade» ou «-cia». Forma substantivos abstractos que serven como nomes de calidades. Cando -ia engádese a unha palabra que termina en -ia, a palabra non cambia:
- ajil – áxil→ ajilia – axilidade
- felis – feliz → felisia – felicidade
- jelosa – celoso → jelosia – celos
- neutra – neutro → neutria – neutralidade
- madre – nai → madria – maternidade
- enfante – neno (infante) → enfantia – infancia
- sultan – sultán → sultania – sultanato
- fria – frío → fria – frialdade
- vea – vello / persoa anciá → veia – vellez
As palabras como enfantia e sultania poden designar un tempo ou un lugar no que existe esa calidade.
Os nomes de moitos campos de estudo tamén terminan en ia (ou ica) pero como parte da raíz e non como sufixo. Os nomes dos profesionais correspondentes fórmanse con -iste. -iste tamén se usa para formar os nomes dos adeptos dunha relixión ou filosofía, os músicos e os nomes de persoas que a nivel internacional termina en «-ist-»:
- jeografia – xeografía → jeografiste – xeógrafo/a
- psicolojia – psicoloxía → psicolojiste – psicólogo/a
- cimica – química → cimiciste – químico/a
- eletrica – electricidade → eletriciste – electricista
- musica – música → musiciste – músico/a
- Crixna – Krishna → crixnaiste – krisnaísta
- ideal – ideal → idealiste – idealista
- gitar – guitarra → gitariste – guitarrista
- solo – só → soliste – solista
- jornal – periódico → jornaliste – xornalista
- sicle – ciclo → sicliste – ciclista
-isme serve para formar os nomes das crenzas en substitución de -iste no nome de crente. Tamén se atopan noutras palabras que a nivel internacional terminan en «-ism-»:
- dauiste – taoísta → dauisme – taoísmo
- altruiste – altruista → altruisme – altruísmo
- raziste – racista → razisme – racismo
- sindicatiste – sindicalista → sindicatisme – sindicalismo
- turiste – turista → turisme – turismo
- simbol – símbolo → simbolisme – simbolismo
- canibal – caníbal → canibalisme – canibalismo
Sufixos menos produtivos
editarOs seguintes sufixos aplícanse a palabras específicas, tal como indícase no dicionario.
-eta engádese a algúns substantivos para crear un nome para unha versión de algo que se reduciu dunha forma particular. Isto inclúe os nomes de animais novos ou pezas interiores. De igual modo, -eta pode engadirse a algúns verbos e adxectivos para crear palabras que designan as versións reducidas de accións e calidades:
- bebe – bebé → bebeta – recentemente nado
- caro – carro → careta – carretilla
- imaje – imaxe → imajeta – miniatura
- lente – lente → lenteta – lente de contacto
- mone – diñeiro → moneta – moeda
- orolojo – reloxo → orolojeta – reloxo de pulseira
- bove – boi → boveta – tenreira
- ovea – ovella → oveta – cordeiro
- calsa – media → calseta – calcetín
- camisa – camisa → camiseta – camiseta
- jaca – chaqueta → jaceta – chaleco
- pluve – chover → pluveta – babuxar
- rie – rir → rieta – sorrir
- parla – falar → parleta – charlar
- bela – fermoso/a → beleta – lindo/a
-on engádese a certos substantivos para crear unha palabra que aumenta dalgunha forma unha cousa. Isto inclúe as pezas exteriores:
- abea – abella → abeon – abellón
- caxa – caixa → caxon – caixón
- dente – dente → denton – cabeiro
- dito – dedo → diton – polgar
- padre – pai → padron – patrón, patriarca
- sala – sala → salon – salón
- seja – cadeira → sejon – cadeira de brazos
- calsa – medias → calson – pantys
- jaca – chaqueta → jacon – abrigo
-eta e -on non son sinónimos de peti e grande: é posible ter un careta grande ou un salon peti. Forman palabras que teñen un sentido específico e diferente que se poden describir como versións máis pequenas ou máis grandes do orixinal.
-o e -a engádense a algúns substantivos que designan os membros da familia, para cambiar o significado a masculino ou feminino, respectivamente:
- tio, tia – tío, tía
Os nomes dalgunhas árbores fórmanse cambiando o final -a de o nome da froita ou baga por -o:
- pera – pera → pero – peral
-esa engádese a algúns substantivos que designan o papel social historicamente masculino para formar o feminino equivalente:
- principe – príncipe → prinsesa – princesa
Afixos técnicos
editarFórmanse o termos médicos e científicos internacionais que se forman a partir de fontes latinas e gregas coa axuda dun gran número de prefixos e sufixos. Estes afixos tamén se utilizan en elefen, e seguen as súas normas.
Cando se usa unha preposición como prefixo técnico, segue a mesma regula que supra-: se ten dous ou máis sílabas e termina cunha vocal, e o resto da palabra comeza coa mesma vocal, esta vogal aparece só unha vez (contra+ataca → contrataca).
Os sufijos -i e -uple utilízanse para as fraccións e os múltiplos.
Nomes compostos
editarPódese formar unha palabra combinando un verbo e o seu obxecto, nesa orde. O resultado designa unha persoa ou unha cousa que cumpre a acción especificada no obxecto:
- corti, ungia – cortar, uña → cortiungia – cortaúñas
- covre, table – cubrir, mesa → covretable – mantel
- fura, bolsa – roubar, bolso → furabolsa – carteirista
- lansa, petra – lanzar, pedra → lansapetra – catapulta
- para, morde – deter, morder → paramorde – buceira
- para, pluve – deter, choiva → parapluve – paraugas
- pasa, tempo – pasar, tempos → pasatempo – pasatempos
- porta, mone – levar, moeda → portamone – moedeiro
- porta, vose – levar, voz → portavose – portavoz
- brinca, dorso – saltar, costas → brincadorso – pídola
Se o obxecto comeza por unha vocal, consérvase esta, a non ser que sexa a mesma que a final do verbo, como na palabra portavion.
En elefen, dous nomes consecutivos non forman un nome composto. Débese engadir unha preposición entre os dous nomes. Por exemplo:
- avia de mar – ave mariña
- casa per avias – niño
- xef de polisia – comisaría de policía
En casos raros, unha expresión así ten un significado especial non literal e trátase coma se fose unha soa palabra fixa. Por exemplo, un leon-de-mar (león mariño) non é un león. Neste caso, úsanse os guións para unir os nomes e os adxectivos que seguen ao substantivo. Tamén se poden usar os guións para compostos máis literarios cando isto mellora a claridade:
- un leon-de-mar grande – un gran león mariño
- un leon grande de mar – un león que vén do mar
- un avion grande de mar – un gran hidroavión (porque un hidroavión é un tipo de avión)
- un avion-de-mar grande – un gran hidroavión (como alternativo)
- un avion de mar grande – un gran hidroavión (ambiguo: parece dicir que o mar é grande)
Abreviaturas
editarEn elefen utilízanse un certo número de abreviaturas. As letras non van seguidas de puntos.
Utilízanse moitas abreviaturas para palabras ou frases correntes. Non se utilizan maiúsculas, salvo en caso de inicio de frase.
- acc (ance conoseda como) – alias
- aec (ante la eda comun) – a.C.
- ec (de la eda comun) – de nosa era
- etc (e tal cosas, e tal continuante) – etc. (et cetera)
- lfn – LFN (lingua franca nova)
- n (numero) – n. (número)
- nb (nota bon) – NB (nota bene)
- ovn (ojeto volante nonidentifiada) – OVNI (obxecto voador non identificado)
- p (paje, pajes) – p. (páxina/s)
- pd (per dise) – é dicir, isto é, noutras palabras
- pe (per esemplo) – por exemplo
- pf (per favore) – por favor
- ps (pos scrive) – P.D. (posdata)
- tv (televisa, televisador) – TV (televisión)
- v (vide) – véxase
O elefen utiliza tamén abreviaturas provenientes doutras linguas e que son recoñecidas internacionalmente e tamén as abreviaturas do sistema métrico:
- cd (disco compata) – CD (compact disc)
- pc (computador personal) – PC (personal computer)
- cm (sentimetre) – cm (centímetro)
- km (cilometre) – km (quilómetro)
- mg (miligram) – mg (miligramo)
- μm (micrometre) – μm (micrómetro)
- MB (megabait) – MB (megabyte)
Para as formas curtas dos nomes propios e os títulos, empréganse as letras maiúsculas. Con todo, as palabras como la e de – que non aparecen en letras maiúsculas na forma plena do nome – son ignoradas nas abreviaturas. Estes nomes son ás veces introducidos por la, mesmo cando son abreviados:
- Dr (dotor) – Dr. (Doutor…)
- Sr (senior) – Sr. (Señor…)
- Sra (seniora) – Sra. (Señora…)
- la NU (Nasiones Unida) – A ONU (Organización das Nacións Unidas)
- la RU (Rena Unida) – R.U. (o Reino Unido)
- la SUA (Statos Unida de America) – EUA (os Estados Unidos)
Algúns nomes propios son máis coñecidos internacionalmente pola súa abreviatura orixinal polo que se conserva en elefen:
Puntuación
editarPolo xeral, en elefen déixase a puntuación a elección de quen escribe; as únicas normas son as de claridade e coherencia. Con todo, hai certas convencións básicas, que son as mesmas que as da maior parte das linguas europeas.
A primeira letra dunha frase debe comezar cunha maiúscula.
Principais signos de puntuación
editarUnha frase acaba xeralmente cun punto ( . ).
Se unha frase é unha pregunta directa, termina cun signo de interrogación ( ? ).
O signo de exclamación ( ! ) úsase ao final dunha frase que, falada, tería unha intensidade emocional.
A coma ( , ) indica unha pausa natural nunha frase, ás veces só se inclúe para separar claramente unha parte dunha frase doutra (como unha proposición). Utilízanse comas para separar os elementos dunha lista.
Na escritura de números, pódese utilizar un punto ou unha coma para separar a parte enteira da decimal. Grupos adxacentes de tres díxitos poden estar separados por espazos.
Os dous puntos ( : ) introducen unha exposición máis detallada do que precede. Utilice unha letra maiúscula despois dos dous puntos se o que segue é unha oración completa, pero non o faga se é unha lista ou unha parte dunha frase.
O punto e coma ( ; ) pode usarse en lugar dun punto entre dúas frases cun sentido próximo ou complementario. Tamén poden separar os elementos dunha lista, cando sexan longos ou conteñen as súas propias comas.
Non coloque un espazo diante dun signo de puntuación primario. Pero deixe un espazo a continuación, excepto ao final dun parágrafo.
Comiñas
editarUn signo de comiñas aparece ao principio e ao final das palabras que se presentan como unha cita directa. Hai varias formas de comiñas: ' “ ‹…› «…».
En elefen, a forma " é a que se utiliza normalmente, porque é clara, fácil de escribir e recoñecida a nivel internacional. Cando unha cita aparece dentro doutra, colócase ' no principio e final da cita interior. En boa tipografía, por exemplo nos libros, úsanse formas curvas “” e ‘’, pero estas formas non son necesarias para a comunicación habitual. Non deixe espazo entre as comiñas e o texto citado.
Nalgunhas linguas aparece unha raia ( — ) nun diálogo cando unha nova persoa comeza a falar, en lugar das comiñas. Recomendamos evitar iso en elefen, porque é menos claro e pode confundirse co uso de guións.
Cando se citan as palabras dun personaxe nunha historia, a miúdo acompáñase dunha etiqueta que indica que está a falar e a súa forma. En elefen, para este tipo de frases o mellor é colocar un guión entre esta etiqueta e cada parte da cita. Desta forma é fácil conservar a puntuación exacta da frase orixinal:
- La vendor murmura – “Ma lo no es tan simple, mea ami.”
- “Me acorda.” – la om responde felis.
- “Perce tu es asi?” – la fem demanda.
- “Cisa” – la bonvolor sujesta – “me pote aida.”
- “Me ave un ami nomida Freda,” – el esplica – “ci es un tortuga.”
Cando se fala de linguas e cítase unha palabra ou frase, para facer mención dela, só ten que usar as comiñas:
- Me gusta la parola “xuxa”.
- Sua sposa ia comenta – “Me gusta la parola ‘xuxa’.”
Outros signos
editarOs puntos suspensivos ( … ) suxiren unha pausa ou indican que algunhas palabras quedaron en suspenso.
Os guións ( – ou — ) e as parénteses ( (…) ) rodean os comentarios inseridos no fluxo normal dunha frase.
O apóstrofo ( ' ) indica que a vogal se omite. Isto normalmente prodúcese só en poesía.
En elefen, os símbolos da moeda (€, ¥, £, $ etc.)/ etc.) poden colocarse antes ou despois das cifras, segundo o costume do país en cuestión.
Hai outros signos de puntuación, pero o seu uso ten pouca relación coas regras de elefen.