Aciclovir

composto químico

Aciclovir é a Denominación común internacional (DCI) dun fármaco antiviral análogo da guanosina.[1] Utilízase principalmente para tratar infeccións polo virus herpes simplex, a varicela e o herpes zóster.[1] Outros usos son a prevención de infeccións por citomegalovirus despois dun transplante e de infeccións debidas ao virus de Epstein-Barr (mononucleose infecciosa).[1] Este fármaco impide a replicación viral ao interferir coa síntese de ADN viral, diminuíndo a extensión e duración da doenza.

Aciclovir
Identificadores
Número CAS 59277-89-3
PubChem 2022
KEGG D00222
ChEBI CHEBI:2453
Código ATC J05AB01
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular H11N5O3
Masa molar 129,12 g mol−1
Punto de fusión 256,5 °C
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Entre os efectos lateriais graves deste medicamento están a disfunción renal e a diminución das plaquetas.[1] Entre os efectos laterias comúns están náuseas e diarreas.[1] Recoméndase especial coidado no uso deste fármaco ás persoas cunha función hepática ou renal deficiente.[1] O aciclovir considérase seguro para usalo durante o embarazo.[1][2]

É unha das medicinas incluídas na Lista de medicinas esenciais da Organización Mundial da Saúde, na que se inclúen as medicinas máis importantes necesarias nun sistema sanitario.[3] Comercialízase con nomes de marca como Cyclovir e Zovirax entre outros. O nome químico do produto é acicloguanosina (ACV).[4]

Aplicacións médicas editar

 
Pílulas de 400 mg de aciclovir.

O aciclovir úsase para o tratamento das infeccións polo virus herpes simplex e polo virus varicela zóster, entre o que se inclúe as seguintes aplicacións:[5][6][7]

Porén, o aciclovir oral non parece que faga descender o risco de sufrir dores no herpes zóster.[9] Nas persoas con herpes ocular, o aciclovir é máis efectivo que a idoxuridina ou vidarabina no número relativo de casos de éxito na curación dos ollos.[10]

O aciclovir intravenoso é efectivo para tratar condicións médicas graves causadas por diferentes especies de virus da familia dos herpes, incluíndo os que causan infeccións locais localizadas por virus herpes, herpes xenital grave, varicela e encefalite. Tamén é efectivo en infeccións herpéticas sistémicas ou traumáticas, eccema herpético e meninxite por herpes simplex. As revisións dos datos das investigacións realizadas desde a década de 1980 indican que ten certo efecto en reducir a cantidade e duración de lesións sempre que o aciclovir se aplique nun estadio inicial dun gromo.[11] Investigacións recentes atoparon que o aciclovir tópico é efectivo nos estadios inicial e final do gromo e melloraron a certeza estatística e a metodoloxía con respecto a estudos previos.[12] Os ensaios co aciclovir indican que este axente non serve para a prevención da transmisión do VIH, pero pode axudar a facer máis lenta a progresión da infección por VIH en persoas que non están seguindo a terapia antirretroviral habitual. Este descubrimento enfatiza a importancia de comprobar estratexias simples e baratas distintas da terapia antirretroviral habitual, como pode ser o propio aciclovir e o cotrimoxazol, en persoas infectadas polo VIH.[13]

Embarazo editar

Os CDC dos Estados Unidos e outras institucións declararon que se pode utilizar o aciclovir durante o embarazo para tratar episodios iniciais ou recorrentes graves de herpes xenital.[14][15] Do mesmo modo, tamén se pode utilizar o aciclovir por vía IV en infeccións graves por HSV (especialmente HSV diseminado).[16] Os estudos feitos en ratos, coellos e ratas sobre a administración de aciclovir (con doses de máis de 10 veces o equivalente do que se usa en humanos) durante a organoxénese non puideron demostrar que se produciran defectos de nacemento.[17] Os estudos feitos en ratas nos cales se lles deu o equivalente de 63 veces as concentracións humanas en estado estacionario estándar do fármaco[18] no día 10 da xestación mostraron que se producían anomalías no rabo e cabeza.[17]

O aciclovir é recomendado pola CDC para o tratamento da varicela durante o embarazo, especialmente durante o segundo e terceiro trimestres.[19]

O aciclovir excrétase no leite humano, polo que se recomenda precaución nas mulleres que están a dar o peito. En estudos limitados observouse que os nenos lactantes están expostos a aproximadamente un 0,3 mg/kg/día cando se lle administra oralmente o aciclovir á nai. Se as nais que están a dar o peito teñen lesións herpéticas preto da mama, debería evitarse dar o peito.[20]

Efectos adversos editar

Terapia sistémica editar

As reaccións adversas comúns (≥1% dos pacientes) asociadas coa terapia con aciclovir sistémico (oral ou IV) inclúen: náusea, vómito, diarrea, encefalopatía (só por vía IV), reaccións no sitio de inxección (só con IV) e dor de cabeza. En doses altas hai informes de alucinacións. Efectos adversos infrecuentes (0,1–1% dos pacientes) son: axitación, vertixe, confusión, mareos, edema, dores articulares, dor de gorxa, estrinximento, dor abdominal, perda de pelo, erupcións cutáneas e debilidade. Os efectos adversos raros (<0,1% dos pacientes) inclúen: coma, ataque epiléptico, neutropenia, leucopenia, cristaluria, anorexia, fatiga, hepatite, síndrome de Stevens–Johnson, necrólise epidérmica tóxica, púrpura trombocitopénica trombótica (plaquetas baixas e trastornos na coagulación) e anafilaxe.[6]

O aciclovir intravenoso pode causar nefrotoxicidade reversible ata o 5% a 10% dos pacientes debido á precipitación de cristais de aciclovir nos riles. A nefropatía cristalina por aciclovir é máis común cando o aciclovir se administra como unha infusión rápida e en pacientes con deshidratación e deficiencias renais previas. Pode reducirse este risco cunha hidratación axeitada, unha velocidade máis lenta de infusión, e unha dosificación baseada no funcionamento renal.[21][22][23]

Terapia tópica editar

As cremas tópicas de aciclovir asócianse comunmente (≥1% dos pacientes) con: pel seca ou descamada ou sensacións transitorias punzantes/queimuras na pel. Efectos adversos infrecuentes son o eritema ou proído.[6] Cando se aplica no ollo, o aciclovir está asociado comunmente (≥1% dos pacientes) con sensación transitoria de punzadas suaves. Infrecuentemente (0,1–1% dos pacientes), o aciclovir oftálmico está asociado con queratite papuloide superficial ou reaccións alérxicas.[6]

Interaccións con fármacos editar

Ketoconazole: Estudos de replicación viral in vitro atoparon unha actividade antiviral dependente de dose sinérxica contra o HSV-1 e HSV-2 cando se administra ketoconazole con aciclovir. Porén, este efecto non foi clinicamente establecido e necesítanse máis estudos para avaliar o verdadeiro potencial desta sinerxia entre estes dous fármacos.[24]

Probenecid: Hai informes dun incremento da vida media do aciclovir, xunto cunha diminución da excreción urinaria e a eliminación renal en estudos nos que se administraron simultaneamente probenecid e aciclovir.[15]

Interferón: Hai efectos sinérxicos cando se administra con aciclovir e debería terse precuación cando se administra aciclovir a pacientes que reciben interferón por vía IV.[25]

Zidovudina: Aínda que se administra con frecuencia xunto con aciclovir a pacientes co VIH, atopouse neurotoxicidade en polo menos un paciente que presentaba extrema somnolencia e atonía de 30 a 60 días despois de recibir aciclovir por vía IV; os síntomas desapareceron cando se interrompeu a medicación con aciclovir.[26]

Detección en fluídos biolóxicos editar

O aciclovir pode ser cuantificado no plasma ou soro para monitorizar a acumulación de drogas en pacientes con disfunción renal ou para confirmar unha diagnose de envelenamento en vítimas de sobredose aguda.[27]

Mecanismo de acción editar

 
Comparación entre as estruturas da guanosina e o aciclovir.

O aciclovir é convertido pola timidina quinase viral en aciclovir monofosfato, o cal é despois convertido polas quinases da célula hóspede en aciclovir trifosfato (ACV-TP).[17] O ACV-TP, á súa vez, inhibe competitivamente e inactiva as ADN polimerases especificadas polo HSV, impedindo a síntese viral de ADN sen afectar aos procesos celulares normais.[17][28][29]

Microbioloxía editar

O aciclovir é activo contra a maioría das especies da familia dos herpesvirus. En orde descendente de actividade teriamos:[30][31]

Resistencia editar

A resistencia ao aciclovir é rara, pero é máis común en pacientes sometidos a unha profilaxe antiviral crónica (receptores de transplantes, persoas con SIDA debido á infección polo VIH). Os mecanismos de resistencia no HSV inclúen unha timidina quinase viral deficiente; mutacións na timidina quinase viral ou na ADN polimerase, que alteran a sensibilidade polo substrato.[32]

Farmacocinética editar

En canto á súa farmacocinética, o aciclovir é moi pouco hidrosoluble e ten unha mala biodispoñibilidade oral (15–30%), polo que a administración intravenosa é necesaria se se requiren altas concentracións. Cando se administra oralmente, o pico de concentración no plasma aparece unhas 1 ou 2 horas despois. O aciclovir ten unha alta velocidade de distribución; a unión a proteínas vai do 9 ao 33%.[33] A vida media de eliminación (t1/2) do aciclovir depende do grupo de idade; os neonatos teñen unha t1/2 de 4 horas, os nenos de 1 a 12 anos teñen unha t1/2 de 2 a 3 horas, mentres que os adultos teñen unha t1/2 de 3 horas.[5]

Historia editar

O aciclovir considerouse o comezo dunha nova era na terapia antiviral, xa que é extremadamente selectivo e de baixa citotoxicidade.[4] Desde o seu descubrimento a mediados da década de 1970, foi usado como un fármaco efectivo para o tratamento de infeccións de herpesvirus. A base para a síntese do aciclovir foron os nucleósidos illados da esponxa do Caribe Cryptotethya crypta.[34][35][36] Foi codescuberto por Howard Schaffer, Robert Vince, S. Bittner e S. Gurwara que traballaron sobre o análogo da adenosina acicloadenosina, que mostraba unha prometedora actividade antiviral.[37] Despois, Schaffer traballou para a compañía Burroughs Wellcome e continuou o desenvolvemento do aciclovir con Gertrude B. Elion.[38] En 1979 rexistrouse unha patente nos Estados Unidos sobre o aciclovir no que Schaffer figura como inventor.[39]

Posteriormente, Vince seguiu os traballos inventando o abacavir, un fármaco análogo de nucleósido inhibidor da transcriptase inversa (nRTI) para pacientes de VIH.[40] Elion foi premiada co Premio Nobel de Medicina de 1988, en parte polo desenvolvemento do aciclovir. Richard Whitley, un investigador da Universidade de Alabama en Birmingham e pioneiro da terapia antiviral, foi o primeiro que utilizou con éxito o fármaco en humanos.

Nomes comerciais editar

Entre os nomes de marca cos que se comercializa están: Cyclovir, Herpex, Acivir, Acivirax, Zovirax, Zoral, Xovir e Imavir.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Acyclovir". The American Society of Health-System Pharmacists. Consultado o Jan 1, 2015. 
  2. "Prescribing medicines in pregnancy database". Australian Government. 3 de marzo de 2014. Consultado o 22 de abril de 2014. 
  3. "WHO Model List of EssentialMedicines" (PDF). World Health Organization. outubro de 2013. Consultado o 22 de abril de 2014. 
  4. 4,0 4,1 de Clercq, Erik; Field, Hugh J (5 de outubro de 2005). "Antiviral prodrugs – the development of successful prodrug strategies for antiviral chemotherapy". British Journal of Pharmacology 147 (1) (Wiley-Blackwell, publicado o xaneiro de 2006). pp. 1–11. PMC 1615839. PMID 16284630. doi:10.1038/sj.bjp.0706446. 
  5. 5,0 5,1 "Zovirax (acyclovir) dosing, indications, interactions, adverse effects, and more". Medscape Reference. WebMD. Consultado o 5 de febreiro de 2014. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Rossi, S, ed. (2013). Australian Medicines Handbook (2013 ed.). Adelaide: The Australian Medicines Handbook Unit Trust. ISBN 978-0-9805790-9-3. 
  7. Joint Formulary Committee (2013). British National Formulary (BNF) (65 ed.). Londres, Reino Unido: Pharmaceutical Press. ISBN 978-0-85711-084-8. 
  8. Elad S, Zadik Y, Hewson I; et al. (agosto de 2010). "A systematic review of viral infections associated with oral involvement in cancer patients: a spotlight on Herpesviridea". Support Care Cancer 18 (8): 993–1006. PMID 20544224. doi:10.1007/s00520-010-0900-3. 
  9. Chen, N; Li, Q; Yang, J; Zhou, M; Zhou, D; He, L (Feb 6, 2014). "Antiviral treatment for preventing postherpetic neuralgia.". The Cochrane database of systematic reviews 2: CD006866. PMID 24500927. doi:10.1002/14651858.CD006866.pub3. 
  10. Wilhelmus KR (2010). "Antiviral treatment and other therapeutic interventions for herpes simplex virus epithelial keratitis". Cochrane Database Syst Rev 12: CD002898. PMID 21154352. doi:10.1002/14651858.CD002898.pub4. 
  11. Graham Worrall (6 Jan 1996). "Acyclovir in recurrent herpes labialis". BMJ 312 (7022): 6. PMC 2349724. PMID 8555890. doi:10.1136/bmj.312.7022.6.  – Editorial
  12. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC127288/
  13. Mascolinli, M; Kort, R (xuño de 2010). "5th International AIDS Society Conference on HIV Pathogenesis, Treatment and Prevention: summary of key research and implications for policy and practice - biomedical prevention" (PDF). Journal of the International AIDS Society. 13 Suppl 1 (Suppl 1): S4. PMC 2880255. PMID 20519025. doi:10.1186/1758-2652-13-S1-S4. 
  14. "Drugs for non-HIV viral infections". Treatment guidelines from the Medical Letter 3 (32): 23–32. 2005. PMID 15767977. 
  15. 15,0 15,1 GlaxoSmithKline. Zovirax® (acyclovir) capsules, tablets, and suspension prescribing information. Research Triangle Park, NC; 2005 Jun
  16. Centers for Disease Control and Prevention. Treating opportunistic infections among HIV-infected adults and adolescents: recommendations from CDC, the National Institutes of Health, and the HIV Medicine Association/Infectious Diseases Society of America. MMWR Recomm Rep. 2004; 53(RR-15):1-112. [Fulltext MMWR]
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 "PRODUCT INFORMATION NAME OF THE DRUG OZVIR TABLETS" (PDF). TGA eBusiness Services. Ranbaxy Australia Pty Ltd. 26 de agosto de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  18. Suxeito ás mesmas condicións que antes.
  19. Centers for Disease Control and Prevention. Epidemiology and prevention of vaccine-preventable diseases. 9th ed. Public Health Foundation; 2006 Jan:171-92
  20. Gartner LM, Morton J, Lawrence RA, et al, "Breastfeeding and the Use of Human Milk," Pediatrics, 2005, 115(2):496-506
  21. Razonable, RR (outubro de 2011). "Antiviral drugs for viruses other than human immunodeficiency virus" (PDF). Mayo Clinic proceedings. Mayo Clinic 86 (10): 1009–26. PMC 3184032. PMID 21964179. doi:10.4065/mcp.2011.0309. 
  22. Brigden D, Rosling AE, Woods NC (xullo de 1982). "Renal function after acyclovir intravenous injection". The American Journal of Medicine 73 (1A): 182–5. PMID 6285711. doi:10.1016/0002-9343(82)90087-0. 
  23. Sawyer MH, Webb DE, Balow JE, Straus SE (xuño de 1988). "Acyclovir-induced renal failure. Clinical course and histology". The American Journal of Medicine 84 (6): 1067–71. PMID 3376977. doi:10.1016/0002-9343(88)90313-0. 
  24. Pottage Jr, J. C.; Kessler, H. A.; Goodrich, J. M.; Chase, R; Benson, C. A.; Kapell, K; Levin, S (1986). "In vitro activity of ketoconazole against herpes simplex virus". Antimicrobial agents and chemotherapy 30 (2): 215–9. PMC 180521. PMID 3021048. 
  25. GlaxoSmithKline. Zovirax® (acyclovir sodium) for injection prescribing information. Research Triangle Park, NC; 2003 Nov
  26. Bach, M. C. (1987). "Possible drug interaction during therapy with azidothymidine and acyclovir for AIDS". New England Journal of Medicine 316 (9): 547. PMID 3468354. doi:10.1056/NEJM198702263160912. 
  27. Baselt, RC (2008). Disposition of toxic drugs and chemicals in man (8th ed. ed.). Foster City, CA: Biomedical Publications. pp. 29–31. ISBN 9780962652370. 
  28. "Acyclovir (acyclovir) Capsule Acyclovir (acyclovir) Tablet [Genpharm Inc.]". DailyMed. Genpharm Inc. novembro de 2006. Consultado o 5 de febreiro de 2014. 
  29. "Aciclovir Tablets BP 400mg - Summary of Product Characteristics (SPC)". electronic Medicines Compendium. Actavis UK Ltd. 20 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 5 de febreiro de 2014. 
  30. O'Brien, JJ; Campoli-Richards, DM (1989). "Acyclovir. An updated review of its antiviral activity, pharmacokinetic properties and therapeutic efficacy". Drugs 37 (3): 233–309. PMID 2653790. doi:10.2165/00003495-198937030-00002. 
  31. Wagstaff, AJ; Faulds, D; Goa, KL (xaneiro de 1994). "Aciclovir. A reappraisal of its antiviral activity, pharmacokinetic properties and therapeutic efficacy.". Drugs 47 (1): 153–205. PMID 7510619. doi:10.2165/00003495-199447010-00009. 
  32. Sweetman, S, ed. (7 de agosto de 2013). "Aciclovir". Martindale: The Complete Drug Reference. Londres, Reino Unid: Pharmaceutical Press. Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  33. "Aciclovir Tablets BP 400mg - Summary of Product Characteristics (SPC) - (eMC)". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 25 de maio de 2015. 
  34. Garrison, Tom (1999). Oceanography: An Invitation to Marine Science, 3rd ed. Belmont, CA: Wadsworth Publishing Company. p. 471. 
  35. Sepčić, K. (2000). "Bioactive Alkylpyridinium Compounds from Marine Sponges". Toxin Reviews 19 (2): 139–160. doi:10.1081/TXR-100100318. 
  36. Laport, M. S.; Santos, O. C.; Muricy, G (2009). "Marine sponges: Potential sources of new antimicrobial drugs". Current pharmaceutical biotechnology 10 (1): 86–105. PMID 19149592. 
  37. Schaffer, Howard; Robert Vince; S. Bittner; S. Gurwara (1971). "Novel substrate of adenosine deaminase". Journal of Medicinal Chemistry 14 (4): 367–369. PMID 5553754. doi:10.1021/jm00286a024. 
  38. Elion, Gertrude; Furman, Fyfe, Miranda, Beauchamp and Schaffer; Fyfe, James A.; De Miranda, Paulo; Beauchamp, Lilia; Schaeffer, Howard J. (1977). "Selectivity of action of an antiherpetic agent, 9-(2-hydroxyethoxymethyl)guanine". Proc Natl Acad Sci USA 74 (12): 5716–5720. Bibcode:1977PNAS...74.5716E. PMC 431864. PMID 202961. doi:10.1073/pnas.74.12.5716. 
  39. Patente US 4146715
  40. Vince, R. "A brief history of the development of Ziagen" Chemtracts 2008, 21, 127–134.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar