Glicinia chinesa
Glicinia chinesa | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Wisteria sinensis' (Sims) DC. |
A glicinia chinesa ou wisteria chinesa[Cómpre referencia] (Wisteria sinensis), é unha especie botánica de planta leñosa, leguminosa, caducifolia, perenne, rubideira do xénero Wisteria, endémica da China nas provincias de Guangxi, Guizhou, Hebei, Henan, Hubei, Shaanxi e mais Yunnan. Mentres esta planta é rubideira, pódeselle dar unha forma arbórea.
Descrición
editarAcada os 20–30 m de longo sobre árbores soporte, por pólas ziratorias e abrazadoras no sentido do reloxo.
Follas
editarA follaxe é mesta, integrada por follas verde brillantes, pinnadas, que acadan até 25 cm de longo, con 9-13 folíolos oblongos de 2–6 cm de longo.
Flores
editarAs flores son brancas, violetas, ou azuis, dispostas en acios pendurados de 15–20 cm de longo en primavera, usualmente acadando o seu pico a mediados de maio. As flores en cada acio abren simultaneamente antes da expansión da follaxe, presentando unha fragrancia semellante á uva; malia teren acios máis curtos ca Wisteria floribunda (Glicinia xaponesa).
Froitos
editarSon legumes achatadas, pardas, aveludadas, de 5–10 cm de longo, e sementes discoides de 1 cm de diámetro; madura no verán, e creban ceibando as sementes; as vaíñas baleiras fican na planta durante o inverno. A produción de sementes é baixa, e moito crecemento rexenerativo é por reprodución asexual (clonado). As sementes e vaíñas da glicinia xaponesa son moi velenosas se se insiren.
Observaciones
editar.
A zona de rusticidade de USDA é de 5-9, e gosta de solos húmidos. Considerada tolerante á sombra, pero só florece exposta ao sol de cheo ou parcialmente. Pode vivir máis de 100 anos.
Todas as partes da planta conteñen o glicósido chamado wisterina o cal é tóxico e se se insire pode provocar bocalladas, vómitos, dores de estómago e diarrea en adultos e a morte por envelenamento en rapaces producindo unha gastroenterite media a severa.
Foi levada da China a Europa e a Norteamérica en 1816, e se asegurou un lugar de popularidade nas rubideiras pola súa floración. Mais tamén pode ser unha especie invasora nalgunhas áreas do leste dos Estados Unidos onde o clima é semellante ao China.
- Glycine sinensis Sims
- Kraunhia floribunda sensu auct., p.p.
- Millettia chinensis Benth.
- Rehsonia sinensis (Sims) Stritch
- Wistaria sinensis (Sims)DC.
- Wisteria chinensis DC.
- Wisteria floribunda sensu auct., p.p.
- Wisteria praecox Hand.-Mazz.
- [1]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Glicinia chinesa |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Glicinia chinesa |