Gonçalo Byrne

arquitecto portugués

Gonçalo Byrne, nado en Alcobaça en 1941, é un arquitecto portugués.

Gonçalo Byrne
Goncalo Byrne.jpg
Nacemento6 de decembro de 1941
 Alcobaça
NacionalidadePortugal
Ocupaciónarquitecto
PremiosGrande-Oficial da Ordem do Infante Dom Henrique e Gran oficial da Orde militar de Santiago da Espada
editar datos en Wikidata ]
Teatro das Figuras (Faro, Portugal), de Gonçalo Byrne (2005)

TraxectoriaEditar

Gonçalo Sousa Byrne diplomouse en Arquitectura na Escola Superior de Belas Artes de Lisboa en 1968. Foi profesor convidado en Italia, Austria, España, Suíza, Estados Unidos e Portugal. Dende 1992 é Profesor Catedrático convidado no Departamento de Arquitectura da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coimbra.

Do seu vasto currículo, constan decenas de obras, en Portugal e no estranxeiro, incluíndo renovacións e equipamentos urbanos, laboratorios e universidades.

Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura en 1988 e 1993, a Medalla de Ouro 2000 da Academia de Arquitectura de Francia e o Premio Valmor 2000

Autor dunha importante obra, varias veces premiada a nivel nacional e internacional. A súa produción ten mostrado particular relevo nos planos patrimonial e cultural.

Profesor catedrático, convidado en Portugal e no estranxeiro, no ano 2005 recibiu o título Honoris Causa pola Facultade de Arquitectura da Universidade Técnica de Lisboa, e foi condecorado polo Presidente da Républica coa Grande Ordem de Santiago da Espada.

Da súa obra, diversificada en termos de escala, de tema e de programa, destácanse como exemplo a recente intervención no Mosteiro de Alcobaça e área envolvente, o edificio da Sede do Goberno da Provincia do Brabante Flamengo en Lovaina ([[Bélxica])], a torre de control de Tráfico Marítimo da APL en Lisboa, Teatro de Faro (Teatro das Figuras), no Algarve, e o Museo Nacional Machado de Castro, en Coimbra.

Na área do planeamento urbano realiza, entre outros, os Planos de Pormenor para a área envolvente ao Palacio Nacional da Ajuda, en Lisboa, para a Alta Universitaria, en Coimbra, para a Cava de Viriato, no eido do Programa Polis, en Viseu, así como o Plano da Vila de Trancoso, no eido do Programa das Aldeias Históricas de Portugal.

Últimos anosEditar

Desenvolve actualmente proxectos significativos tales como o da Pousada de Estoi, no Algarve, a Pousada de Viseu, Complexo Imobiliario Estoril-Sol, Complexo Imobiliario “Jade” en Lisboa, Novo Laboratorio Central da EPAL, en Lisboa, e diversas moradias no Resort Bom Sucesso en Óbidos.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar