A tónica con xenebra, tamén coñecida (en masculino) como gin-tonic[1], é un cóctel highball feito con xenebra e tónica vertido sobre xeo. Polo xeral adórnase cun toro ou anaco de lima. A cantidade de xenebra varía de acordo ao gusto. As proporcións suxeridas do gin-tonic son 1:1, 1:2, 1:3, e 2:3.[2][3][4]

Un gin-tonic cos seus ingredientes.

Nalgúns países, o gin-tonic é comercializado en latas previamente mesturado nunha soa porción.[5] É comunmente coñecido como "G & T" (Gin and tonic) no Reino Unido, EUA, Canadá e Irlanda.[6] Algunhas marcas substitúen a palabra "xenebra" coa súa propia marca ou inicial nas receitas. Por exemplo, "Sapphire con Tónica" para Bombay Sapphire,[7] "Hendrick's con Tónica" para a xenebra Hendrick (adornado con cogombro para distinguilo mellor),[8] ou "Tanqueray con tónica" para Tanqueray.[9][10]

Historia editar

Se a orixe da xenebra está na procura dun medicamento, o gin-tonic é moi similar. Cando o Imperio Británico se estendíe por todo o mundo no século XVIII e especialmente pola India, a malaria neste país estaba a afectar moitísimo á poboación civil e os soldados invasores. Para combatela a Cadbury Schweppes (famosa compañía hoxe en día polas súas bebidas gasificadas) en 1783 creou un remedio popular, a tónica; esencialmente auga con quinina, que é o elemento base que elimina a malaria. O problema que xurdiu era que esta bebida era moi amarga e os soldados para equilibrar o sabor mesturábana con xenebra[11] Bombai, que xa se destilaba na cidade do mesmo nome.

A tónica actual, ceibe da función de antipalúdico, xa non contén a mesma cantidade de quinina[12], senón unha pequenísima dose que a fai refrescante soa e acompañada da xenebra.

Adornos editar

O gin-tonic é tradicionalmente adornado cun anaco ou toro de lima, con frecuencia lixeiramente espremido na copa antes de ser colocado no bordo do vaso. Na maioría das partes do mundo segue sendo unicamente un adorno habitual, con todo, en moitos países converteuse en común o uso do limón como un froito alternativo. As orixes deste uso son descoñecidas, aínda que os limóns son a miúdo máis fáciles de obter, e máis baratos de comprar que as limas. Malia este uso, os expertos en bebidas recomendan o uso da lima, o limón considerarse unha alternativa inculta, cuxas propiedades estragan o sabor desta bebida espiritosa.[13] As destilerías de xenebra tamén recomendan o uso da lima, e non de limón como gornición para as súas bebidas.[14][15][16]

Gin-tonic en España e Galicia editar

En España e Galicia, converteuse en popular unha variación da bebida. Difire dun gin-tonic tradicional, en que se serve en copa de cristal de globo,[17] moitísimo xeo e unha gornición adaptada aos sabores da xenebra. A bebida pode ter base de froita, pero o uso de herbas e verduras, que reflicten os botánicos das xenebras, son cada vez máis populares.[18] As copas de globo utilízanse porque a súa apertura permite apreciar máis facilmente os aromas da bebida ao bebedor.[19]

A popularidade desta variación do gin-tonic levou á creación de bares especializados en gin-tonics, nos que os clientes poden elixir a súa xenebra preferida, a tónica, e un menú de guarnicións.[20]

Propiedades editar

Considérase como magnífico dixestivo, pois a perfecta conxunción de amargos, doces e anisados presentes no combinado, acelera a dixestión.

Limón editar

Non se recomenda mesturar con zume de limón, pois o ácido cítrico presente nesta froita reacciona co anhídrido carbónico da tónica deixando a esta sen as súas características burbullas e facendo que o gin-tonic perda a súa forza en breves minutos. Polo que se debe decorar só con pel de limón ou de lima.

Malia esta recomendación, o agregado de zume limón é un costume en varios países, onde ata se introduce un toro transversal de limón na copa.

Información nutricional editar

A seguinte información nutricional refírese a un gin-tonic en vaso de 200 ml.

Notas editar

  1. Entrada en TerGal, CRPIH.
  2. Jon Bonné (2006-02-08). "Secrets to a perfect gin and tonic". MSNBC. Consultado o 2010-06-02. 
  3. Herbst, Sharon; Ron Herbst (1998). The Ultimate A-to-Z Bar Guide. New York: Broadway Books. p. 175. ISBN 978-0-7679-0197-0. 
  4. Regan, Gary (2003). The Joy of Mixology. New York: Clarkson Potter. p. 261. ISBN 978-0-609-60884-5. 
  5. "Greenall's Gin & Tonic 250ml product information". Tesco.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 2010-06-02. 
  6. "G and T". Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. Oxford Dictionaries. abril de 2010. Oxford University Press. 6 de decembro de 2010.
  7. Bombaysapphire.com
  8. Hendrick's Curiositorium
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2010. Consultado o 03 de febreiro de 2013. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 03 de febreiro de 2013. 
  11. Tonic water: sweet, bitter medicine, The Free Library. Consultado o 30 de decembro de 2009.
  12. Burkhart, Jeff (2010). "Do you know where your New Year's cocktail comes from?". National Geographic Assignment. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2011. Consultado o 2010-12-01. 
  13. See, for example, Short List's discussion of the subject.
  14. Recomendación de Gordon (unha marca líder no mercado do Reino Unido) pódese atopar en UK website.
  15. Usar lima é un consello de Tanqueray website, here Arquivado 01 de novembro de 2012 en Wayback Machine..
  16. Recomendación de Bombay Sapphire (unha marca popular en Galicia) pódese atopar en UK website Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  17. "Bombay Pushes Gin-trend with glassware". thedrinksbusiness.com. Consultado o 2012-01-09. 
  18. "The 8 Great Gins of London Gin Club". londoncocktailscholars.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 2012-08-15. 
  19. "World Gin Day Gin Tonica Tasting". SummerFruitCup.com. Consultado o 2012-07-06. 
  20. "Spain's Gin And Tonica Bars". foodrepublic.com. Consultado o 2012-07-06. 
  21. "¿Cuántas calorías tiene un gin tonic?", artigo en Verema, xuño de 2012 (en castelán).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  • Dubonnet, outra bebida inventada para fomentar entre os soldados coloniais europeos en climas tropicais a tomar quinina
  • Lillet, un viño aperitivo
  • Quinquina, a quinina que contén a bebida utilízase ás veces mexturada con xenebra

Ligazóns externas editar