Gertrude Elion
Gertrude Belle Elion, nada en Nova York o 23 de xaneiro de 1918 e finada en Chapel Hill o 21 de febreiro de 1999, foi unha bioquímica estadounidense.
Gertrude Elion | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Gertrude Belle Elion |
Nacemento | 23 de xaneiro de 1918 |
Nova York | |
Falecemento | 21 de febreiro de 1999 |
Chapel Hill | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Hunter College, Universidade de Nova York, Instituto Politécnico da Universidade de Nova Iorque e Universidade de Nova York |
Ocupación | bióloga, química, bioquímica, farmacóloga, farmacéutica, profesora e médica |
Premios | Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina, National Women’s Hall of Fame, Medalla Nacional de Ciencia, Medalha Garvan–Olin, Women in Technology International, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Prêmio Lemelson–MIT, Women in Technology Hall of Fame, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Foreign Member of the Royal Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Procedente dunha familia de inmigrantes xudeus, Gertrude B. Elion foi unha bioquímica e farmacóloga norteamericana que recibiu o Premio Nobel de Medicina no 1988, xunto con George H. Hitchings e Sir James Black. Graduouse no Hunter College no 1937 e traballou como asistente de laboratorio, primeiro nun centro de ensino e logo con Hitchings nunha compañía farmacéutica. Nunca obtivo o título universitario.
Soa ou con Hitchings sintetizou moitos novos fármacos, usando novos métodos a partir da diferenciación bioquímica entre células normais e patóxenas para poder matar ou inhibir a reprodución de patóxenos particulares sen prexudicar as células do hóspede, o que a levarían a liderar o equipo que logrou o anti-SIDA AZT.
Os seus inventos inclúen:
- 6-mercaptopurina, o primeiro tratamento para a leucemia.
- azatioprina, o primeiro axente immuno-supresivo, usado para trasplante de órganos.
- allopurinol, para o tratamento da gota.
- pirimetamine, para a malaria.
- trimetoprim, para a meninxite, septicemia e infeccións bacterianas dos tractos respiratorios e urinarios.
- aciclovir, para o herpes vírico.
Amais do Nobel, recibiu a Medalla Nacional de Ciencia dos EUA e o Lemelson-MIT Lifetime Achievement Award, sendo a primeira muller (1991) en entrar no National Inventors Hall of Fame.