Goídel Glas
Catelo, tamén escrito Gaythelos, Gathelo ou Goídel Glas) era fillo do rei de Atenas Cécrope I, en versión de John de Fordun,[1] ou neto do príncipe escita Fénius Farsaid segundo o Lebor Gabála Érenn. En ambos os casos e considerado como un antepasado do pobo gaélico.[2]
Goídel Glas | |
---|---|
Escota (Scota, esquerda) con Catelus (Catelo, dereita) viaxando desde Exipto, como se representa nun manuscrito do Scotichronicon do século XV de Walter Bower | |
Información | |
Parella(s) | Scota |
Pais | Cécrope e Faraón Cingri |
Fillos | Emeco, Íbero |
Versión de John de Fordun
editarA versión escocesa do conto de Catelo e Scota foi redactada por John de Fordun. Isto ao parecer non estaba baseado no principal conto irlandés Lebor Gabála. Fordun refírese a varias fontes, e a súa versión é un intento de sintetizar estes diversos contos nunha única historia. Na versión de Fordun, Gaythelos era rei de Atenas, viaxou a Exipto, onde casou con Scota, filla do faraón Cingri, e instalouse despois en Hispania [1] [3]
Foi considerado o fundador do Porto ou Betanzos por autores antigos.[4] Contan que Catelo, cando chegou, desembarcou nun lugar que chamou Porto Catelo (logo chamado Portus Cale polos romanos) e que despois deu o nome a Portugal. Ao chegar, comezou a fundar vilas e cidades que estendeu a Galiza. Máis tarde, Catelo escolleu unha pedra, que sería coñecida como a pedra das fadas onde sentaba e facía de corte, asistiu aos seus vasalos en audiencia e xulgaba as causas do seu reino, que nunha versión da lenda chamábase Escocia, en honra da súa muller Scota, e noutras Galiza.[5]
Deste reino partiron moitos anos despois varias das invasións de Irlanda denunciadas en Lebor Gabála Érenn.[6]
Na mitoloxía irlandesa e escocesa Catelo é o creador das linguas gaélicas e o antepasado dos gaélicos.[7] [8]
Versión de Lebor Gabála Érenn
editarO relato Lebor Gabála Érenn, que foi un relato ficticio da orixe dos gaélicos como descendentes do príncipe escita Fénius Farsaid, escrito por monxes cristiáns do século XI, conta que Fénius sería un dos setenta e dous líderes tribais que construíu a Torre de Babel, e que Catelo (Goídel Glas) sería fillo de Nel (que sería fillo de Fénius) con Scota (filla dun faraón de Exipto).[2]
Acredita a Catelo a creación do gaélico (protolingua irlandesa), desde o momento en que as setenta e dúas linguas xurdiron durante a confusión das linguas.[9] Os seus descendentes, os gaélicos, sofren unha serie de probas e tribulacións que están claramente modeladas nas dos israelitas no Antigo Testamento. Florecen en Exipto na época de Moisés e abandonárono durante o Éxodo; percorrer o mundo durante 440 anos antes de establecerse na Península Ibérica. Alí descendente de Goídel, Breogán funda unha cidade chamada Brigantia, homónima da deusa Brigantia, e constrúe unha torre dende a que o seu fillo Ith vislumbra a illa de Irlanda. Brigantia refírese á Coruña na Gallaecia (que os romanos chamaban Brigantium) [10] a lenda da torre de Breogán está probabelmente baseada na Torre de Hércules (construída na Coruña polos romanos).[11]
Árbore xenealóxica segundo John de Fordun
editar{{{Cécrope}}} | {{{Faraón Cingri}}} | ||||||||||||||||||||||
{{{Catelo}}} | {{{Scota}}} | ||||||||||||||||||||||
{{{Emeco}}} | {{{Ibero}}} | ||||||||||||||||||||||
{{{Metelo}}} | |||||||||||||||||||||||
- Árbore xenealóxica baseada nos Proceedings of the Royal Irish Academy [1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Academy, Royal Irish (1864). Proceedings of the Royal Irish Academy (en inglés). Royal Irish Academy.
- ↑ 2,0 2,1 Robert Alexander Stewart Macalister, (1939), Lebor gabála Érenn: The book of the taking of Ireland, Dublin: Irish Texts Society by the Educational Co. of Ireland p. 140
- ↑ Fordun, John of; Skene, Felix James Henry; Skene, W. F. (William Forbes) (1872). John of Fordun's Chronicle of the Scottish nation. Edinburgh, Edmonston and Douglas.
- ↑ Michaud, Joseph Fr; Michaud, Louis Gabriel (1832). Biographie universelle, ancienne et moderne, ou Histoire, par ordre alphabétique, de la vie publique et privée de tous les hommes qui se sont fait remarquer par leurs écrits, leurs actions, leurs talents, leurs vertus ou leurs crimes: Ch-Ly (en francés). Chez Michaud frères.
- ↑ Villasso, Antonio de (1676). Nobiliarchia Portugueza (en portugués). Villela.
- ↑ John of Fordun Chronicles of the Picts, chronicles of the Scots, and other early memorials (en inglés) Oxford University 1867 p. 380
- ↑ William Beal Britain and the Gael (en inglés) Londo, Witthaker and Co, 1860 p. 23
- ↑ Fernando Pereira González O Príncipe Gatelo fundador de Brigancia: Un precursor de Breogán na Historiografia Galega (en portugués) in Gallaecia (Revista do Departamento de Pré-história e Arqueologia da Faculdade de Geografia e História da Universidade de Santiago de Compostela) nº 21 pp. 317-343, 2002, ISSN 0218653
- ↑ Robert Alexander Stewart Macalister, (1939), Lebor gabála Érenn: The book of the taking of Ireland Vol. 2, Dublin: Irish Texts Society by the Educational Co. of Ireland p.13, §107 "Foi Gaedel Glas quem moldou a língua gaélica dentre as setenta e duas .."; Macalister acrescenta na página 5: "Keating a atribui a um outro Gaedel que seria filho de Ethor"
- ↑ Harry Mountain The Celtic Encyclopedia, Volume 2 (en inglés) Universal Publishers, 1998 p.380 ISBN 9781581128918
- ↑ Macalister Lebor gabála Érenn: The book, Volume 2, pp. 79 (§ 165)