Nariño, Cundinamarca

concello de Cundinamarca, Colombia

Nariño é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Alto Magdalena, a 149 km ó suroeste de Bogotá.

Modelo:Xeografía políticaNariño, Cundinamarca

Localización
Mapa
 4°23′53″N 74°49′41″O / 4.3981, -74.8281Coordenadas: 4°23′53″N 74°49′41″O / 4.3981, -74.8281
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude263 m Editar o valor em Wikidata

Páxina webnarino-cundinamarca.gov.co Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A orixe de Nariño foi unha aldea de pescadores e cultivadores de tabaco no sitio da Alquería, a beiras do río Magdalena, e en parte da facenda o Remolino. En 1833, por escritura do 13 de xullo deste ano da Notaría de Tocaima, fíxose a doazón dos terreos de Remolino para a nova parroquia de Nariño. O 31 de marzo de 1833 constatouse que había unha poboación de 1.235 habitantes; nomeouse como párroco Manuel Vega.

A parroquia xurdiu a raíz do enfrontamento entre os sacerdotes e alcaldes de Guataquí e Coello (Tolima) polo cobro dos décimos e tributos de Remolino, que aínda que está na banda oriental do río Magdalena, era xurisdición de Coello. A área de poboación de Nariño foi obxecto de varios preitos a través da súa historia entre os poboadores e os donos das facendas lindeiras. A acta que definiu os límites foi aprobada por acordo de concello No. 3 do día 30 de setembro de 1923.[1]

Notas editar

  1. www.colombiaturismoweb.com (ed.). "Concello de Nariño". Consultado o 19 de xullo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar