Abrir o menú principal

Gonzalo Fernández de Traba

Conde de Galiza, Trastámara e Traba

Gonzalo Fernández de Traba (finado cara a 1164) foi un nobre galego, xefe da Casa de Traba, e conde de Traba, Monterroso e Trastámara[1].

Gonzalo Fernández de Traba
Nacementoséculo XIxuliano
Falecemento1160
NacionalidadeReino de Galicia
PaiFernando Pérez de Traba
FillosGómez González de Traba e Fernando González de Traba
IrmánsTeresa Fernández de Traba
editar datos en Wikidata ]

VidaEditar

Foi o fillo primoxénito e sucesor de Fernando Pérez de Traba e a súa esposa Sancha González [2], polo que era neto do Conde Pedro Froilaz.

Está documentada a súa aparición escrita en 1140, xunto co seu pai, en 1144, xunto coa súa esposa Elvira, e en 1149, cando realiza varias doazóns ao mosteiro de Santa María de Monfero. Desde 1153 Gonzalo é considerado sucesor do seu pai, e nun documento do 12 de outubro do mesmo ano figura xa como conde en Galicia. O 9 de decembro de 1155 confirmou en Burgos un decreto de Alfonso VII, facéndose chamar «Gonzalo Fernández de Trastámara». Ao ano seguinte xa é señor de Traba e Aranga (documento do 12 de febreiro), vilas ás que logo se engade as mandas de Monterroso e Trastámara. O 14 de abril de 1157 é o confirmante principal dunha escritura do mosteiro de Sobrado en Santa Eulalia de Curtis -freguesía fronteiriza con Aranga e parte do condado de Traba- como «comes domnus Gundisalvus dominante Trava et Aranga».[3] O 1 de xuño aparece nun documento similar coa denominación de «comes Gundisaluus senior in Traua et in Aranga», o 6 de novembro como «comes Gundissaluus dominator in Travaa et in Aranga» e o 26 de decembro da mesma maneira que en xuño. A fórmula repítese o 29 de xaneiro de 1159, pero o 20 de setembro de 1161 figura estrañamente o título do seu pai: «comes dompnus Fernandus in Traua et in Aranga et in Monteroso», que xunta as xurisdicións Traba-Aranga co condado de Monterroso, detentado polo seu tío Rodrigo Pérez e non por el mesmo.​ En 1157, 1159 e 1163 volve realizar importantes doazóns ao mosteiro de Monfero, ao cal, nese último ano, lle entrega a ermida e antigo mosteiro de San Isidro de Callobre. O 16 de setembro de 1158 recibiu do arcebispo e cabido compostelán a terra de Montaos en prestimonio, que antes posuíra o seu pai. O seu falecemento debeu producirse preto de finais de 1164 -o seu último documento coñecido é do 31 de decembro-​ e de maneira abrupta, pois non hai constancia dun testamento ou da clásica doazón á igrexa de Santiago para a constitución de aniversarios na basílica xacobea.

Casamento e descendenciaEditar

O 1 de agosto de 1150 casou cunha certa Elvira Rodríguez, muller de orixes descoñecidas, coa que, nesa data, fixo unha doazón á abadía cisterciense de Monfero.[4] Descoñécese se houbo descendencia.

O 12 de xaneiro de 1156 casou con Berenguela Rodríguez, filla de Rodrigo Vélaz e Urraca Álvarez, e irmá de Álvaro Rodríguez, relacionándose así coa familia Vela.

NotasEditar

  1. "Gonzalo Fernández de Traba. Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2019-01-28. 
  2. «Luis de Salazar y Castro asume, seguindo a José Pellicer de Ossau Salas y Tovar, a identidade de outra as fillas do primeiro señor da Casa de Lara, Sancha González, esposa do conde galego Fernando Pérez de Traba. Porén, actualmente sábese que esta dama era en realidade filla de Gonzalo Ansúrez e Urraca Bermúdez».Sánchez de Mora, Antonio (2003). "La nobleza castellana en la plena Edad Media: el linaje de Lara. Tese de doutoramento". Universidad de Sevilla: 70, Tomo I.  Sancha González, nunha dozón que realizou ao Mosteiro de Lourenzá (doc. 154) o 24 de abril de 1142, confirma a súa filiación cando menciona o seu avó Bermudo Ovéquiz, o pai da súa nai Urraca. O seu pai, o conde Gonzalo Ansúrez era irmán do conde Pedro Ansúrez.
  3. Barros, Carlos (2009). "Origen del castillo y coto de Aranga, siglos X-XII" (PDF). Cuadernos de estudios gallegos 56 (122): 139–150, para aquí véxase a p. 144. ISSN 0210-847X. 
  4. No texto da doazón di: Ego Gundisalvus Fernandiz et coniux mea Geloria Roderiquiz, facimus textum firmitatis ut habeamus partem in prima resurrectione ("Eu Gonzalo Fernández e a miña esposa Elvira Rodríguez, fecemos este texto para que poidamos ter parte na primeira resurrección"), citado en José María Canal Sánchez-Pagín (1995), "La Casa de Haro en León y Castilla durante el siglo XII: nuevas conclusiones", Anuario de estudios medievales, 25: 1-14, que data en 1145 (1183 na Era hispánica) e na páxina 15 di que Elvira é filla de Rodrigo Vélaz, e a segunda esposa de Gonzalo.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Gonzalo Fernández de Traba
Nacemento: p. séc. XII Falecemento: 1160


Aristocracia galega
Precedido por
Fernando Pérez de Traba


Conde de Traba e Trastámara
1155-1160
Sucedido  por
Fernando González de Traba
Precedido por
Fernando Pérez de Traba


Conde de Galiza
1153-1160
Sucedido  por
Fernando González de Traba