Abrir o menú principal

Giovanni Pastrone, nado en Montechiaro d’Asti o 13 de setembro de 1883 e finado en Turín o 27 de xuño de 1959, foi un director, guionista e produtor italiano, coñecido tamén como Piero Fosco, que desenvolveu a súa obra cinematográfica durante a época do cinema mudo.

Giovanni Pastrone
600full-giovanni-pastrone.jpg
Foto de 1925
Nome completoGiovanni Pastrone
Nacemento13 de setembro de 1883
LugarMontechiaro d’Asti
Falecemento27 de xuño de 1959
LugarTurín
SoterradoCemiterio Monumental de Turín
NacionalidadeItalia Italia
ProfesiónDirector
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Tras facer estudos de administrativo, en 1905 entrou como contador na empresa cinematográfica Rossi & C. de Turín. Dous anos despois converteuse en director administrativo da compañía, que en 1908 cambiou o seu nome por Itala Films.

Traballando co enxeñeiro Sciamengo en melloras técnicas, patentou o "fixitè", un procedemento para previr os posibles escorregóns da película. Creou ademais un circuíto de salas de proxección para asegurar a distribución de centos dos seus filmes. Con todo isto, Itala Films converteuse nunha das produtoras máis importantes de Europa, grazas á produción de La caduta di Troia (1911), un ambicioso peplum de trinta minutos de duración, comezando a afrontar a realización de filmes de maior alcance e duración, o que influíu en mestres internacionais como David Wark Griffith, director de Intolerance.

 
Cartel para o filme Cabiria.

Cabiria (1914) foi a produción máis ambiciosa de Pastrone, un filme de dúas hora que axiña foi coñecida nos Estados Unidos e admirada por Griffith. O filme foi realizado con todas as esixencias do “film d’art”, incluíndo o feito de contratar o máis coñecido escritor italiano da época, Gabriele d’Annunzio, para redactar os intertítulos.

O filme está ambientado nas guerras púnicas e o seu argumento combina tramas bélicas, catástrofes naturais e paixóns. A estrea en Turín fíxose con orquestra e coros teatrais, tentando facer un espectáculo que competise coa ópera e atraese o público burgués e aristócrata que desprezaba o cinema por consideralo un entretemento popular.

En 1919, na cima do seu éxito, abandonou a actividade cinematográfica para dedicarse á investigación médica.

FilmografíaEditar

 
Placa na casa natal de Pastrone

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar