Grallaria ruficapilla

especie de paxaro

Grallaria ruficapilla é unha especie de paxaro da familia Grallariidae. É orixinario de Colombia, Ecuador, o Perú e Venezuela. Pertence ó numeroso xénero Grallaria da familia Grallariidae, anteriormente incluído en Formicariidae.

Distribución e hábitat editar

Distribúese polas montañas costeiras do norte de Venezuela, e ó longo dos Andes, dende o noroeste de Venezuela, por Colombia, Ecuador, até o norte do Perú.

Está amplamente difundido e común no chan ou preto del, no seu hábitat natural de bosques húmidos de montaña tropicais ou subtropicais, e os seus bordos, principalmente entre os 1900 e os 3100 msnm de altitude.[2] Non se atopa ameazado.

Notas editar

  1. "Grallaria ruficapilla". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Ridgely, Robert and Guy Tudor. 2009, Grallaria ruficapilla, p. 377 en Field guide to the songbirds of South America: the passerines – 1st ed. – (Mildred Wyatt-World series in ornithology). ISBN 978-0-292-71748-0

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • The Birds of Ecuador by Robert S. Ridgely & Paul Greenfield. Cornell University Press (2001), ISBN 978-0-8014-8722-4.