A goslarita é a forma mineral do sulfato de zinc heptahidratado (ZnSO4 · 7H2O). Descrito por primeira vez en 1847 nas minas de Rammelsberg, debe o seu nome á localidade de Goslar, situada aos pés do macizo de Harz (Alemaña). Galizinita ou gallicinita son outros nomes que recibe este mineral.

Goslarita
Fórmula químicaZnSO4 · 7H2O
ClaseSulfatos
Subclase7.CB.40 (Strunz)
Sistema cristalinoOrtorrómbico
CorIncoloro, branco, branco amarelento, verde, azul, marrón claro
BrilloVítreo
Dureza2 a 2,5 na escala de Mohs
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade2,0 g/cm3

Propiedades editar

A goslarita é un mineral incoloro ou de cor esbrancuxada que cristaliza no sistema ortorrómbico. É soluble en auga e deshidrátase ao aire libre, polo que debe ser conservada nun recipiente cerrado ou en plástico. Ten un sabor adstrinxente. É un mineral diagmanético.

En materiais artificiais existe unha serie completa entre goslarita e epsomita (MgSO4 · 7H2O). No medio natural parece existir só unha substitución limitada de zinc por magnesio.

Morfoloxía editar

Aparece en forma de estalactitas, costras, ou tamén constituíndo agregados pulverulentos, granulosos ou fibrosos.

Depósitos editar

Son bastante escasos. É un mineral secundario formado pola oxidación de minerais primarios de zinc en antigas minas de blenda. Ademais de diversos depósitos situados en Alemaña, cabe sinalar os existentes na antiga Checoslovaquia, Francia, España —na mina Almagrera (Huelva)—, PerúCerro de Pasco— e Bolivia.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar