Giro de Italia 2011
O 94.º Giro de Italia disputouse entre o 7 e o 29 de maio de 2011 sobre 3.433 kms, dende Venaria Reale ata Milán.
Na 3.ª etapa faleceu o ciclista belga Wouter Weylandt despois de ter unha forte caída no descenso do Passo del Bocco, preto da localidade de Mezzanego.
Alberto Contador fíxose co primeiro posto na clasificación final, cunha diferenza de máis de 6 minutos sobre os seus rivais. O ciclista español estivo acompañado no podio de Milán polos italianos Michele Scarponi e Vincenzo Nibali. Non obstante, en 2012 a sentenza do Caso Contador condenou ó ciclista madrileño a 2 anos de suspensión por dar positivo nun control antidopaxe no Tour de Francia 2010, de xeito que foi desposuído da vitoria, que pasou ás mans de Michelle Scarponi.
Equipos participantes
editarNesta edición do Giro de Italia participaron 23 equipos e un total de 207 ciclistas (9 por cada equipo). Estes foron os equipos participantes:
Equipos e líderes
editarEquipo | Cód.UCI | Categoría | Xefe de filas |
---|---|---|---|
Acqua & Sapone | ASA | Profesional Continental | Stefano Garzelli |
Ag2r La Mondiale | ALM | UCI ProTour | Rinaldo Nocentini |
Androni Giocattoli-C.I.P.I. | AND | Profesional Continental | José Serpa, Emanuele Sella e José Rujano |
BMC Racing Team | BMC | UCI ProTour | Mathias Frank e Alexander Kristoff |
Colnago-CSF Inox | COG | Profesional Continental | Domenico Pozzovivo |
Euskaltel-Euskadi | EUS | UCI ProTour | Igor Antón e Mikel Nieve |
Geox-TMC | GEO | Profesional Continental | Denís Menshov e Carlos Sastre |
HTC-Highroad | THR | UCI ProTour | Mark Cavendish, Kanstantsin Sivtsov e Marco Pinotti |
Katusha Team | KAT | UCI ProTour | Joaquim Rodríguez |
Lampre-ISD | LAM | UCI ProTour | Michele Scarponi e Alessandro Petacchi |
Leopard Trek | LEO | UCI ProTour | Fabian Wegmann e Oliver Zaugg |
Liquigas-Cannondale | LIQ | UCI ProTour | Vincenzo Nibali |
Movistar Team | MOV | UCI ProTour | David Arroyo |
Omega Pharma-Lotto | OLO | UCI ProTour | Jan Bakelants |
Pro Team Astana | AST | UCI ProTour | Roman Kreuziger |
Farnese Vini-Neri Sottoli | FAR | Profesional Continental | Giovanni Visconti |
QuickStep Cycling Team | QST | UCI ProTour | Dario Cataldo e Gerald Ciolek |
Rabobank Cycling Team | RAB | UCI ProTour | Steven Kruijswijk e Pieter Weening |
Saxo Bank Sungard | SBS | UCI ProTour | Alberto Contador |
Sky Procycling | SKY | UCI ProTour | Thomas Lövkvist |
Team Garmin-Cervélo | GRM | UCI ProTour | Tyler Farrar e Christophe Le Mével |
Team RadioShack | RSH | UCI ProTour | Tiago Machado |
Vacansoleil-DCM Pro Cycling Team | VAC | UCI ProTour | Matteo Carrara |
Etapas
editarClasificación xeral
editarPosición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Desc. | |||
Michelle Scarponi | Lampre-ISD | 84h 11' 24" | |
2 | Vincenzo Nibali | Liquigas-Cannondale | + 46" |
3 | John Gadret | Ag2r-La Mondiale | + 3' 54" |
4 | Joaquim Rodríguez | Team Katusha | + 4' 55" |
5 | Roman Kreuziger | Pro Team Astana | + 5' 18" |
6 | José Rujano | Androni Giocattoli-C.I.P.I. | + 6' 02″ |
7 | Denis Menchov | Geox-TMC | + 6' 08″ |
8 | Steven Kruijswijk | Rabobank Cycling Team | + 7' 41″ |
9 | Kanstantsín Siutsou | HTC-Highroad | + 8' 00″ |
10 | Mikel Nieve | Euskaltel-Euskadi | + 9' 58″ |
O primeiro posto do Giro de Italia 2011 foi para Alberto Contador, pero un ano despois foi desposuído da vitoria por mor da sentenza do Caso Contador, que condenaba ó ciclista a 2 anos de suspensión por dar positivo nun control antidopaxe durante o Tour de Francia 2010. Deste xeito foi o italiano Michelle Scarponi o que foi declarado en 2012 gañador da carreira, seguido de Vincenzo Nibali e John Gadret.