Girardot
Coordenadas: 4°18′13″N 74°48′14″O / 4.30361, -74.80389
Girardot é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia do Alto Magdalena, da cal é capital. Limita polo norte cos concellos de Nariño e Tocaima, polo sur co concello de Flandes e o río Magdalena, polo oeste co municipio de Nariño, o río Magdalena e o municipio de Coello e polo leste co concello de Ricaurte e o río Bogotá. Está situado a 134 km ó suroeste de Bogotá. A temperatura media anual é de 27.8 °C.[1]
Girardot | |||
---|---|---|---|
Parque Bolívar. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Alto Magdalena | ||
Xeografía | |||
Altitude | 326 msnm | ||
Superficie | 129 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 97 834 (2015) | ||
Densidade | 770,35 hab/km² | ||
Xentilicio | Girardoteño, -a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 252430–252439 | ||
Alcalde | César Fabián Villalba Acevedo (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Girardot é unha das cidades máis importantes de Cundinamarca pola súa poboación, centros de educación superior, economía e extensión urbana. Tamén é unha das cidades con máis afluencia de turistas e poboación flotante do país. Girardot conforma unha conurbación xunto cos conellos de Flandes e Ricaurte, que suman unha poboación de 144.248 habitantes.
HistoriaEditar
Na época precolombiana, o territorio de Girardot estivo habitado polos indíxenas panches.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Girardot |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en castelán)