Josephine Grace Johanna Scoglio, nada en Liverpool o 3 de marzo de 1934 e finada en Hollywood Hills, California, o 30 de abril de 1972, foi unha actriz e modelo italiana-estadounidense coñecida como Gia Scala.

Infotaula de personaGia Scala

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1934 Editar o valor em Wikidata
Liverpool, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 1972 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental e suicidio Editar o valor em Wikidata (Sobredose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaHoly Cross Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónBayside High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de televisión , modelo , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1955 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDon Burnett (en) Traducir (1959–1970), divorcio Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0768748 Allocine: 33389 Allmovie: p63455
Find a Grave: 5263 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Scala naceu en Liverpool, Inglaterra, de pai siciliano, Pietro Scoglio. e nai irlandesa, Eileen O'Sullivan. Tivo unha irmá, Tina Scala, tamén actriz.

Scala criouse en Messina e Mili San Marco en Sicilia, esta última na casa do seu avó, Natale Scoglio, que era un dos maiores produtores de cítricos de Sicilia. Cando Scala tiña 16 anos, mudouse aos Estados Unidos para vivir coa súa tía Agata en Whitestone, Queens, Nova York. Despois de graduarse na Bayside High School,[1] mudouse a Manhattan para seguir a actuar. Scala gañaba a vida traballando nunha axencia de viaxes.

Mentres traballaba durante o día para compañías aéreas e unha axencia de seguros, Scala estudaba interpretación pola noite, con Stella Adler entre os seus profesores.[1] Coñeceu a Steve McQueen e os dous tiveron unha relación entre 1952 e 1954. Scala comezou a aparecer en concursos, incluído Stop the Music, onde foi descuberta por Maurice Bergman, un executivo de Universal International situado en Nova York.

Carreira editar

En 1954, acompañada da súa nai, Scala voou aos Ánxeles para optar ao papel de María Magdalena en The Gallileans. Aínda que non logrou o traballo, Peter Johnson de Universal Studios ficou impresionado coa proba de pantalla de Scala. Scala obtivo o seu primeiro traballo oficial en Hollywood cando recibiu un papel sen diálogo e sen acreditar no filme All That Heaven Allows, protagonizado por Rock Hudson. A pesar do seu papel menor na película, Universal Studios asinou un contrato con ela, tinguiulle o pelo de castaño escuro, pechou os seus dentes dianteiros e púxolle o nome artístico de Gia Scala.

O compositor Henry Mancini coñeceu a Scala na rodaxe de Four Girls in Town. Inspirado pola súa beleza escribiu "Cha Cha for Gia".

Scala quedou angustiada emocionalmente trala morte da súa nai en 1957. En 1958 converteuse en cidadá estadounidense[2] e pouco despois conseguiu papeis en filmes como Tip on a Dead Jockey (1957), The Garment Jungle (1957), The Tunnel of Love (1958) e The Guns of Navarone (1961), con Gregory Peck e David Niven.

Scala fixo aparicións frecuentes na televisión estadounidense durante a década de 1960, aparecendo en series como Alfred Hitchcock Presents, Convoy, The Islanders, The Rogues, Voyage to the Bottom of the Sea, Twelve O'Clock High, Tarzan e no episodio "The Artist Is for Framing" de It Takes a Thief (1969) que foi o seu último papel.

Último anos editar

O 21 de agosto de 1959, Scala casou con Don Burnett, un actor[3] convertido en banqueiro de investimentos. Despois de once anos de matrimonio divorciáronse o 1 de setembro de 1970 e Burnett casou coa actriz Barbara Anderson. Scala tivo dificultades co alcol e a súa carreira comezou a minguar.

Na noite do 30 de abril de 1972, Scala foi atopada morta con 38 anos na súa casa de Hollywood Hills.[4]

Scala está enterrada xunto a súa nai, Eileen O'Sullivan-Scoglio, no Holy Cross Cemetery de Culver City, California.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Gia Scala is dead; film actress, 38". The New York Times. Associated Press. 2 de maio de 1972. p. 46. Consultado o 3 de novembro de 2020 – vía ProQuest. 
  2. Crivello, Kirk (1 de xaneiro de 1990). Fallen Angels: The Lives and Untimely Deaths of 14 Hollywood Beauties (en inglés). Berkley. p. 188. ISBN 0-425-11968-8. 
  3. "Gia Scala Wed to Don Burnett". The New York Times. United Press International. 22 de agosto de 1959. p. 9. Consultado o 3 de novembro de 2020 – vía ProQuest. 
  4. "Gia Scala Is Dead; Film Actress, 38". The New York Times. 2 de maio de 1972. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar